O PSdeG advirte que os galegos pagarán os medicamentos desde o 1 de xullo

O secretario de sanidade do PSdeG, Miguel Anxo Fernández, acusa a Núñez Feijóo de pretender "esconder con demagoxia" o cobro dos medicamentos aos pensionistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
 "O pago das ambulancias e o pago dos medicamentos a partir do próximo día 1 de xullo significarán a estocada final para milleiros de pensionistas galegos para os que esta inxusta medida suporá un grandísimo esforzo que en moitos casos non poderán soportar", sinalou este domingo Fernández.
 
A través dun comunicado, o deputado socialista acusou a Feijóo de "prometer unha cousa" e "facer outra totalmente contraria". Así, indicou que, desde a chegada do PP ao Goberno galego, o orzamento sanitario por habitante pasou de "1.366 euros por galego en 2009 a 1.292 en 2012", "104 euros menos por habitante". Ademais, indicou que orzamento para a Consellería de Sanidade "reduciuse un 6,34 por cento", mentres que "a media estatal foi un 4,82 por cento".
 
"Feijóo recortou o orzamento un 1,5 por cento máis que o conxunto das comunidades autónomas", denunciou mentres lembro que Feijoo prometera adicar  "o 50 por cento do orzamento de 2013" a sanidade. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

BENJA

En vez de tanta denuncia esteril,porque no empezais por adelgazar la administración,menos políticos,menos enchufados,más control del gasto supérfulo. Hay que hacer política de verdad unos y otros, pensar en el interés general y no con la vista puesta en las elecciones,que la política no es una profesión,son unos pocos años al servicio de la comunidad,después hay que volver al tajo.


1

Agora sodes de esquerda

Xa fora unha compañeira vosa, Trinidad Jiménez, quen lanzara o primeiro globo sondo.