"En Galiza necesitamos unha alternativa ao PP, non ao BNG"

Francisco Jorquera, candidato á Xunta polo Bloque, é un entrevistado serio pero moi amábel nas formas. De falar decidido, non esquiva as preguntas sobre as escisións no BNG, pero con educación insiste que a prioridade é rematar cos recortes derrotando ao PP. O deputado nas Cortes, fumador, evita o cigarro diante das cámaras. Penitencias dunha campaña que intúe próxima. Nela o Bloque enfróntase a un dos maiores desafíos da súa historia, superar a escisión liderada por Beiras en plena convulsión económica e quen sabe se electoral. Vídeo da entrevista co GC no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 17/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us


Francisco Rodríguez acaba de deixar o liderado da UPG, partido no que vostede milita. Podería valorar a súa traxectoria?

Eu son militante da UPG efectivamente, pero dende o intre que asumín ser candidato á presidencia da Xunta teño claro que me debo ao conxunto do BNG. Son respectuoso con todos os procesos internos dos colectivos do Bloque. Francisco Rodríguez fixo unha contribución extraordinaria ao nacionalismo galego na súa traxectoria política e persoal, pero non me vou a pronunciar sobre ningún proceso interno, porque o que me corresponde é representar ao conxunto do BNG.

O Bloque reclama dende hai anos unha banca pública. Nos últimos tempos o PSdeG tamén fala desta posibilidade. Que aportaría ao país unha banca pública galega?

O BNG pensa que, se usan recursos públicos para evitar o 'crack' do sector financeiro e que este sector provoque un colapso da economía, isto ten que conlevar a súa transformación en bancos públicos, con vocación de permanencia, para que sexan un instrumento útil para o financiamento da economía produtiva, para evitar a falta de crédito, que está condenando a morte a miles de PEMES . Ademais, no caso de Galiza, un banco público é imprescindíbel para evitar o espolio do noso aforro. 

Un banco público supón máis control directo da administración sobre a banca. E unha das causas da quebra das caixas de aforro, apuntan a maioría dos expertos, foi esa presenza de representantes públicos nos consellos de administración das caixas ...

Se algún problema tiveron a maioría das caixas de aforro é que se apartaron totalmente dos usos fundacionais. Eran entidades de natureza social, os beneficios tiñan que investilos en obra social, tiñan carácter territorial, vinculadas á economía produtiva de cada territorio ..  pero o seu problema foi tentar emular o modelo da gran banca privada. Apostar por esa economía de casino que está detrás da crise. Os poderes públicos inhibíronse do que era a súa obriga, que era tutelar estas entidades. Houbo en particular por parte do PP un intento do uso desas entidades con usos particulares.

Cómpre investigar como Caixa Galicia e Caixanova remataron a rentes da quebra?

Se algún problema tiveron as nosas caixas foi que os seus xestores, os seus directivos, na prácticas se apropiaron desas entidades. Hai responsábeis moi concretos, na xestión das caixas e nos poderes políticas. O tempo de que esas persoas asuman as súas responsabilidades é agora. Porque é agora cando estamos a vivir unha situación escandalosa que está a facer máis profunda  a crise. O PP ten responsabilidades directas nesta situación. A nivel de Estado, por exemplo en Bankia. Unha recapitalizción que lle vai costar a cada habitante do Estado Español 500 euros do seu peto. Na mente de todos están os nomes de Rodrigo Rato, Esperanza Aguirre... En Galiza as responsabilidades tamén teñen nome e apelidos. Por iso o PP bloquea a comisión de investigación, malia que Feijóo diga unha cousa e faga outra.

Piden que a Igrexa deixe de estar exenta do IBI. Que farán os concellos nos que goberna o Bloque?

Estamos trasladando esta iniciativa a todos os concellos para que se pronuncien. Nos concellos onde o BNG goberna iniciaranse as accións para que o pagamento desta medida sexa efectivo. Nunha crise tan profunda, é imprescindíbel que todos asumamos os esforzos de xeito equitativo. Esta crise tamén é en boa medida de carácter fiscal. No Estado Español estamos a pagar as consecuencias dun sistema impositivo enormemente inxusto, dun volume de fraude fiscal practicado polas grandes fortunas e corporacións sinxelamente escandaloso, un sistema impositivo non que non paga máis quen máis ten, senón que o esforzo impositivo recae máis ben nas clases medias e baixas. Hai que acabar con estes privilexios fiscais. Que haxa un sistema máis xusto pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais que gozan as confesións relixiosas. Nunha cidade como Santiago, simplemente a exención do IBI no que atinxe á Igrexa Católica significa que o Concello de Santiago deixa de percibir 200.000 euros ao ano. Nós non deféndenmos que as confesións relixiosas teñan que pagar IBI polos inmóbeis destinados ao uso relixioso ou fins sociais, como os comedores sociais de Cáritas. Defendemos que teñan que pagar o IVE cando os bens inmóbeis teñan un fin lucrativo. Por exemplo, en Santiago de Compostela hai hospederías que non pagan o IVE e iso ademais representa unha competencia desleal para todos os hostaleiros de Santiago. É unha cuestión de equidade social. O  BNG foi o primeiro que suscitou este debate.

Daquela se Jorquera chega a presidente da Xunta ou se é parte dunha coalición que goberne a Xunta, impulsará máis impostos para os máis ricos?

Por suposto. A Xunta debe operar sobre os tramos cedidos nos impostos estatais para que haxa máis progresividade, para que fagan un maior esforzo impositivo as rendas altas, en particular as rendas do capital. En particular o Goberno Galego non pode estar de simple observador das políticas que se ditan a nivel de Estado aplícandoas como un alumno evidente nun contexto no que as autonomías xestionan servizos públicos básicos como o ensino e a sanidade. Para manter servizos básicos sen recortes, a autonomía ten que reclamar unha reforza do sistema de financiamento das autonomías  que se corresponda co nivel de servizos que prestan. A dereita logrou que o debate público estea centrado sobre o gasto público, até o punto que se nos fixo crer que en Galicia e no Estado había un gasto público excesivo, cando  o gasto público no Estado Español e en Galicia é obxectivamente menor ao gasto público na Europa dos 15. O volume de recadación impositiva no Estado español está á cola da Europa dos 15. Isto é así porque hai un volume de fraude fiscal escandaloso, porque a carga sobre as rendas altas é totalmente ridícula. Se queremos ir equilibrando o déficit sen introducir recortes que desarman a capacidade de estimular a economía, cómpre operar tamén sobre os ingresos. Polo tanto, en vez da amnistía fiscal que declarou o PP para os grandes defraudadores, cómpre reformar o sistema impositivo.

Na campaña a preocupación número 1 vai ser a economía. Pero ao votante potencial do Bloque tamén é evidente que lle preocupa a cuestión identitaria. En que modelo de Estado se sentiría cómodo o BNG?

Esta crise  evidencia dun xeito clarísimo como non ter soberanía ao final tradúcese nunha ausencia de democracia. Pasa no Estado Español e pasa en Europa. As decisións tómanse cada vez  en ámbitos que non emanan da vontade democrática dos cidadáns, en ámbitos que non teñen en conta os intereses dos pobos, sometidos aos ditados dos grandes poderes económicos, do financeiro en particular. Se queremos avanzar na democracia, non convertela en papel mollado, cómpre reforzar os espazos de libre decisión de cada pobo. Nun país como Galiza, onde a economía estña a decrecer a maior ritmo que a española e o paro sube máis, os poderes públicos galegos carecen de capacidade de decisión sobre aspectos claves para inverter esta tendencia. O BNG aposta por ir ensanchando o autogoberno na dirección de que o pobo galego sexa soberano, teña a capacidade de decidir libremente sobre os seus propios asuntos e de establecer en termos de igualdade, en termos de pacto, tamén libremente, o sistema de relación  co resto dos pobos. Isto pasa por dar os pasos para que adecúen o Estado Español a súa realidade plurinacional, onde o pobo vasco, o pobo catalán e o pobo galego teñan amplos espazos de decisión, aínda que poidan participar en institucións comúns para, en condicións de igualdade, pactar políticas.

E que propón Jorquera para paliar o enorme desemprego?

En tempos tan duros  hai é falar claramente. A crise é tan aguda que por desgraza non hai receitas máxicas, pero cómpre cambiar as direccións das políticas públicas. Está a suceder moito do que advertimos dende que en Galiza, no Estado e en Europa se apostou pola mal chamada austeridade. Nun contexto de crise se os poderes públicos optan por unha redución drástica do investimento, están a renunciar a facer políticas anticíclicas, a que a investimento público faga de locomotor da economía. Unha estratexia fundamentada nos recortes o único que produce é agravar a crise e o paro. A primeira prioridade das políticas públicas nun intre de crise é que sexan anticíclicas para favorecer a creación de emprego. Para que isto non xere un desequilibrio maior das contas públicas, cómpre unha reforma fiscal, demandar un esforzo fiscal moito maior a quen máis recursos ten. Hai un paradoxo en Galicia e no Estado Español. Mentres hai un empobrecemento das clases medias e baixas, o sector máis rico da sociedade cada vez o é máis. A maneira de corrixir isto é unha reforma fiscal.  Tamén tería un extraordinario impacto na xeración de emprego, propostas como apostar por unha banca pública. En vez de recorrer aos recursos públicos para socializar as perdas da banca e logo que se privaticen os beneficios, que haxa unha banca pública que permitan solventar os problemas de financiamento de moitas PEMEs.

Non lle vou a preguntar porque rompeu o Bloque, pero en todo caso quixera que avaliase como poden influír as escisións no rendemento electoral no nacionalismo. Francisco Rodríguez dixo en Sermos Galiza que é normal que teña un impacto ...

É lóxico, despois do proceso que viviu o BNG, que no período inmediatamente posterior houbese un impacto. O BNG está a traballar para unha vez superado ese proceso estarmos en condicións de invertelo. Houbo un punto de inflexión na convención de maio. A sociedade puido de constatar que o BNG é unha forza viva, con miles e miles de militantes totalmente implicados en ser útiles para resolver os problemas da sociedade galega. Imos a facer unha campaña moi intensa e interactiva, sendo receptivos as propostas do BNG. Temos claro o prioritario, que o BNG sexa determinante para contribuír un cambio de rumbo drástico na orientación das políticas públicas. A prioridade é ser a alternativa ás políticas do PP en Galiza e no Estado. Respectando todas as opcións políticas, nun contexto como no que estamos, aqueles que apostan por crear unha alternativa ao BNG confúndense. A sociedade galega o que necesita é unha alternativa ao PP. O PP é quen goberna, en Galiza e o Estado, é o responsábel das políticas lesivas para a inmensa maioría da sociedade.

É moito especular e evidentemente agora non é posíbel. Pero que cómpre para que o nacionalismo volva a estar unido?

Hai que ir etapa a etapa. As persoas que deron este paso, e que afortunadamente representan unha minoría moi cativa entre os militantes que formaban o BNG, confúndense. Tentar debilitar a opción alternativa ao PP que é o BNG, o único que favorece é ao PP. Pero no BNG non estamos instalados na nostalxia, da convención saíu un Bloque claramente fortalecido, con enerxías, con propostas para ser útil á sociedade galega tras a convención do mes de maio. Sobre o futuro, o futuro dirá. A vida segue, o BNG segue e a sociedade galega o que reclama son forzas políticas que fagan posíbel un cambio nas políticas públicas, non forzas que discutan do sexo dos anxos ou que se estean a mirar o embigo continuamente. O BNG non se mira o embigo, mira á sociedade.

Imos ir rematando cunha pregunta, se me permite, un chisco máis persoal. Vostede debía estar moi cómodo en Madrid, logrando ademais unha boa proxección nos medios para o Bloque coas súas iniciativas claramente de esquerdas. E vai ter que deixar o cargo en canto comece a campaña en Galicia. Quero dicir, evidentemente era máis cómodo para vostede estar en Madrid arreándolle a Zapatero e a Rajoy que aquí tendo que aturar preguntas sobre Beiras. Por que aceptou ser candidato á Xunta?

Por sentido de compromiso e da responsabilidade. Considérome unha persoa humilde. Os militantes do BNG tiveron a oportunidade de escoller entre dous candidatos que a min me tranquilizaban, porque a outra persoa [Carlos Aymerich, daquela líder de Máis Galiza, hoxe líder de Abrente] me parece perfectamente cualificada. Faríao estupendamente. Sempre entendín a política como un compromiso cun proxecto colectivo,  nunha organización que sempre se entendeu como unha ferramenta para construír país. Houbo moitísimos compañeiros que me pediron ser o candidato a ser proposto para representar o BNG neste proceso electoral. Foi ese sentido de compromiso, non `pr apetencia persoal. Nos meus moitos anos de militancia política sempre digo que eu entrei a militar no BNG antes de que existise. Empecei a miña militancia nacionalista aos 17 anos, en organizacións nacionalistas previas á constitución do BNG, e nun contexto no que esas organizacións era ilegais. Dende que entrei a militar en política, sempre procurei supeditar as miñas apetencias persoais co compromiso a un proxecto colectivo.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

87 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 20

    eusi

    Tarde piache: a mi impediuseme votar nas duas últimas asembleas (cos recibos pagos e máis de 10 anos no partido) Trabas e mais trabas para favorecer ao hard-core. E como estou farto, VOU-ME!


    19

    vistosso

    para isso ja estades vos, o mesmo cam com as mesmas cagadas. Vai foder ao Camerum e deixa de desprestixiar ao nacionalismo que sodes pior que a viruela


    18

    prol

    Cocacola sen cafeina non é cocacola, gasosa sen gas non é gasosa, cervexa sen alcol non é cervexa... bng light é traizón da ideoloxía!!! Aquí non se di nada novo, o discurso está adulterado máis que gastado, non atrae nin fisica -ollo que a min non me importa, pero é a liña de marketing que segue o bng, a escollida e falla a toda luz- nin emocionalmente (as masas pasan, pouco avanzamos desde o Guillerme). Jorquera oficiando e Nestor Rego ditando, nos anos oitenta xa o fixeron cos CAF, o conto é vello e o final coñecido. bng de ocasión, para capear o temporal ou para acabar naufragando de vez. políticos de terceira rexional para momentos especialmente delicados: os resultados serán os merecidos.


    17

    pepe2011

    O XEFE DE JORQUERA: Historias do Señor Rego. Poderiamos contar moitas deste home. Pero unha das máis recentes é a súa fuxida do Concello de Santiago. Presentouse polo BNG de candidato a alcalde nas penúltimas eleccións municipais. E ao mes despois das eleccións abandonou a política municipal sen dar ningunha explicación. Moitos dos seus votantes molestáronse moito, pero a el todo iso tráella ao pairo. O seu mundo é outro. O da alta política. ¡Vaia comandante para comandar o BNG!

    5 respostas
    1

    Por Rayleigh: Ostras...e os que escaparon coas actas como concelleiros polas listas do BNG, os tratamos coma héroes!! Outros tiveron a decencia de meterse cos marchosos pero dimitindo, cando se presentaron polo BNG, mesmo como candidatos a alcaldía. E ti os aclamas. Menuda ca.ada de post, meu rei!! Seguro que estiveces 3 días pensando en como podías botar m.rda sobre Néstor. Pois espero que tamén se molesten cos marchosos os votantes. A próxima vez aprendes a non botala contra o vento. Sodes unha caricatura.

    2

    Por ;))): O palanganeiro Rayleigh cambiou de amo. Parabéns!

    3

    Por pepe2011: Rayleigh, eu non aclamo a ninguén. ¿Liches ben? Só falo deste home. Ao resto da túa mensaxe tan violenta non contesto. E o que dixen é certo, de pe a pa. Enganou aos seus votantes. Fuxiu. O que fagan outros non xustifica o que faga este. ¿Pero que forma de razonar é esta?

    4

    Por Rayleigh: Que si..so falas deste home. Antes falabas de Paco R, e seguro que tamén de guillerme. Miñas desculpas (jeje). Ti vas de militante en militante. Fuxiu por que ti o dis e nótase que non te cae ben. E non vexo que fixera nada máis estrano que o que fixeron moitos que son agora aclamados coma heroes por aquí. Ti mesmo poñes: "o xefe de Jorquera" nun post que non fala de Néstor. Xa non aguantabas máis e puxeches o mesmo post en 2 novas distintas. A falta de Paco R, necesitades novo boneco para o pim pam pum, non? Eu razoo que non eres ten intelixente coma te cres pensando que ninguén se ía dar conta. E din no cravo. Coidado co vento, rapaz.

    5

    Por :-D: Rayleigh denúnciaos na comisión antitransfuguismo, sorte.


    16

    A boas horas

    "En Galiza necesitamos unha alternativa ao BNG". Ata aí, totalmente de acordo. Pero que! A quen lle corresponde liderar e catalizar esa alternativa? Que pintas logo ti aí, Francisco? E o que había que facer en 2009 para que agora non fose necesaria esa alternativa, non se fixo, así que a que vén laiarse agora, pasmóns?

    3 respostas
    1

    Por eiquí: O enunciado di: "En Galiza necesitamos unha alternativa ao PP, non ao BNG"... haztelo mirar, rapazote. Vaia fauna pulula por estes lares...

    2

    Por Rayleigh: É que a este xentiña que pulula por aquí, crese moi intelixente e case non sabe nin ler. O que di Jorquera é unha obviedade pero moitos non saben nin de que fala. Moi ben por Jorquera.

    3

    Por ;))): O palanganeiro aplaude o que di o señor, que menos se quere comer quente... Canta miseria hai no impaís!


    15

    Exmilitante

    É hora de moderar comentarios, iso si, non fagan como en Terra e Tempo, que publican só os da súa corda. Aquí á vista dos que se colan, fai tempo que deixei de comentar e cada vez entro menos. Mágoa que a xente siga sen madurar. Deime de baixa do BNG no 2007, no poder, cando outra xente doutra corda se colaron. Seguramente cando se perdeu o poder marchou por onde viñeron. No bipartito, houbo 2 ocasións nas que se demostrou que xa non era aquilo de PSOE-PP a mesma m... é. Para min foi determinante ao comprobar como se venderon por un prato de lentellas. E non falemos dos chiringuitos que se montaron, despois de criticalos. O declive comezou con Beiras, na miña opinión porque a xente comezou a notar que nos concellos onde se gobernaba facíase o mesmo que o PP-PSOE. Os seus votantes perdoan esta practicas, se non fose así xa desaparecerían, pero o votante do BNG coido que é -eramos- máis críticos e isto non o perdoan.

    1 resposta
    1

    Por Exvotante: No BNG pisar moqueta e escarallarse foi todo un. Quen ía pensar en 1997 que as cousas estarían agora así para o nacionalismo galego? Pero claro, se tiveron a oportunidade de demostrar que se podía gobernar doutra maneira e o que fixeron foi seguir afondando no burato do Gaiás, ir bailar coas vellas igual ca don Manuel ou facer vídeos coma aquel de "Eu son Anxo Quintana" mentres Rueda e demais familia lles botaban porcallada enriba, que carallo esperaban?, que o pobo tragase? Para facer pepeiradas xa está o PP.


    14

    Galicia Confidencial

    Varios comentarios foron eliminados deste fío por conter insultos.

    2 respostas
    1

    Por Black Crow: Pues no sé porque la verdad. Yo eximo a GC de eliminar los comentarios ofensivos hacia mi persona por la siguiente razón. Por ejemplo, me parece altamente instructivo cabrear a alguien que en teoría defiende los derechos de las personas y te replique "ti cala, maricón", o alguien que se le llena la boca en defensa de la ley de dependencia y te tilde de "subnormal" o "tarado". Pero bueno, como yo defiendo el derecho irrenunciable a la propiedad comprendo perfectamente que cada uno hace en su casa lo que quiere y si no quieren insultos, pues adelante, bórrenlos.

    2

    Por Brown: Será que por aquí tamén se deixan caer os Rouco Varelas, Aquilinos Polainos, Mayores Orejas (e menores cerebros) e demais ralea peperil.


    13

    bouzas

    As respostas do camarada Jorquera son de parvulario. Son as mesmas de hai unha década, receitas da socialdemocracia -nun mundo cambiante que non se recoñece a si mesmo-, mesturadas con nacionalismo dos anos setenta -discurso de novo sen actualizar, que ben podería ser da clientelar e corrupta dereita catalana, logo queixanse da perda de seguidores-, que pretende aplicar un lider dun partido que se di marxista-leninista (UPG). Que aporta a resposta sobre o desemprego? Nada, vaguedades cando se precisan medidas radicais. Hai alternativa no BNG? Non, só hai alternancia no poder, un quítate ti para sentarme eu. Pode ser doutra maneira? Non, Jorquera é produto do sistema, político profesional sen oficio nin beneficio fóra do aparato. Experimentemos outras vías xa!

    5 respostas
    1

    Por teis: e cales son esas alternativas? Ou falas por falar?

    2

    Por bouzas: Os que estades acostumados a comer o menú preparado aínda que vos poñan diante a carta non saberedes escoller, e menos experimentar... O máis próximo que hai a un mantido do PP é un merendiñas do BNG.

    3

    Por Rayleigh: O Bouzas coma sempre, non sabe nin de que fala. Iso si, pedante é un rato largo. Xa ves..criticando o marxismo-leninismo, os mesmos que logo se meten coa FPG na cama, ou co PT. Ou seguro que cando ensina Cuíña o carnet do PP, ponse a babexar e polo tanto todo o que queda a esquerda, parécelle, coma a Bascuas: moi esquerdista. Logo coma sempre, a referencia o bandullo que polas veces que o repite parece que o bota de menos e lle falla o subconscente. Para Bouzas, a política é algo tabernario e que se parece moito o clube da comedia.

    4

    Por ;))): Que raro, ti Rayleigh non protestabas cando no BNG había liberais como Padín, mesmo xente de dereitas declarados como os do PNG, tampouco cando os da FPG eran do Bloque... Non podías facelo, pois ti nunca militaches no BNG, ti tocas de ouvido, repites o que che mandan, estilo papagaio. Unha sorte de páxaro mantido que ten medo a perder as comodidades da xaula, pobre paxariño, fóra fai frio...

    5

    Por Rayleigh: Ti tampouco criticabas (por moitos nicks que te poñas, Serafin) cando votabas a marxistas-leninistas. A saber cantas veces votou este Bouzas a este marxistas-leninistas. E mentras agora os critica, vaise de copas coa FPG!! Os estragos que fixo a LOGSE!! Gaiola e non xaula. Que como te pille o teu colega xoelho, vaite dar. Algúns van saber o que é frío e se darán conta que regalaron a casa...


    12

    Sabinax

    Anguita, o irmandiño de Izquierda Hundida http://www.20minutos.es/noticia/151...


    11

    Ricardo Reis

    En Galicia necesitamos unha alternativa ó PP, ó BNG e ó PSOE, se pensamos nos nosos fillos. Hoxe o IBEX -3 por cento e a prima de risco en 574. A República Federal Ibérica (chegaremos a ela) está quebrada. Este home é un político profesional (nunca traballou) que apoiaba a ZP cando esta gastaba durante tres anos 27 MILLÓNS DE EUROS DIARIOS máis dos que ingresaba (datos do BCE). Pura oligarquía.

    15 respostas
    1

    Por Ricardo Reis: Noam Chomsky, "10 estratexias de manipulación mediática": 1. A estratexia da distracción: "El elemento primordial del control social es la estrategia de la distracción que consiste en desviar la atención del público de los problemas importantes y de los cambios decididos por las elites políticas y económicas, mediante la técnica del diluvio o inundación de continuas distracciones y de informaciones insignificantes."

    2

    Por serxio: JAa ja ja Noam Chomsky é un anarquista, queres introducir o anarquismo aqui? Sería o primeiro sitio onde se establecera fora do local onde se reunen os 4 ácratas que quedan. Outro idealista practicando o onanismo cibernético.

    3

    Por Ricardo Reis: No goberno bipartito, houbo dúas ocasións nas que PP, PSOE e BNG votaron conxuntamente: 1. Subida de soldos dos diputados, 2. Plus dos altos cargos que, sendo funcionarios, volvían ó seu traballo. ¿Necesítanse máis evidencias para aceptar que teñen intereses comúns? Necesitamos aire fresco para defender os intereses de todos os galegos. Toda esta oligarquía a traballar, e ós que veñan limitación de mandatos. É o único punto de partida posible. O demáis, xogos malabares.

    4

    Por Alberto Caeiro: A República Federal Hispanistana chegará o mesmo dia que Xibraltar sexa español: nunca. O que veremoes en pouco será a independencia de Euskadi e Catalunya (estana poñendo "a ghwebo" con esta desfeita), e moito sunormal vai ficar co pe en cambadela. A ver se hai sorte e nos invade Portugal (antes de que fagan o chiste, a ver canto tarda o PP en deixar España pior do que está Portugal agora)

    5

    Por serxio: Ou sexa Ricardito, que baixandolles o soldos os deputados, sacando os plús e demais caralladas chegamos a resolver a crise e acadamos a tua anarquía? Recomendoche que vaias o diccionario e repases o concepto de oligarquía, e quenes son esos poucos que en realidade mandan. Porque hai moito iletrado con Interné.

    6

    Por serxio: Ou sexa Ricardito, que baixandolles o soldos os deputados, sacando os plús e demais caralladas chegamos a resolver a crise e acadamos a tua anarquía? Recomendoche que vaias o diccionario e repases o concepto de oligarquía, e quenes son esos poucos que en realidade mandan. Porque hai moito iletrado con Interné.

    7

    Por anonimo: Os 25 anos de Lores como concelleiro responde a ese 1º punto de distración do que fala Chomsky. Aparte to tufo fascista que ten esa conmemoración.N. Chgomsky non deixa de ter razón por moito Anarquista que sexa.

    8

    Por Ricardo Reis: Se vostede tivese certo grao de cultura, don Serxio, sabería que cando na transición se aprobou (DE XEITO PROVISORIO PARA EVITAR O GOLPISMO) a Lei electoral e a Lei de partidos, xente moi preparada vaticinou que esa provisionalidade era ficticia e que pasabamos da Dictadura franquista a unha oligarquía na que o poder total iba estar nos aparatos dos partidos. E a corrupción é consustancial á oligarquía. ¿Ou tampouco existe corrupción?. Olle como elixen en Francia e compare ho. Non compre ser un estadista para ver a diferencia.

    9

    Por Ricardo Reis: Poñereille un exemplo, don Serxio, que non tera dificultade en entender, para que se entere de quen ten o poder. Endesa era unha empresa española con sede fiscal en Madrid (IVA e impostos na capital). ZP pactou no Tinell que Gas Natural (TRES VECES MÁIS PEQUENA PERO CON SEDE EN BARCELONA) absorbese a unha das tres grandes multinacionales españolas (esas que axudan a pagar a cama do hospital que nos agarda). Dixo, tratándonos como se tivesemos 12 anos, que era para facer un gran grupo enerxético español. ¿Non lle parece que para eso o lóxico era que a grande absorbese á pequena? ¿Dase de conta onde está o poder, don Serxio? Ó mellor non sabe que Endesa é agora italiana. ¿Non sucederá que o iletrado éo vostede?

    10

    Por Celidonio: Non te molestes cos serxios de turno... Hai moito palanganeiro, o triste é que os do BNG son mesmo peores que os do PP cando se trata de defender privilexios, negocios de partido e aparato da caste política. Votan xuntos e xuntos deféndense uns aos outros. Moito máis próximos están os políticos do PP e do BNG entre si, que calquera destes co povo. Son parte do problema, polo tanto hai que limitar os políticos de oficio facendo que a sociedade participe e controle. Pero falamos de Jorquera, sen oficio nin beneficio fóra da política, un exemplo do que non debe ser.

    11

    Por anti trolls: moito bulto sosperitoso é o que hai, miñaxoias que tragan o que lles dean. Celidonios e papa fritas Ricarditos. Os políticos van a ver se as verdadeiras oligarquias lles pagan os favores prestados. Moito iletrado con Interné que non se decatan que vivimos nunha PLUTOCRACIA.

    12

    Por Xoelho: Alberto Caeiro, a república federal ou confederal ibérica é perfectamente posible, o mesmo que outras alternativas, e iso incluso se se producen a curto ou medio prazo as independencias de Euskadi ou, máis probablemente, Catalunha. Nada é descartable, e dicir o contrario é ser un ignorante.

    13

    Por Xoelho: En canto a Xibraltar, acabará sendo espanhol porque o destino das colonias, á longa, é desaparecer. Igual que Ceuta e Melilha acabarán sendo marroquinas.

    14

    Por Xoelho: Eu coido que hai trolls (e non me atrevo a sinalar ninguén) que facéndose pasar por supermeganacionalistas-esquerdistas, en realidade tratan de tirar abaixo todas as propostas verdadeiramente progresistas para que todo siga como está, creando conflitos dialécticos artificiais entre a xente deste e outros foros. Serven ao PP e os intereses que ese partido ten detrás.

    15

    Por Xoelho: Ou incluso ao partido único PP-PSOE, cando atacan sen piedade aos que se enfrentan a hexemonía deses dous (a IU ou o Syriza grego, por exemplo, e incluso ás veces ao BNG, e, olho, que son criticables).


  • Páxinas
  • 1
  • 2