Os mozos convertidos en zombies

Xuventudes Socialistas acaba de presentar unha campaña na que converte aos mozos galegos en zombies emigrantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
“Os mozos e mozas galegos volven a ser un dos colectivos máis castigados pola inacción do PP, cun incremento interanual da taxa do paro 9.03%. “Esta situación está a por novamente enriba da mesa unha lacra que nos fai regresar a tempos pasados no que a emogración xuvenil está a ser a única alternativa de futuro para os mozos e mozas galegos”. A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), María Torres, foi así de rotunda na presentación da campaña “The work is dead”, coa que a organización xuvenil pretende concienciar á mocidade galega dos recurtes do PP.
 
“Os datos do desemprego feitos públicos polo INEM poñen de manifesto a ineptitude do PP para xerar emprego no noso país, xa que é o mes de maio no que menos baixa o paro da historia de Galicia", salientou María Torres que denunciou que a reforma laboral só está a servir para "destruír emprego no noso país".
 
Ademais, salientou que os mozos volven a ser un dos colectivos máis castigados pola inacción do PP, cun incremento interanual da taxa do paro 9.03%. “Esta situación está a por novamente enriba da mesa unha lacra que nos fai regresar a tempos pasados no que a emogración xuvenil está a ser a única alternativa de futuro para os mozos e mozas galegos”, sinalou.
 
"Estas cifras poñen de manifesto que Feijóo non cre na nosa mocidade máis que como mercancía barata e exportable", indicou.
 
Campaña
 
Por iso, XSG veñen de presentar unha campaña que “pretende concienciar á mocidade de que as políticas de emprego xuvenil e a súa promoción é unha cuestión de prioridades políticas”. A campaña, que está conformada por material de vídeo e imaxe, desenvolverase a través das redes sociais, e pretende funcionar como motor mobilizador da mocidade galega.
 
A campaña consta dun spot principal, e de varios “sneak peak” que levan circulando pola rede unha semana con mensaxes sobre ensino, emprego ou sanidade.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe