Morre un ciclista en Narón por impacto contra unha furgoneta

Un ciclista de 51 anos de idade e veciño de Ferrol faleceu este luns ao impactar cunha furgoneta cando circulaba polo lugar de Bouzarredonda, no termo municipal de Narón (A Coruña).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Un ciclista de 51 anos de idade e veciño de Ferrol faleceu este luns ao impactar cunha furgoneta cando circulaba polo lugar de Bouzarredonda, no termo municipal de Narón (A Coruña).

Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Vehículo da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

O suceso tivo lugar na estrada AC-862 ao redor das 15,00 horas deste luns, segundo informaron fontes do servizo de emerxencias.

Após ter constancia do sucedido, unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse ao lugar pero non puido facer nada pola vida do home, A.E.F.P., que faleceu no punto.

Ademais, ao lugar do accidente tamén se desprazou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e persoal de limpeza da Axencia Galega de Infraestruturas para restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta