Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/06/2012
O aparato do PPdeG dá por seguro que haberá eleccións este ano. A información, confirmada a GC por fontes do partido, que corre por todos os despachos políticos e de medios de comunicación de Santiago é que Alberto Nuñez Feijóo xa comunicou a data dos comicios galegos aos seus colaboradores máis directos. E será en 2012.
O que non transcendeu aínda é o mes dos comicios. O presidente da Xunta sempre negou en publico que fose boa idea adiantar as votacións, pois a prioridade debe ser saír da recesión.
Agora ben, o tamén presidente do PPdeG apuntou nas entrevistas que outra cousa sería un "adianto técnico". É dicir, que as eleccións autonómicas non sexan en primavera, cando toca, senón a finais do inverno. Adiantalas máis, a setembro por exemplo, obrigaría a Feijóo a recoñecer publicamente un cambio de rumbo; e a atopar unha xustificación para tal decisión.
A hipótese do adianto a este ano reforzase polo calendario de actos de partido de Mariano Rajoy. O presidente de xa confirmou que o 16 de junio estará en San Sebastián, no que os conservadores pretenden que sexa o 'pistoletazo' de saída ás eleccións vascas.
Inmediatamente despois, os días 20 e 21 de xuño, o PP organizará a súa convención intermunicipal estatal en Galicia. Centos de alcaldes e edís 'populares' sacarán músculo arroupados por Nuñez Feijóo. No PPdeG considérase que ese acto pode ser o inicio da precampaña en Galicia. A nivel estatal, a decisión de organizar a intermunicipal en Galicia tomouse coa hipótese de que os comicios galegos sexan en 2012 e sirvan para parar a tendencia de derrotas tras os fracasos en Andalucía e Asturias.
Tanto PSOE como BNG levan meses traballando coa certeza do adianto. As posíbeis eleccións en setembro tamén marcan o ritmo de artellamento do Novo Proxecto Común do galeguismo de esquerdas.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
a ver quen acerta,se gaña ou non: http://votoconbotas.trincheradigita... ou : http://www.galiciadiario.com/web/fr...
Finais de inverno é Março, ou quando muito Fevereiro. Ou seja já em 2013. O inverno nom começa até o 20-22 de Dezembro. Ou seja que como muito tarde as eleições seriam a finais do Outono. De todos os jeitos para essas datas é bem possível, mesmo provável, que o Reino de Espanha esteja intervido pola Uniom Europeia. Com a situaçom económica/financeira deteriorando-se dia a dia, nengumha data seria boa para o PP, se nom contasse coa colaboraçom da oposiçom.
Por rapidinho : x iso mesmo, canto antes millor, non vaia ser q a oposicion se recompoña
Por As cousas como son.: Xa estamos nun rescate encuberto, en todo caso o rescate será do FMI, a economía europea non ten nin cacapcidade nin mecanismos para ir no rescate dunha economía do tamaño da do estado español ou Italia
Vaites...es os do NPC con estos pelos!! Quizais Feijoó debería consultar con eles a data das eleccións. Ou, a través de Cuíña, dicirlle a Feijoó que se espere a que tengan montado o chiringuito. Que despois de 5 meses, aínda non saben o que son. Logo chega outros meses para decidir o organigrama e logo o programa e candidatos...Así que ata o 2026 non poderán presentarse como alternativa a...ó PP? NOOON, que eles non están para iso. Senón como alternativa ó BNG.
Por Vai haber dúas listas: Non vai haber nada común, presentarase Beiras cos máis fieles, e pode saír el so de deputado se lle dan cancha nos medios atacando ao Bloque e logo por outro lado irán os demais aspirantes a líderes, que competirán co espazo electoral de Padín.
Por escindido: Que despistados andades. Ou currades máis ou tervos quedado coas siglas non vos vai servir de nada.
Por Rayleigh: O BNG, xa ten candidato. O mesmo que PPSOE, IU...agás o NPC. Por de pronto, a quen non lle serve de nada o pifostio que andan a montar é a ese tinglado chamado NPC. Chega o verán, e a xente vaise a praia, e en outubro..ELECCIÓNS. Con xente de dereitas, de esquerdas, nacionalista, independentista.. nese tinglado. "Vai haber" menudo plan máis malo..un quitándolle votos o BNG mentras o PP treme...DE RISA. E os outros..perdón? Espazo electoral de Padín? Descubriron un novo buraco negro na nosa galaxia e o chamaron así? Vanse repartir 1500 votos? O ego de algúns va quedar moi tocado.
Por Vai haber dúas listas: Bascuas cometeu demasiados erros, o de confesar que marchaba do Bloque porque o Bloque era demasiado nacionalista e de esquerdas para o seu gusto foi o menos gordo. O grave de verdade foi cando dixo que non ían ir detrás de ningún lider mesiánico e de verbo florido despois de que os beiristas lle axudasen a quedarse coas siglas de Máis Galiza gracias ao seu desembarco na asamblea. Beiras non esquece nin perdoa.
Por Xandokas: Beiras, volve ao redil xaaaa!!!!!
Por Bandeira: Tranqui Chatarras, se ti estás por EU e por España, váleche o Beiras para amolar o BNG, o resto é falar por falar.
Por RayChapas: O bng tén un serio problema senon ten palanganeiros con máis carisma e argumentación co chapas iste do Rayleigh, tan obsesionado co Npc, por certo calquer lector por pouco que vexa, detecta que eres español falante, o meu galego non é moi bo, pero o falo sempre, as túas construcións revelan un español falante, iso si, anti todo o que poda pasar fora do Bnj, non nos aburras máis, hai xente que defende o bloque que se pode ler porque cando menos, lle des a razón ou non, argumenta ben e che pode até facer pensar, tí non és un deles, fraco favor lles fas os teus poñendote insistentemente a defendelos, por certo nos xa temos candidato, sabes como se chama, flipa chaval: Francisco Rodriguez
Por Rayleigh: Pois sigo aburrindo..Vos non facedes asambleas "para que todo o mundo fale, con liberdade"? Pois eu falo na asamblea de Galicia Confidencial. Non te gosta? Eu non te obrigo a lerme. Levades anos falando do BNG, por que se fale de vos e se vos sinale co dedo, non vos fai ningún mal. Se tedes mala conciencia, alá vos. Pero polo que vexo..son tan pobres as vosas políticas, tan anodinas as persoas que apoiades que o pior que vos pode pasar é que Francisco Rodríguez, o dirixente doutro partido alleo a vos, morra. Quedaríadesvos na indixencia. Sen nada que dicir. E iso é o que vos fai fracos a vos. Bastante débiles a pesares da fanfarria que gastades. Que alguén que vote PPSOE, EU ou calqueira outro vos vaia a votar con argumentos tan pobres, da risa. Ah non..que non é iso o que buscades. Perdón
Ala venha eleções que todos estamos desejando ver quantos partidos se presentam... que só um deles tenha mais da metade dos votos é o de menos claro :P levamo-lo claro...
Pues yo no adelantaba las elecciones porque mas vale pájaro en mano. Osea, que mas vale cinco meses en el poder que cuatro años volando.
Por 5r9p: Eu sacaba un decreto, aproveitando a moioría absoluta, de que cando houbese motivos por causas técnicas, organizativas ou de produción, os procesos electorais poderíanse aplazar até que se considerase oportuno, seguindo, non en funcións, senon con capacidade plena os representantes antes electos, ou sexa até que se resolva a crise, ala polo 2150, votadelle valor
Pois a ver se se cumpre o de que a todo pepeiro lle chega o seu quince de xaneiro, aínda que chegue en setembro ou cando sexa. Pero non, a oposición e a sociedade civil andan a velas vir e non se percibe o afán do Hai que botalos! Aínda que, quen sabe?
¡Oído cocina, presidente! Ahora mismo nos ponemos manos a la obra para imprimir la bazofia que mandes, previo pago de los correspondientes convenios o subvenciones, claro. ¿Qué desea mi Albertito? ¿Más sobre los Audis?, ¿la inmersión lingüística?, ¿hablamos del paro y la crisis? ¡Ay, perdón!, que ahora ZP ya no está...
Pues sí. Cada día se comenta con más insistencia el adelanto electoral.
Por Mongolo3: tí non és Manolo2, ise texto tan breve, sen ningunha pincelada rancia, que pasa esta de baixa o guionista que facía de Manolo2?
Por ManoIo2: eu levo un tempo copiandoo e certamente este Manolo2 é claramente unha copia fuleira, sen estilo nen nada.
¡Bah! A mí las elecciones gallegas me parecen... ¡pues eso!, demasiado gallegas. Las que me apasionan son las generales, y si en vez de las, son los generales, entonces sí que empiezo a babear; vamos, que ni el padre Maciel en una guardería.
Eu paso de vós. Desexo que todo siga igual ata que a xente non estea preparada para botalos a todos de vez. Daquela será demasiado tarde, porque hoxe xa é demasiado tarde. Non ao FMI e aos seus lacaios.
Por Consecuente: Coincido plenamente, coincido en esperar que as cousas maduren e botalos todos a vez. Senon teremos mais do mesmo.
Por logo: e a quen poñemos logo?
Por vaites,vaites: OK
Por Prefiro o caos: Dado que os políticos seguen as ordes da troika e doutras mafias aínda piores que tal se deixamos de delegar as nosas responsabilidades en mans do crime organizado e nos poñemos nós mesmos a gobernar os nosos asuntos?
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting