Por Galicia Confidencial | Teo | 16/06/2012
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Vaia coa representación social nas asembleas, Galiza debe ser independentista sen dubida.
Non estaría de máis que, antes de celebrarse a citada asemblea constituínte, désense a coñecer os documentos ideolóxico-políticos aos que fai referencia a convocatoria, pois moitos dos que viamos con ilusión e como unha gran oportunidade para Galicia e para nós mesmos o nacemento deste novo proxecto, agora estamos preocupados, mesmo decepcionados, polo camiño e a dirección (manipulación?), e o rumbo ideolóxico, que, aparentemente, está a tomar o chamado proceso asembleario.
Por anonimo: Os documentos están saindo das asembleas . Si participas tes que sabelo e coñecelos. Non vexo porque hai preocupación. manipulación de quen?.
Por anonimo: Os documentos están saindo das asembleas . Si participas tes que sabelo e coñecelos. Non vexo porque hai preocupación. manipulación de quen?.
flipo vendo como algúns/-has se poñen como meta ser alternativa, nada máis e nada menos que, AO BNG!!!! oigan, vostedes saben ben en que país viven? saben quen goberna ese país? pero claro, se aínda non saben se son nacionalistas/rexionalistas/esquerdistas ou de centro e tres cuartos...
Por Ben falado: Querían abrir o nacionalismo a outros sectores e agora ó que aspiran é a quitarlle un deputadiño que lle permita conservar a maioría a Feijóo
Por CIENFUEGOS: Di JORQUERA que temos que artellar unha alternativa o PP e non ao BNG di ven i eu concordo para alternativa o BNG XA CHEGA CO A UPG PREGUNTO O PAPA NEGRO non se pudo ir cando deixou de ser diputado ? DEIXA AGORA O BARCO LOGO DE O METER NAS ROCHAS
Por anonimo: Seremos alternativa, non ao que vos digades senón ao que a xente queira.
Eu estiven nesa asemblea e crin entender que no "chamamento a todas as persoas cunha visión diferente etc." non mencionaron a Máis Galiza, Ecogal e Acción Galega... Aínda que se poida dar por suposto. Agás nun texto moi polémico da comarca de Ferrolterra que incluía ao final o de Compromiso por Galicia e que despois aclararon que non fora aprobado alí. De todas maneiras, non se trata de manipular a información.
Por Barbeiro: Haberá que falar un pouco sabendo as cousas: ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA: 2.4. Propostas da ANF para a reunión da Coordenadora Nacional do 16 de xuño. A Asemblea nacionalista de ferrolterra, acepta traladar a proposta, en ningun caso é unha resolución senón unha proposta asinada por unha persoa pero que perfectamente podería selo por un amplo grupo da ANF. E o primeiro que se debera respetar é a propia asemblea, respetando tamén as persoas que foron designadas delegad*s. Cousa que non se deu, mais de eso non vexo ren. Non se trata de manipular información, tratase de contar a verdade. asi que primeiro respetemos ás propias asembleas, que vexo cadaquén fai o que lle peta
Esperamos un pronunciamento contundente a favor dunha empresa galega como Inditex que esta sendo vilipendiada por upegallos e bloqueiros. En privado varios referentes cualificados teñen a valentia de defendela hai que facelo tamen en publico.
Por Departamento comercial: Non vós esquezades de defender tamés as gasoliñeiras da Táboas e o holding Cuiña e o grupo Voz polos favores.
Por Cazacazabruxas: Os favores a Voz como o da publicidade da Deputación da vicepresidencia de Lugo?
Que é Causa Galiza? Porque nom participam sem subterfuxos e amosam a cara como OLN? Causa Galiza era FPG, OLN, MpB, nalgum momento NÓS-UP e depois todas as siglas que assináram o ADN, a dia de hoje só há gente de OLN e algum em busca de amigos, mais nada... Assim que seria o momento de falar de OLN (Ceivar e AMI) e deixar a utilizaçom dumha sigla que já nom existe por muito que o articulista de GC e Joám Peres insistam.
no NPC sobran a FPG e CG, mentres estean eses non haberá maneira de artellar unha alternativa ao Bloque. Os que queiran comunismo e independentismo teñen o seu sitio no Bloque, o resto debemos confluír nunha coalición galeguista e socialdemócrata. Dixen.
Por Melidao: si, si, a min molestame moito o señor da FPG que está no NPC, ou son dous? ... din que un día chegaron a ser tres pero ao pouco enfadouse e un deles montou outro partido. Vamos home por favor! Parecedes a Voz de Galicia moitas veces. Sede serios.
Por Xanti: Por moito que vos poñades, non vai haber confluenza.
14 de Xullo...Día da Revolución Francesa. Moi apropiado. En pleno verán cando a xente está de vacacións e na praia. Ou sexa que no mellor dos casos os galegos non se enterarán de nada ata setembro. E en outubro non hai que descartar as eleccións. Moi ben pensado. Con tempo máis que de sobra para botar andar un proxecto que empeza dende 0 con xente, na súa gran maioría, descoñecida. Pero bueno...pode funcionar, xa que o voso obxectivo non é gobernar Galiza senón facerlle a puñeta ó BNG. E os da FPG e CG se non lles dades o que queren, levaranse o scatergoris? Se alguén cre que estes, están para traballar por Beiras ou por outro, idesvos levar un bo nabo.
Por galiza ceive: galiza ceive
Por anonimo: Ala veña tranquiliño, vai a Sermosgaliza.com que alí todo é superchachipiruli.
Por oscanciñosseranrecompensados: Mesmo teñen propaganda da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a que por suposto pagan os militantes do BNG, logo o palanganeiro Ray pode facer méritos ante a vella garda, e quen sabe até igual o colocan nas listas...
Por Rayleigh: Claro que si..menos mal que non vos fago caso que se non, non gaño para psiquiatras. Todos os partidos políticos do mundo evitan facer actos en verán por que ninguén lles presta atención, pero claro...é o mundo quen está trabucado. Recordo que os de CG, presumían de non presentarse as eleccións "por que non crían no sistema". E estes van mover o cú, para traballar para outros de balde? En canto a min, comprendo que algúns que non pasan de ser meros cans e incluso ratas pensen que todos son iguais ca eles. O contrario ca eles, non teño tanto tempo para pallas mentais de ociosos sen ningunha expectativa, nin milito en ningún partido nin lle debo nada nin o BNG, nin a Francisco R. E pase o que pase nas eleccións, o día seguinte terei que ir o meu traballo no sector privado como hai 8 anos. Sintoo..non son coma vos.
Por Lugués: Para non deberlle nada ben que soltas por esa boca, anda xa!!
Por o espello: Que si, que xa o sabemos, ti non militas, ti non es ninguén... Mesmo a publicidade de Sermos Galiza, que se fai en nome da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, tamén a paga o BNG.
Por Rayleigh: Pero que problema hai? Xa se ve a publicidade en "medios en galego" de EI, CXXI, +GZ (a auténtica non a que quedou no BNG)... Páxinas e páxinas enteiras, non si meus nenos? Nooon que hai que pagarlle a la Voz para que vos deixen poñer a parir ó BNG nas súas páxinas. Iso se lle chama ser p.ta e poñer a cama. Escribo por que me encanta poñer de manifesto a indixencia cultural e a profunda mediocridade dalgúns que non pasan de ser as Belen Estaban en galego e todo por que teñen unha filoloxía que se saca en 5 anos coa gorra. Iso sen contar coa admiración que profesan a politiquillos mediocres e vagos que xamais empataron con ninguén e non se poñen dacordo nin eles mesmos mirándose o espello. Deixome algo?
Por Anónima: Para indixencia intelectual a túa, para puteros vós, que vos montades un xornal favorabla ás opinións do aparato. Para tratos coa Voz os de Paco Rodríguez e demais familia, agora como xa non saides montádesvos un xornaliño. E o do insulto da Filoloxía non sei a que che ven, ti que eres enxeñeiro aeroespacial, ou que? Pois iso, seguide nas nubes que é o voso.
Por Rayleigh: bla bla bla anónima. Isto parece un sálvame. Decenas de posts por parte dos marchosos coa mesma cantinela. Mesmo ti, mencionando a Paco R. Sobre todo a dos medios en galego. Iso si..logo na Voz, velos a todos firmes lanzando veleno contra o BNG. ANDA XA! E non. Non son aerospacial. Pero si que algúns pensan que escribir plúmbeos posts sobre a orixe do galego, fai que a xente acuda en masa a votarvos. Agora Paco xa non está, neniña. Sodes moi mediocres. Levades ANOS escribindo os mesmos posts e seguro que co de Filoloxía acertei de cheo no máis do 70% que pululan por aquí que non teñen outra cousa que tocar as narices. Se o BNG non consigue impresionar os galegos, a panda de fumados (estos si que están na nube) que te atopas fora de este partido e para botarse a tremer. Ou a rir. Eu prefiro esto último. Non valedes para nada.
Por Rayleigh: Saide das tabernas/cafeterías universitarias e preguntádelle os cidadáns. Xa sabes...esa xente que vota. Ou vasme contar o que me din os teus colegas? Que veñan eles (e non é broma)!! Ah...E se vos xeneralizades coa xente do BNG, eu teño perfecto dereito para facer o mesmo convosco. Queda claro rapaziña? E se non te gosta, non mires. O que me faltaba que eu me calase por unha que vai de digna. Aínda non vin nada de vos que valga a pena.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting