Rianxeira celeste no corazón de Madrid

Seareiros do Celta tomaron a Glorieta de Bilbao en Madrid para festexar o ascenso do Celta. Bandeiras de Galicia e camisolas e bufandas do equipo vigués tinguiron de celeste esta popular praza madrileña na que soou a Rianxeira. Vídeo da celebración no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Un cento de afeccionados do Celta tinguiu de celeste este domingo a Glorieta de Bilbao en Madrid, un dos puntos máis populares e buliciosos da capital do Estado, para festexar o ascenso do equipo vigués á Primeira División da Liga de fútbol.

A peña Morriña Celeste convocou aos seareiros do Celta no seu habitual local de reunións, o bar Meigas, pulpo & friends, no número 13 da rúa Eguilaz, para seguir por televisión o partido disputado entre o equipo vigués e o Córdoba. Ao remate do mesmo, os seareiros saíron á rúa e dirixíronse cara a famosa Glorieta de Bilbao para festexar o ascenso do Celta. E a Rianxeira soou no corazón de Madrid.

Velaquí o vídeo das celebracións.

Aproveita a colaboración de GC con Betmedia para apostar sen risco polos equipos galegos: Celta, Deportivo, Obradoiro, Santiago Futsal, Azkar Lugo, Burela etc.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

24 comentarios
9

deslinguado

RIANXEIRA DEPORTIVISTA NO BERNABEU : o Deportivo da Coruña gañóulle ao Madrid a Copa del Rei no centenário da equipa da capital. RIANXEIRA CELESTE : polas rúas os pobriños ! Quén consigue trunfos para a nosa Terra ?


8

Fernando

Tamén hai fotos de afeccionados deportivistas da Peña Chamberí Branquiazul colgadas en redes sociais facendo O MESMO NO MESMO LUGAR e non se lles ten que chamar paletos. Que ceniza é a xente e que gañas de criticar Que cada un cante a Rianxeira cando queira e como lle pete, faltaría máis...

4 respostas
1

Por depor alé: Mira neno, en Madrid moita xente canta a rianxeira, sexa galega ou non, e ninguén mira para eles. Como se cantan o hino nacional de Albacete. A paletada é facer noticia dunha caralladiña. Inda que é normal, como o Celta só ten copas de cristal, considera un trunfo cantar cancións galegas nas rúas de Madrid, ha, ha. Que Madrid está chea de galegos oh!Qué merito ten cantar a rianxeira aló ?

2

Por Fernando: Se alguén non galego canta a Rianxeira como dis, mirarei para el, pódocho garantir jejejeje. Non che teño gaña ningunha de discutir, así que que vaia ben!!! un saúdo

3

Por dépor alé: Un saúdo para tí tamén, qeu no fondo todo é coña...Informativamente, hai unha letra da rianxeira en español que moita xente canta fora de Galicia: "debajo de tí me pongo puente de la segoviana..."

4

Por Xanti: Vivo en Madrid, vin o partido do Nastic no Meigas, que está perto do bar da peña do depor (foi o día do ascenso do depor), e a xente do depor ao rematar o partido estaba nos bares, punto. Se che pica ca afección do Celta teña mais apego polo empregodo galego ca deportivista, non é culpa nosa porque o de cantar a Rianxeira en Riazor foi por copiar o que facía a afeción do Celta; de feito xa non se canta en Riazor. Por outra banda, hai moi boa relación entre ambalas dúas peñas.


7

galiza ceive

galiza ceive


6

Dende Madrid

Ummmmm....... Hai que lembrar que algúns, xunto a peña Chamberí Branquiazul, tamén festexamos a subida do depor do mesmo xeito na Glorieta de Bilbao....con gaitas e Bandeiras Galegas!!!! Galicia é de Primeira!!


5

Caléndula

Pois devia ter a mesma repercussão que tê-lo feito em Bruxelas ou em Tombuctú...


4

celtista nacionalista

Cantos distos sairan a manifestarse pola perda de dereitos colectivos? Sanidade, Educación, Laborais, Servizos sociais...

4 respostas
1

Por Doutorando: Vai queixarte ó bar e deixa a xente que celebre o que queira e onde queira...

2

Por Celta: Parece que hai xente que lle amarga que outros sexan felices.

3

Por celtista nacionalista: Eu non dixen qwue celebrasen ou non o que lles pete, eu son celtista, pero só fago esa pregunta: cantos deles son ovellas e cantos non?. O outro día faltaban moita xente na mani da sanidade...

4

Por Celta: Que ten que ver unha cousa con outra? Sona a excusa para criticar sen vir ó caso.


3

sintoista

Patético, realmente patético.

2 respostas
1

Por Doutorando: Por? que ten de malo?

2

Por zzz: Alégrome por eles. Teñen unha razón para facer unha festa. Sintoista debe estar algo amargado.


2

déporchamberí

Vaia banda de paletos ! En Madrid vivimos milleiros de galegos perfectamente integrados e cantamos a rianxeira sempre que queremos, non é ningunha fazaña nin achamos hostilidade ningunha. Hai que ver que paletos son os do Celta, poñéndose medallas por chorradas.

5 respostas
1

Por Doutorando: Os do Depor fixeron o mesmo cando o ascenso. Paletos son os que chaman a asin a outros

2

Por DendeMadrid: Non sei....eu estiven nos festexos do Depor no mesmo sitio erguendo a Bandeira e cantando.....que hai ahí de paleto? Quer dicir eso que non festexo e canto a Rianxeira ou o que sexa se non é polo futbol? Non! é unha festa máis e punto! O que sí é certo, e que non hai que estar só co futbol, se non como din máis adiante....nas manis!!!

3

Por deporchamberí: Por suposto que non é de paletos cantar a rianxeira. Como vou eu dicir iso ? A paletada é darlle tanta importancia a que se cante nunha praza de Madrid, coma se fose en Tokio, vamos...Sonche cousas dos vigueses, como cando puñan vallas publicitarias na estrada da Coruña indicando a distancia a Vigo. En fin, eu son do Dépor e vacilo un pouco, he, he. Tampouco hai que tomalo tan en serio.

4

Por deprochamberí: E onde hai que cantar a rianxeira ben cantada é no Bernabéu gañándolle o centenariazo ao Madrid, como fixemos os do Dépor, ha, ha. Iso sí que non é de paletos...

5

Por DendeMadrid: poiiisss.....visto o visto!!! Voltemos ao Pulpo,Meigas an fiends as dúas aficións a celebralo xuntos!! Berremos Forte e Xuntos ¡ GALIZA É DE PRIMEIRA !


1

e1u

sempre celta!!!