O PP rexeita todas as "covardes" emendas parciais da oposición, que pedía máis gasto social en contas

O Grupo popular rexeitou este luns todas as emendas parciais presentadas pola oposición ao proxecto de orzamentos para 2018 pola súa "falta de rigor", "improvisación" e "irresponsabilidade absoluta". Así o dixo o deputado Miguel Tellado (PP), que as tacha de "covardes" e "pouco serias".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 18:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Grupo popular rexeitou este luns todas as emendas parciais presentadas pola oposición ao proxecto de orzamentos para 2018 pola súa "falta de rigor", "improvisación" e "irresponsabilidade absoluta". Así o dixo o deputado Miguel Tellado (PP), que as tacha de "covardes" e "pouco serias".

Hemiciclo galego no arranque da X Lexislatura
Hemiciclo galego no arranque da X Lexislatura | Fonte: Europa Press

Os grupos da oposición presentaron centos de emendas para incrementar ou modificar partidas de gasto por centos de millóns de euros nas contas, as cales ían orientadas a maior gasto social para sanidade, educación e dependencia; á vez que propuñan tributos a rendas altas e grandes superficies comerciais.

Respecto diso, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, resumiu que as propostas da oposición son "imposibles de levar á práctica", mediante subidas de impostos por valor "de practicamente 450 millóns de euros", "con impactos sen cuantificar", incrementos "desmesurados" ou nos que existe incerteza xurídica.

Ademais, Martínez censura que esas emendas suporían retirar partidas finalistas de fondos europeos ou diminuír algunhas necesarias para "o correcto funcionamento" da administración.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta