Temas: NAVANTIA

A folga de auxiliares de Navantia mantense tras non alcanzar un acordo sindicatos e empresarios

A parte empresarial "non respondeu" á iniciativa trasladada polos representantes dos traballadores e "levantouse da mesa"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2017 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

A folga indefinida que mantén en solitario o sindicato CIG entre as empresas auxiliares que operan nos dous estaleiros que Navantia en Ferrol continuará tras non lograr un acordo entre a parte empresarial e os representantes dos traballadores. Así o deron a coñecer aos empregados destas empresas nunha asemblea celebrada na noitiña deste martes.

Traballadores auxiliares de Navantia en Ferrol
Traballadores auxiliares de Navantia en Ferrol

Os sindicatos CIG, CC.OO, M.A.S e UXT pactaron unha proposta "unitaria" que presentaron aos empresarios na xornada do martes para tentar chegar a un acordo que finalice o conflito laboral.

Tras dúas reunións, unha pola mañá e outra pola tarde, a parte empresarial "non respondeu" á iniciativa trasladada polos representantes dos traballadores e "levantouse da mesa".

A proposta sindical pedía que as empresas abonasen aos traballadores o 50 por cento dos días que estiveron en folga e o 50 por cento restante en concepto de vacacións.

Doutra banda, solicitaron que as empresas que incumpren os acordos de 2001 paguen o 50 por cento da diferenza do soldo de cada traballador con respecto ao que debería estar a cobrar segundo esas táboas salariais.

O paro convocouse, precisamente, co obxectivo de que todas as compañías comprométense a abonar as táboas salariais pactadas no ano 2001 entre Navantia, patronal de auxiliares e representantes sindicais.

Na asemblea, na que interveu a CIG, tamén se produciron algúns enfrontamentos verbais entre partidarios de manter a folga e outros traballadores que pedían votar o fin do paro, proposta que o sindicato nacionalista rexeitou porque non hai proposta nin resposta da parte empresarial.

O 'EXCALIBUR', A FRANCIA

Por outra banda, o buque gasero 'Excalibur', que tiña previsto entrar en carenas para diversas obras de mantemento e reparación e que continuaba este martes fronte ás costas ferrolás, trasladarase finalmente a un estaleiro da empresa Damen, en Brest (Francia), segundo as fontes consultadas por Europa Press.

Temas: NAVANTIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta