Villanueva condena a "agresión moi violenta" a unha moza en Santiago e asegura que non constan denuncias previas

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, lamentou e condenou a "agresión moi violenta" sufrida por unha moza romanesa de 21 anos este luns en Santiago, que foi apuñalada supostamente pola súa exparella. Entre ambos, ratificou, non consta que existisen denuncias previas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 15:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, lamentou e condenou a "agresión moi violenta" sufrida por unha moza romanesa de 21 anos este luns en Santiago, que foi apuñalada supostamente pola súa exparella. Entre ambos, ratificou, non consta que existisen denuncias previas.

En declaracións aos medios en Compostela, Villanueva lembrou que se tratou dunha "agresión moi violenta" e que a vítima e o presunto agresor, que non residían en Santiago pero si en Galicia, tiveran "unha relación con anterioridade", pero no momento dos feitos "non tiñan" vinculación sentimental.

A moza, lembrou, sufriu feridas de "gravidade moi importante" e foi intervida cirurxicamente no Hospital Clínico de Santiago ata as 1,00 horas da madrugada, dada a súa situación "crítica", con "numerosas feridas de arma branca". Nestes momentos atópase en planta.

O agresor, pola súa banda, atópase detido e, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non se espera que pase a disposición xudicial este martes. Os investigadores non teñen constancia de "ningún tipo de denuncia" previa na parella, que "non convivían nin tiñan relación nestes momentos".

Santiago Villanueva quixo agradecer a "rápida intervención" dunha policía de paisano que se cruzou coa agresión e interveu de inmediato para conseguir "que non fose a maiores". Do mesmo xeito, tamén reivindicou a "intervención fabulosa" do equipo médico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta