Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2018 | Actualizada ás 12:50
A Xunta fixou para a fin de semana do 24 e 25 de novembro os exames para acceder a 241 prazas de médico de familia en atención primaria, once para técnico superior en documentación sanitaria, nove para o grupo técnico da función administrativa, 18 para o grupo de xestión de función administrativa e sete de enxeñeiro técnico.
Ademais, segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicará este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) as listas definitivas, así como dos admitidos e excluídos, para médicos de familia e enxeñeiros técnicos.
En total, no proceso foron admitidos un total de 2.556 aspirantes, dos que terán que realizar o exame de lingua galega --ao non acreditar o coñecemento do idioma-- un total de 313.Neste contexto, o Goberno autonómico destacou a súa "aposta" pola sanidade pública e a "estabilidade" dos seus profesionais, xa que, segundo os seus números, o corpo do Sergas conta con 1.544 profesionais máis agora que fai nove anos.
Ademais, lembrou que a Consellería de Sanidade convoca ofertas públicas de emprego cada ano, entre 2009 e 2017, até sumar un total de 6.133 prazas, ademais da prórroga da idade de xubilación até os 68 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.