Un novo galeguismo agroma

Estamos nun momento político histórico na nosa terra, no que agroma das conciencias da xente comprometida con ela, unha refundación de todo o que significa o movemento galeguista, ilusionante e esperanzadora, mais tamén coas lóxicas dificultades de todo nasciturus.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 02/06/2012

  • versión para imprimir
Como se dunha novela de Scott Fitzgerald se tratase, esta reformulación galeguista, ten os compoñentes románticos suficientes como para desvirtuar o que é un movemento político de grande calado, e convertelo nun fracaso xeracional máis, se os protagonistas da obra non teñen a suficiente xenerosidade e altura de miras. Este novo tempo ábrese a aqueles coa suficiente capacidade, para darse conta que a prioridade é a defensa da nosa identidade como pobo, a posta en valor da nosa cultura, e o convencemento da necesidade dunha sociedade cuxos piares se asenten na defensa dos sectores públicos.
 
O pragmatismo necesario dende a necesidade dunha racionalizada transversalidade, é a clave para soster un edificio no que sobre o plano os “compradores” desexan depositar as súas esperanzas de futuro político vital, mais algúns “xefes de obra” non rematan de cumprir os prazos de execución, co subseguinte risco de ser penalizados por unha “propiedade” á que poderíamos chamar perfectamente “elector”. Un novo proxecto pode considerarse común, cando os acordos de mínimos son posibles pola disposición decidida a acordalos, mais deixa de ser ´”común”, cando unha potencial parte dun todo pecha os ollos ante unha realidade teimuda que di que so dende o compromiso e a humildade, pódese ofrecer a túa terra un proxecto político á altura das súas necesidades.
 
Exemplos hai a moreas de deturpacións do concepto de galeguismo, e de exéxetas do narcisismo. Fuxir de modelos evidentemente fracasados, debe ser o vieiro polo que camiñe un proxecto contra o que algúns aprovisiónanse xa de pedras de esencia interesada, e de paus de madeira subvencionada.
 
Dende a modestia dun columnista, que pensa que na reformulación galeguista non todo vale, reivindico que asumamos o espírito do vello partido galeguista dos anos 30, no que a ninguén que se considere galeguista, poida molestarlle que o asocien co termo nacionalista, xa que todos partimos da premisa básica que está na nosa esencia, de que galeguismo é algo máis que a defensa da nosa lingua nai, para pasar a ser militantes incondicionais do compromiso cunha terra, á que moitos sentimos como a nosa nación.
 
Ou non?.

Rafael Cuiña




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

108 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 37

    Canis Lupus Signatus

    Conselhos de Lógica pra CxG en relaçióm à sociedade galega existente (real, nom imaginaria): a) a bandeira co Escudo histórico (e nom a estrela vermelha socialista e/ou comunista) b) Galicia (e nom Galiza, inda que seja co-oficial e válido) c) Galeguismo ( e nom nacionalismo galego="parte" dum "Todo" máis amplo) d) Centro. (véjase Centro-dereita + Centro-esquerda=esquema unitario do Partido Galeguista ata a inclusióm na F.N.) ( e nom Esquerda: nem plural, nem real, nem amplia,…) e) Soberanismo, autogestióm e Estatuto (nom independentismo) f) Equilibrio Público-Privado (nem liberalismo total, nem intervencionismo total)

    3 respostas
    1

    Por Canis Lupus Signatus: Se nom a), nom b), nom c), nom d), nom e), nom f)… = BNG (UPG, MGS, Abrente,non adscritos) ou, no límite, grupos minoritarios (EI, FPG, NÓS-UP, CauGa, …= NPC?) Se nom c), nom d), nom e) = PP, PSOE, IU, UPyD, PCE, FE,… Se nom f) = CXXI Se a)+b)+c)+ d)+e)+f)…CxG = posibilidades reais de representaçióm no governo da Junta e de formar grupo propio nas Cortes.

    2

    Por Canis Lupus Signatus: // Se nom a), nom b), nom c), nom d), nom e), nom f)… = BNG (UPG, MGS, Abrente,non adscritos) ou, no límite, grupos minoritarios (EI, FPG, NÓS-UP, CauGa, …= NPC?) // Se nom c), nom d), nom e) = PP, PSOE, IU, UPyD, PCE, FE,… // Se nom f) = CXXI // Se a)+b)+c)+ d)+e)+f)…CxG = posibilidades reais de representaçióm no governo da Junta e de formar grupo propio nas Cortes.

    3

    Por Canis Lupus Signatus: A maiores engadiría: // g) Lingua Galega à debate (nem isolacionismo, nem lusismo, nem sumisión à dictado da RAG ou AGAL-Acordo Ortográfico de 1990) // h) Ecologismo tradicionalista auténtico (nom esquerdo-ecologismo, nem eco-socialismo): prioridade ao sector agro-gandeiro-pesqueiro, matanza do porco, rapa das bestas (sen chips), repoboaçióm autóctona, etc. // i) Representaçióm nas Cortes Españolas, nom só na Junta de Galicia. // j) Respecto às Institucións democráticas (nom manifestaçióm e pancarta perpetua) e colaboracionismo polo bem de Galicia (nom localismos) // k) Ideología clarificada e firme (nom oportunismo mediático) // l) Republicanismo democrático representativo e professional (nem monarquía, nem democracia directa, nem dictaduras, proletarias, militares, mercantís…)


    36

    Bruar

    Rafael, o galeguismo agroma. Non teñas medo en chamalo nacionalismo, forma política natural do galeguismo. Estimado Rafael non te leves a engano, o galeguismo ten que ser nacionalismo político e por tanto non pode ser malo que se formule dende asembleas-irmandades. Quizáis non compartas a opinión necesariamente breve neste medio, pero pénsao. Hai dúas fórmulas: a das irmandades-asembleas ou a das cúpulas. O malo son as fórmulas, o bo, o sentimento. Se quitáramos os nomes e nos quedáramos coas ideas sería máis doado pero non pode ser.


    35

    galeguista

    Este home é máis listo ca un allo, e será o líder galeguista que o centro levábamos buscando anos.


    34

    Kike

    Este tio perdeu o norte o sur o este e o oeste .

    1 resposta
    1

    Por acona: e tí tamén te perdestes porque se non non estabas aquí, parrulinho


    33

    arenga

    E a ver se este galeguismo saca as Deputacións dunha ves. Galicia ceibe!!! Xa non saben nin como reinventalas...


    32

    touporroutou

    queres altura de miras? pois ergue a cabeza, "anano" (Celso Emilio dixit.)


    31

    Descubrícheste Rafa

    Acaba de confesar en Twitter que isto "non vai contra Beiras", senón contra Mario López Rico. Disque o aconsella mal, el respeta a figura de Beiras (sabe que sen el non se pode sacar deputado).

    4 respostas
    1

    Por Wilko: Se o confesou no twitter será que o quixo dicir, non descubriñes nada, paiaso.

    2

    Por Confesou homiño confesou: "PaLLaso" ti, home. Foi despois de que lle tirasen da lingua, home, e este "confesa" cousas que debería agochar porque vos fai facer perder aínda máis votos (non é que fósedes sacar moitos).

    3

    Por Reto: Pois logo mellor para os "triunfadores" do BNG. Cala home!

    4

    Por digoeu: Alguns deben pensar que Beiras é parvo. E non será Mario quen se teña que aconsellar con Beiras e non ao revés?


    30

    Rancoroso

    Ai Cuiña...canto tempo che levou deixar o partido falanxista!!!

    5 respostas
    1

    Por arenga: Os que permanecen no marxismo non van tampouco a ningures.

    2

    Por trapalatrá: non queremos ir a ningures. somos deiquí. sufrimos as contradicións dun sistema tan inhumano como nos prometeran, e queremos transformar a realidade. a ningures tiñan que ir outros, mais mantéñense teimudamente na inopia...

    3

    Por arenga: Boeno, pois que veña a URSS e mailos Chinos e os coreanos do norte ata xunta vos. Tanto ten.

    4

    Por Black Crow: o que Galiza precisaba era un Fidel

    5

    Por puertoriqueño: A min de Cuba chejame con fumar uns bos puros da Habana.


    29

    Severino.

    Ninguén reencarna millor que o Bloque a idiosincracia galega, cando Galiza perde o seus fillos que emigran a outros lares, O Bloque perde...

    1 resposta
    1

    Por ex-soviético: Eso non o creu nin ti nin naides.


    28

    Fraga vive

    Viva o novo galeguismo fraguista armonico. O pobo galego ten unha mentalidade franquista, hai que abrirse a él. Precisanse novos dirixentes galeguistas xurdidos do fraguismo para chegar a sociedade.

    3 respostas
    1

    Por Cuiña vive también: Pois claro. En las poltronas siguen los de siempre. La eterna historia del caciquismo gallego. Con Franco, franquistas, en democracia, galleguistas. Lo que haga falta para seguir mamando.

    2

    Por Galego: ¿Hai medo upeGALLOS? Seica van deixar de subvencionarvos as mensaxes no mundo virtual??, E que @s galeg@s fartaronse fai tempo de seres mesiánicos que viven coma deus de non dar pau a auga. Tomádeo con filosofía, chuchade ben do teto mentras poidades, pero cando marchedes, por favor, pechade ben a porta e camiñade con dignidade para a casa, se é que aínda vos queda algo diso

    3

    Por Que si Galego: Pero de verdade che pagan a ti Galego por andar escribindo? Que risa que fales de mesiánicos ti!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Rafael Cuiña Aparicio

    Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.