Un ferido en Ourense tras saír da vía co quad que conducía

Tras o accidente, un ferido tivo que ser evacuado en ambulancia ao Centro Hospitalario Universitario de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este sábado no Concello de Ourense tras saírse da vía co quad no que viaxa pola estrada que une as rotondas de Ervedelo e Valenzá en dirección Barbadás.

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia ao redor das 18,15 horas deste sábado para pedir axuda xa que un vehículo no que viaxaban dúas persoas sufrira unha saída da vía.

Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ourense e aos axentes da Policía Local e de Protección Civil do municipio.

Tras o accidente, un ferido tivo que ser evacuado en ambulancia ao Centro Hospitalario Universitario de Ourense.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta