Temas: INDITEX PROTESTA

Persoal do grupo Inditex protesta polo aumento da carga de traballo e a falta de novas contratacións

Traballadores e traballadoras de Lefties, cadea de tendas do grupo Inditex, protestaron hoxe diante do centro comercial As Cancelas en Santiago pedindo melloras nas condicións laborais. O día catro da semana que vén haberá unha reunión entre traballadoras e empresa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 27/09/2018 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A voceira do persoal de Lefties, Carmiña Naveiro asegura que “isto vén acontecendo desde hai anos” nunha cadea que “segundo a empresa está en expansión”. O caso é que logo duns tests psicosociais, “cada vez que se facían os resultados ían a peor”. Naveiro tamén apuntou que “desde a CIG propuxemos diferentes medidas correctoras, que eran eliminación de cinco camións (con mercadoría) que viñan cada cinco días, pero que antes eran cada tres, co que cada día da semana tiñamos o volume de tres días”.

Concentración traballadoras Lefties
Concentración traballadoras Lefties

A consecuencia foi o aumento do volume de mercadoría dentro das tendas co mesmo número de traballadores. “Isto quere dicir que as traballadoras están asfixiadas dentro das tendas, quince persoas estarían facendo o traballo de trinta ou corenta coa intención por parte da empresa de aforrar cartos a conta da seguridade e integridade das traballadoras”. Segundo fontes sindicais, a empresa é coñecedora da situación que están pasando os e as traballadoras da cadea.

O informe psicosocial foi feito por petición do comité de empresa e levado adiante por un servizo propio da compañía. “Estamos vendo que unha empresa como é Inditex que gana millóns, non inviste un céntimo na seguridade das traballadoras, non pedimos un luxo senón que pedimos aumento do persoal das tendas e a eliminación do volume de camións”.

A día de hoxe o número total de traballadoras anda sobre as oitenta na cadea Lefties. Esta cadea do grupo Inditex diferéncias de Zara España en que ten outro equipo directivo. “Pero aínda que en Zara pasa algo como o que nós denunciamos, tentan solventalo, pero no caso de Lefties a interlocutora da empresa só da excusas”.

Ademais das condicións laborais, tamén denuncia a colocación de máquinas cobradoras en centros de venda do grupo Inditex. “Solicitamos que as retiren e máis, a empresa aforra cartos en contratación e mesmo fai que os clientes suplanten as tarefas das empregadas”.

Temas: INDITEX PROTESTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta