Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/06/2012
Polémica entre La Voz de Galicia e a CIG. A FORGA, unha fundación vinculada ao sindicato nacionalista, acaba de botar 15 traballadores, segundo a central. Son 30 a través dun ERE que se aproveita da reforma laboral e que afecta só aos que non son da UPG, segundo a cabeceira coruñesa.
"Gustaríamos saber en que se fundamenta La Voz de Galicia para facer as afirmacións e acusacións que fai, sen previamente contrastalas coa dirección da nosa entidade; non sendo que o que procure, a Dirección do xornal, sexa facer algo totalmente alleo ao xornalismo e á ética xornalística", clama a Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA).
La Voz denunciou que "o sindicato CIG acaba de acollerse a unha das ferramentas reforzadas pola recente reforma laboral para prescindir de 30 dos seus traballadores". A cabeceira tamén cita fontes dos afectados para acusar á FORGA de botar só traballadores que non son militantes da UPG. A UPG é o principal partido comunista dentro do Bloque e cuxos militantes artellan democraticamente os principais órganos de goberno do sindicato CIG e do BNG.
A FORGA rebate que só botou 15 asalariados (4 deles de xeito temporal) e nega o ERE ou que se aproveitase da reforma laboral, contra a que a CIG convocou incluso unha folga xeral. A Fundación culpa ao PP dos despedimentos, por reducir as subvencións para a formación dos asalariados. Así, asegura que dispón dun 80% menos de cartos para organizar cursos que en 2009. A FORGA tamén destaca que lle ofreceu as "mellores" condicións aos despedidos, por exemplo 40 días por ano traballado aos que perden definitivamente o seu emprego.
A CIG acaba de gañar as eleccións na Voz
Para comprender mellor este cruce de acusacións, cómpre ter en conta que a CIG acaba de gañar as eleccións sindicais na Voz. Este grupo mediático atópase, como case todos, nunha delicada situación económica. O ano pasado o seu cadro de persoal referendeu un plan que inclúe unha sucesión de despedimentos e prexubilacións. La Voz é, ademais, un medio tradicionalmente moi crítico coas mobilizacións do nacionalismo de esquerda e da CIG en particular.
Os problemas económicos entre os sindicatos non son exclusivos da CIG. Por exemplo, traballadores do SLG levaban a semana pasada meses sen cobrar, un dos factores que contribuíu ao relevo na dirección da central.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Segue:É falso que os despedimentos e suspensións temporais de emprego da FORGA sexan trinta, é falso que a FORGA sexa o brazo político dun sindicato ou dun partido, e tamén é falso que a FORGA presentara un ERE extintivo nos termos que apunta o xornal. As realidades que están a inventar algúns xornalistas de La Voz teñen efectos prexudiciais para o país galego e, por riba, serven para agachar o feito probado de que as reducións da plantilla da FORGA e doutras entidades vencelladas á formación profesional son froito da política do PP para que os cartos que administra no eido do emprego, que sufriron fortes recortes, sexan para as empresas dos militantes e simpatizantes da dereita.
Segue: O certo é que nos presupostos do 2011 e nos do actual exercizo o Goberno autonómico reduciu entre o 50 e o 85% as súas aportacións á FORGA e outros prestatarios de servizos coa finalidade de beneficiar ás empresas que dirixen os "amigos" do PP, caso de Gerardo Crespo, que na actualidade é un dos presuntos membros dunha rede adicada ao aproveitamente irregular ou ilegal dos subvencións que administra a Consellería de Traballo, feitos que están a ser investigados pola Xustiza. La Voz de Galicia tamén insinúa que as medidas laborais aplicadas pola FORGA son consecuencia dunha decisión ou suxerencia da UPG ou da CIG... Este e outros contos de La Voz non só forman parte da intención do "grupito" e de Santiago Rey Fernández-Latorre de desprestixiar á esquerda, aos sindicatos e ao nacionalismo galego, senón que por riba de todo teñen unha intencionalidade económica: manter as subvencións e as axudas que a empresa editora recibe da Xunta.
No blogue dos ExVoz: A resposta de La Voz ao triunfo da esquerda e do nacionalismo nas eleccións sindicais La Voz de Galicia ven de informar que FORGA, vinculada ao galeguismo, procediu ao despedimento de trinta traballadores a través dun ERE, aproveitando (segundo La Voz) a reforma laboral do Goberno español do PP. Sempre segundo La Voz, eses despedimentos non afectaran aos traballadores simpatizantes ou membros da Unión do Povo Galego (UPG), o partido de esquerdas que lidera o Bloque Nacionalista Galego (BNG). A noticia é unha das manipulacións informativas ás que se prestan algúns xornalistas de La Voz e, ¡por casualidade!, a película se difunde xusto cando a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de gañar as eleccións sindicais celebradas en La Voz de Galicia SA.
Ao marxe de polémicas, compre ler o que hoxe publica ExVoz: http://exvoz.canalblog.com/archives...
Que o ERE na Forga, igual que pasará nos liberados da CIG, afecta só aos que non lle renderon pleitesía e obediencia cega a Suso Seixo é un feito perfectamente contrastable. Os ghichiños da Grande Obra UPG non van ao paro. Postos a falar da FORGA se pode falar das súas finanzas e dalgúnhas desviacións económicas para tapar buratos noutra organización. Preguntádelle a Suso Seixo e a Oubiña Parracho. Tamén a Sabio Maroño, o ghicho que está tirando moito partido dos seus coñecementos da contabilidade da FORGA.
Por na galiza: iso xa o contestaron antes. aporta algo novo, anda. é que non sabes como responder aos comentarios anteriores? os ghichiños da UPG si que van ao paro.
Por Mario S.: Non sei de onde sae a noticia. Eu sei dalgúns que van á rúa e é son militantes ou próximos á UPG. O único que interesa a este medio e outros nos últimos tempos é desprestixiar a unha forza política que centra o seu interese no País no lugar de en personalismos. E non, NON son militante. Pero a este paso e con semellantes novas e comentarios non sei se tardarei moito.
Buenas noches me voy a dormir que a mi no me paga ningun sindicato como a vos y mañana tengo que currar 10 horas seguidas gracias a vuestras magnificas negociaciones!!!! Superdotados
Explicar lis bonos preferentes? Porque me parece fuerte que la CIG siendo un sindicato sin fines de lucro invierta dinero nuestro, de todos los afiliados en bonos preferentes para sacar beneficio que no se declara ni se dice en junta
Por soñador: En serio acreditas nesas tonterías?
Por Luna: No creo que sean tonterias!!! Hubo un empleado de una banca que ya me lo comento y no le creí y ahora esto me hace pensar de estos no me fió!! Hay mucho muerto de hambre aqui!!!!
Por soñador: Eu teño un can que me dixo que que os de CCOO afilianse á CIG para transformala noutro sindicato do PP. Non sei se fiarme do que me dixo.
Por Luna: A mi tanto me da!! Un sindicato como otro total los trabajadores estamos jodidos y ustedes chupando del teto!!!!
Por eu mesmo: pois afiliate a outro pois estás no equivocado.
Por P. Garcia: Ao final o problema non son o goberno e os bancos, senón os sindicatos. ¡Cantas barbaridades hai que ler!
Deberían cerrar estos sindicatos que solo velan por sus intereses y se pasan por el forro los verdaderos derechos de los trabajadores, que se puede esperar de la cig si no son capaces de respetar a sus propios empleados, si echan a la calle a sus propios delegados sindicales porque no comulga con sus modos operanding de amenazar, amedrentar y hacer todas las atrocidades que hace antolin alcantara que esta condenado por asaltar la cunta de Galicia. Es vergonzoso que 4 monos sin estudios y una cuerda de chupones estén viviendo a cuenta de nosotros lis trabajadores, pero deberíamos darnos de baja de esta porqueria de sindicatos y que paguen todos lis que estén imputados tanto por pegarle a una mujer, como por asaltar a la xunta, no quiero ser representada por esta gente
Por anul: Ti non és afiliado da CIG, a unha persoa que a condean por facer ación sindical sempre hai que apoiala, aínda que non simpatizo con Antolín, nestes momentos estou máis con él que con ninguén, e a CIG é un sindicato que se molla, e onde hai moita xente (moitos non asalariados do sindicato) que estan a dar moito polo ben de todos. Outra cousa é que o noso gran sindicato este dirixido por unha organización chamada UPG, que ten moitos outros intereses noutros frentes, e tiña moitos favores que pagar, isa é a enfermidade da CIG, e non a xente que loita nas mobilizacións.
Por soñador: LUNA, pois se pensa iso da CIG, deberíaste dar de baixa (dubido que estexas dado de alta). evidentemente non sabes onde estás.
Por Luna: Soy afiliada tanto como tu, lo que me diferencia de ti es que yo si soy una trabajadora y tu parece que eres uno de esos que estais en la cig coordinando los asaltos a la xunta y planificando a donde hacer daño a la sociedad, pero confió que la gente se de cuenta de la clase de dirigentes que existen en ese sindicato, no querais inculpar a otra gente de vuestros actos, que probados estan y por eso estais siendo procesados, por algo os han sentado en el banquillo.
Por soñador: E estás afiliada! Meu deus, deberíante denunciar por colaboración con banda armada.
Por Luna: Evidentemente que este año ya no me daré de baja ya que pague, pero si estoy promoviendo esto dentro se mi empresa porque soy unos sin vergüenza que so veláis por vuestros interese y vuestro bolsillo!!! Y hablo de la CIG por que es donde pago y quisiera saber a dinde va a para ese dinero, donde va a parar el dinero de los cursos de forga? A lo mejor parte de ese dinero es el que esta invertido en preferente!!!!! Y a lo mejor ese dinero sirve para pagar vuestras manifestaciones en apoyo ha antolin, o de donde sacáis dinero para las pancartas, para amedrentar, para obstruir la justicia que es lo que haceis cuando os descubren el petate, pero aun os vendrá las 7 plagas por mal gestores, por incapaces y pagareis el sufrimiento de tanta gente que ha perdido el trabajo por vuestra incompetencia!!!!
Por Luna: Soñador baja de la nube y deja de sangrar por la herida!!! Precisamente por eso estoy avergonzada en que seáis vosotros 4 incapaces que nos representen a los trabajadores de Galicia, faltaría mas que yo tuviera que pagar moralmente encima de lo que ya pago durante el año, yo pagar las barbaridades que haceis vosotros? Ese fiscal si da conmigo no os caen menos de 10 años
Por eu mesmo: e pagas por ano... na cig... si. claro. afiliada
Nin rastro deste escándalo en Sermogaliza.com, por que será?
Por pexa: Onde está o escándalo? En que unha organización adicada a formación en base a fondos públicos se lle recorte o 80% da súa financiación, e por iso teña que prescidir de traballadores? ou que a Voz de Galiza e outros resentidos co nacionalismo aprobeiten para ciscar merda, mentiras e manipulacións mal intencionadas?
Por Xasevera: O escandalo aínda esta por vir, todo ó seu tempo, teredes información detallada dos acontecementos, o que sae eiquí e o da nota da voz e unha palliña comparado coa realidade, pero xa teredes ocasión
Por eu mesmo: Chorradas Xaseverá. Faltouche engadir que pronto sairán os vínculos con Chaves e os Khmers Bermelhos
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting