Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 
 
Nova etapa
 
Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.
 
Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.
 
O papel de Beiras
 
Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.
 
Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.
 
Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.
 
Outro proxecto centrista
 
Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.
 
"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

198 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 70

    Xoan453-1

    A min pareceme necesario un galeguismo de centro e ao mellor, ainda que non é o meu, centrodereita que equilibre o poder, e dicir , quitar escaños ao PPdeG para que se forme un goberno que de verdade apoie o galego e a galicia


    69

    Rumoroso

    En Galicia non hai un partido de centro dereita galeguista tipo CIU. Mellor sen pijos progres tipo Táboas. O PP fai tempo que se desviou de Fraga, aínda que exploten esa marca. Mirade senón a fuga de conselleiros na Xunta e o nulo compromiso que tiñan. A sua aportación real foi 0. Por non falar dos PPs provinciales,un insulto a intelixencia ciudadana. Acción galega podría obter votos mesmo entre o PP e nese senso é unha verdeira ameaza para os escanos deste.


    68

    1982-2012

    Magnífica noticia: un BNG sen a UPG e outro BNG da UPG. A ver que pasa nas autonómicas. Se cadra aos comunistas patrióticos acábaselles o chiringuito.


    67

    Óscar Valadares

    A ver uma cousinha: que demos é isso de "di un dirixente consultado de Acción Galega" ou "apunta outro dirixente dun destes partidos"? O tema é tão perigoso que há que proteger as fontes ou que é o que passa? Isto é jornalismo? Eu penso que não.

    1 resposta
    1

    Por anonimo: AO MEU IRMAU DO OUTRO LADO DA RAIA:ISTE E UN ASUNTO DE GALEGOS.NOS NON NOS METEMOS NA SUA VIDA,PRIMO PORTUGUES


    66

    Acciona

    Xurxo... confundes-te (Non é un partido político pero funciona como tal). Dá uma olhada no Registro de Partidos Políticos ( http://www.infoelectoral.mir.es/Par....


    65

    Non é mais ca iso

    Pois é iso, os que saen nesa foto. Non hai máis que dicir. Que lles vaia ben, os que algún día confiaron neles xa abrirían os ollos ao ver que era certo o que negaban, que estando noutro partido e con responsabilidades preparaban xa este salto. A ver que tal lles vai no mundo real, fora do foro de internet.


    64

    Rodrigues

    A verdade é que non sei o efecto real que pode ter a saída de Cuiña do PP, moitos moitos militantes están afectados pola perda e unha parte son leais e ata poden liscar con el, tamén é certo que a total maioria dos votantes do PP da rúa son galeguistas e desenmascarar o "galleguismo" do pijo de Feijoo non lle vai a sair gratis. Pero é que a parte de galeguistas moitos dos votantes do PP son disciplinados e cabezóns. Non sei ata que punto pode afectar a saída de Cuiña. Estou desexando ver que pasa nas eleccións.

    8 respostas
    1

    Por Manolo2: Eso de que la total mayoría de los votantes del PP son galleguistas tendrás que probarlo, porque yo no conozo a ninguno y soy votante habitual del PP. El galleguismo a la inmensa mayoría de los votantes del PP nos la trae floja, hablemos habitualmente en gallego o en castellano. Lo que nos preocupa es el paro, la corrupción, las dificultades con la hipoteca, etc, y estamos hartos de los chanchullos de los politicos. Nos reimos de los inventos históricos del nacionalismo gallego y solemos estar muy orgullosos de ser españoles, lo cual es perfectamente compatible con querer a nuestra Galicia.

    2

    Por Hai que foderse!: "Nos reimos...". Ri e anda a hostias coa gramática española.

    3

    Por Rodrigues: Manolo2 LOL, para a túa información Galicia non é o barrio de cidade onde vives cheo de xente da aldea que foi traballar fai 30 anos alí dándose de guays e falando castelán pretendendo quedar de cosmopolitas e nin chegando a provincianos, onde ademáis están rodeados de votantes progresistas como sempre pasou nas cidades galegas. A realidade, o que sustentan ao PP como gran forza en Galicia son o rural e as vilas, cousa que entendeu Fraga e non Feijoocito, con galegos case monolingues na nosa lingua, que lles gustaria un partido que defendera os seus intereses en Madrid, que botan pestes nas cafeterías de Feijoo lembran con agarimo a Fraga e respetan a Quintanan, iso si rexeitan o circo do BNG e non votan a partidos divididos,nin que vexan radicais, son conservadores e piden perfiles serios. Non entender isto será a gran ruina de Feijoo e o seu equipo de pijos urbanistas galicibilinguos.

    4

    Por Manolo2: Rodrigues. Para tu información no vivo en el barrrio, sino en el centro de una ciudad donde el caciquisimo "galleguista" tiene a los votantes tradicionales del PP hasta la coronilla. Conozco a unos cuantos que ya votan al PSOE por no hacerlo al mandado del cacique, asqueados de la falta de renovación del partido y de la repetición de apellidos. Te informo también que los votantes rurales del PP jamás quisieron saber nada con bloqueiros, ni ex-bloqueiros, a quienes en muchos casos tienen poco menos que por terroristas, ni mucho menos con niñatos de papá expertos en colocarse fulares al cuello.

    5

    Por Hai que foderse!: "Te informo también que...". Non conforme con demostrar a súa ignorancia sobre as regras de acentuación, tamén incorre no queísmo.

    6

    Por Rodrigues: Perdoa non me din conta que cos teus complexos che ia molestar o de barrio, moi típico do voso perfil. Anonadado me deixas co panorama que me pintas, ou sexa que eres un disciplinado ata as trancas votante de algo que pouco menos que che resulta vomitivo, meu Deus. Sigo, este argumento do BNG explícallo aos votantes "rurales", LOL pola expresión, de Allariz por exemplo, a peperos que pouco menos que eran fans de Quintana na Xunta e rozan o nacionalismo galego para poder gobernar como Crespo en Lalín ou á inmesa maioría dos nosos maiores que comparado con Fraga Feijoo, Galicia Bilingue e esta tropa lles dan vergoña allea. Os galiciabilingueros facedesme moita gracia pensando que o PP vos representa, tedes a representación que ten UPyD en Galicia ou sexa marxinal e residual

    7

    Por Manolo2: No trates de disimular tus patéticos y erróneos prejuicios con supuesta sorpresa. El BNG en el rural tiene muy pocos votos, como ya deberías saber. Fraga, tenía todo el cariño de los votantes del PP rural, aparte del urbano, y fue la bestia negra del BNG, como estos todavía recordaban en su entierro. El cariño hacia Quintana ya se vió en las últimas elecciones. Galicia Bilingüe consiguió 100.000 firmas de gallegos contra el decretazo de imposición del bipartito. Tu no eres del PP, así que no nos vengas a dar consejos.

    8

    Por Rodrigues: Bueno, meu rei, eu só te aviso para que un día non che de un ataque de ansiedade. A tua forma de pensar, que esta representada en Galicia por UPyD, ten un número de votos aproximadamente igual ao dos independentistas radicais galegos. Se o pacto de nacionalistas galegos de centro consigue rodar un pouco, con seriedade, e presentan candidatos sensatos e centrados roubaranlle un deputado ao PP, cando menos e en curto prazo, o que obrigaria ao PP a pactar con eles. E vaia que pactaran. Aínda lembro como Rajoy quería pactar ata con Quintana cando o vían negro no 2009. Pero para ese pacto o PP ten que retroceder no seu avance no nacionalismo español, recuperar consensos no galego, o seu discurso galeguista aínda que sexa de mínimos etc... Se iso pasa, que só depende dos novos proxectos nacionalistas, ao mellor levas un chasco, porque non Manolo, UPyD non ten maioría absoluta en Galicia, tedes unha birria de votos asúmeo.


    63

    Manolo2

    Cuiña ¿Ya te has dado de baja en el PP? Lo digo porque tu situación es esquizofrénica. Está montando otro partido sin disimulo alguno (a lo que tienes perfecto derecho), te pasas el día alabando a tus compañeros ex-BNG, dándotelas de socialdemócrata, compartiendo opiniones negativas con el nacionalismo gallego sobre los medios de comunicación madrileños, criticando a todas horas a cargos del PP de manera pública, etc, etc. Tus compañeros del nuevo partido han tenido ya la decencia de abandonar ya partido y puesto bien remunerado, en algunos casos, pero tu ¿Por qué sigues militando en el PP?

    1 resposta
    1

    Por Hai que foderse!: Responde axiña, Rafiña. Mira quen cho esixe! E date por conforme porque che recoñece que tes dereito a montar outro partido, tal é a súa magnanimidade. Polo demais, segue todo igual: "... en algunos casos pero tu". A ortografía segue sen ser o seu punto forte.


    62

    futbolista

    so keria dicirvo k ler os vosos comentarios e coma a previa dos siaeiros ante un depor/celta. eu prefiro o futbol.


    61

    leroy

    os que critican tanto a perez-lema poden dicir os motivos das suas criticas? Non coñezo a este señor, só por curiosidade

    5 respostas
    1

    Por Fernando: Pois eu que si o coñezo, só podería decir del que é un tio honrado e traballador.

    2

    Por A Porqueira: Eu tamen o coñezo de cando era celador e logo enfermeiro, cando se dedicou á política, tirou a careta e amosou a súa faciana de trepa e vividor. O futuro do nacionalismo non poden ser os Perez Bouza ou os Perez Lema, cando menos en lugares relevantes

    3

    Por saña: Esta visto que dado os seus feitos os enfermeiros non nos veñen nada ben o nacionalismo, mellor nos vendria uns bos capadores.

    4

    Por Fernando: Pérez-Lema enfermeiro?? A Porqueira, Leroy preguntaba por Pérez-Lema e ata onde eu sei, Pérez-Lema é avogado, e de moito prestixio ademais.

    5

    Por Branco: Non tanto pretixio, que para defender ao Fernando Blanco houbo que poñer de figura a un que foi cabeza de lista polo PP. É que as veces os intereses do BNG e do PP conflúen e até se confunden...


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>