"Non teño na cabeza ser candidato, pero non pecho ningunha porta"

Xosé Manuel Beiras deixa claro que o modelo que precisa Galicia é un "movimento" de grupos e persoas e non unha fronte de partidos. Fai un chamamento aos integrantes de CxG para traballar xuntos por un proxecto común dentro do nacionalismo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
"Eu non creo que sexa un candidato para andar, porque non estou para iso, nin o teño na cabeza". O histórico dirixente nacionalista compareceu este mércores públicamente, logo de meses de silencio, para falar do Novo Proxecto Común e para suliñar que, polo momento, non pensa en lideratos. "Se o Beiras fora a persoa idónea para lideralo xa estaría traballando cun directorio desde hai meses pero non é o caso. O máis importante, agora, é ser un militante máis", suliñou.
 
En todo caso, Beiras non pechou a porta a liderar a futura organización se así o queren e o piden o resto dos militantes pero, insistiu, en que agora, "o máis importante", é artellar esa nova forza. Por iso, quixo deixar claro que Galicia necesita dunha nova organización nacionalista de amplo espectro, artellada "de abaixo a arriba" e configurada coma un "novimento", e non coma un partido político tradicional.
 
O ex voceiro nacional do BNG evitou incidir no Novo Proxecto Común, que naceu tras a escisión do Encontro Irmandiño do BNG, e que o vindeiro 14 de xullo celebrará o seu congreso constituínte. E o fixo para "abrir portas" e tender pontes. De feito, boa parte do seu discurso estaba dirixido a esa outra parte do nacionalismo galego que se constituiu en torno ao Compromiso por Galicia (Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas).
 
"Eu xa teño certa idade e vivín varios fracionamentos dentro do nacionalismo e sei que non son bos. Se no 82 se integraran moitos dos actores nacionalistas teriamos gañado dez anos, como logo aconteceu", dixo nun claro mensaxe a CxG. "No proceso feito desde arriba, alén de pronunciamentos, existen actividadees realizadas polos de CxG e poden confluir, perfectamente, co NPC", sinalou.
 
De abaixo cara arriba
 
Por iso, insistiu na necesidade de remar xuntos cara a un novo "movimento" nacionalista pero aclarou que o proceso de constitución "ten que ser diferente". "Non vale que os dirixentes se poñan de acordo para crear directrices ou proxectos e logo que llos presenten á sociedade. Ten que ser á inversa", dixo facendo alusión ao que fixo a coordinadora do NPC.
 
"Por iso é necesario dialogar con estes grupos políticos para chegar a un proceso feliz. Eu estou a favor diso", suliñou, "pero iso non debe substituir a dinámica principal". Así, apostou por ver as coincidencias que os unen e que as direccións dos "grupos" entendan que "o protagonismo é da xente e dos militantes".
 
Neste sentido, Beiras fixo dous chamamentos para traballar por ese proxecto común; un ao conxunto da militancia e outra aos cidadáns que están "nunha ou noutra óptica" nacionalista. "Hai cofluencias e ten que ser entre os cidadáns pero ese diálogo entre grupos ten que continuar tamén", engadiu. "Hay que sumra e non entrar en disputas sobre os espazos políticos". E é que o gran temor de Beiras é que se repita o do 82 e o nacionalismo se esfarele en varios grupos. "Para evitalo temos que falar e entendernos". Iso si, insistiu en que ese diálogo ten que ser de abaixo cara arriba e que a ferramente política non debe de ser un partido.
 
Un "movimento" e non unha fronte
 
E preguntado por GC sobre as similitudes dese novo "movimento" con un "BNG bis", Beiras foi contundente. "Un partido ou unha fronte de partidos é o trator dun proceso político en relación coa sociedade e un movimento é o inverso, xa que é a cidadanía a que é activa e participativa". E pouco máis sobre a engranaxe dese "movimento".
 
Sobre os tempos electorais, o histórico dirixente nacionalista dixo que o proceso "non é lento" xa que o NPC comezou en marzo e o vindeiro 14 de xullo celebrará o seu congreso. "A final de maio xa había 43 asembleas constituídas nas que participou xente da FPG, do MpB, de Causa Galiza, de Máis Galiza e xente independente ou procedente doutros colectivos", insistiu. Por iso, afirmou que "estarán preparados" ante a convocatoria de eleccións autonómicas, sexan en outono ou en primavera.
 
"Alianza de clases" 
 
Respecto á posibilidade de que nese "movimento" estean forzas indepedentitas e de dereitas, tamén o Beiras foi rotundo. "Nas eleccións de 1989, Converxencia Galega afundiuse. O 50% dos seus votos foron para o BNG. Pouco despois integrouse dentro do Bloque, un partido de corte centrista e galeguista como foi o PNG. O importante é que haxa unha alianza de clases", suliñou.
 
Antes da súa comparecencia, Beiras quixo explicar o "silencio" que mantivo durante estes meses. "Levo moito tempo calado con vós e hai motivos, porque puxen coidado en ter un comportamento público que evitara interferir nun roceso importante", indicou. "O Beiras é o Beiras e por iso consideramos que o protagonismo tiña que ser dos cidadáns e por iso fun escrupuloso para que non houbera a percepción de conductismo".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

101 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 35

    Roi Xordo

    Beiras foi o maior activo social do nacionalismo galego (en toda a súa historia), e a UPG non soubo, non quixo, ou máis ben non lle conveu, asumilo. Pero o propio Beiras queimouse internamente coas súas andrómenas, cos seus caprichos, e coa súa manifesta deslealdade, superior incluso á da propia UPG, para co BNG. Agora o nEcionalismo galego está a piques de esmorecer por sempre, grazas a Beiras e máis á UPG, ou á UPG e á Beiras, que tanto ten. Tralo naufraxio común, e a nova victoria do españolismo, espero que a vella garda duns e outros marche para casa, e as novas xeracións, se é que existen e teñen sitio, aprendan dos erros do pasado. Inda que con tanto necio, tanto a babor como a estribor, será que non.

    3 respostas
    1

    Por anonimo: Que pesimista!!

    2

    Por comento: iso de culpar agora a Beiras, o mellor presidente que nunca tivo Galiza, do esnaquecemento do nacionalismo, xa vai lonxe de máis. O nacionalismo galego esanaquizouno a UPG e os seus coronereis. Podedes dar as voltas que querades, as terxivesacións mçais inverosímiles, as inxundías máis ruínsm, as mentirás máis comúns..que nunca, nunca, nos faredes crer que a U foi a pobre alma, luz e faro do nacionalismo galegto. Foi e é un bichoomnívoro que, curiosamente, é o movimento político do nacionalismo máis semellante ao PP de Galiza e os seus feudos.

    3

    Por Rayleigh: jajaja..claro comento. Beiras perdeu un 18 % dos votos en 4 anos, pero a culpa foi do cha cha cha. Logo poñía a parir o BNG en todo foro, medio que lle poñia un micro na boca e directamente pasa de todo (cando foi o último mitin de Beiras no BNG? Polo menos 10 anos). Pero el non tivo a culpa. Iso non fai perder votos. Son os outros. Tedes que facer AUTOCRÍTICA e deixar de intentar modificar a historia. Dicir que o BNG, é o máis parecido o PP, pois directamente é non saber o que dis. NUNCA os dirixentes dun partido, permitiron TANTA LIBERDADE a que mediocres seguiran esnaquizando o proxecto do que formaban parte. Se o BNG fora o PP, faría tempo que vos pegarían unha boa patada.


    34

    ADRIÁN SOLOVIO

    EXCLUSIVA: Así foi como naceron o Novo Proxecto Común e Compromiso x Galicia CONVERSA EN MONTE PÍO http://www.youtube.com/watch?v=up8d...

    2 respostas
    1

    Por Yahamoto: Con esta rochada de videos, teño máis claro que NPC e C*G acabaran como o rosario da Aurora. Patético.

    2

    Por votante: O malo é que o video está feito por xentes que combates ao novo proxecto nacionalista.


    33

    Xurxo

    Da gusto escoitar a Beiras. Isto e nivel e non o da UPG.Beiras e o maior activo electoral do nacionalismo galego

    2 respostas
    1

    Por Yahamoto: Pois eu prefiro escoitar a Paco Rodríguez. Se cadra, non sirvirá como cartel electoral, pero é unha das mentes máis brillantes que existen en Galiza actualmente.

    2

    Por Adrián: EXCLUSIVA: Así foi como naceron o Novo Proxecto Común e Compromiso x Galicia CONVERSA EN MONTE PÍO http://www.youtube.com/watch?v=up8d...


    32

    nacionalista

    Ben patéticos somos de habitual os nacionalistas coas nosas loitas familiares nos foros. Ou subimos o nivel de argumentación ou pasamos a falar doutras cousas que non sexa o do ben que estariamos unidos e do malos que somos todos que impedimos esta unión reiteradamente. Quen vai ou no vai a ter representación no parlamento o vai dicidir a cidadanía. Fagamos o traballo que hai que facer sen preocuparse en exclusiva do que fan os do noso arredor e teñamos a festa en paz.

    1 resposta
    1

    Por curuxa encarnada: Concordo totalmente co que dis!


    31

    teis

    Beiras, vin a vostede hai 20 anos, pensei que era un mesías para Galiza, trabuqueime. Caín do cabalo cando vostede, despois de apoiar a Quintana, o puxo a cair dunha burra no xornal filosocialista e españolista "El Pais". Como dí o himno da UPG: nON HAI SALVADORES SUPREMOS, NEN REI, NEN TRIBUNO, NEN DEUS. TEMOS QUE SALVARNOS NÓS MESMOS. Que será do NPC cando desapareza o Beiras? Veñen momentos duros para o nacionalismo.

    4 respostas
    1

    Por DigoEu: Eu coido que Beiras nun principio podía crer en Quintana mais despois, á vista dos feitos, non podía apoiar o que facía. Quintana non era un Beiras máis novo, Quintana era máis novo pero nin a metade dun Beiras.

    2

    Por Sondelina: Quintana deulle unha patada no traseiro a Beiras!!!. Vergoña o q fixeron co referente do nacionalismo galego.

    3

    Por Quintaniña: Que estea a punto de cumprir 80 anos non quere dicir que vai desaparecer axiña, como insidiosamente nos di Teis. Fidel e Raúl Castro son máis vellos pero están máis activos que nunca.

    4

    Por Roi Xordo: O comportamento de Beiras con Quintana foi incomprensible, sendo coma fora Beiras quen o puxo alí, en detrimento de camilo, moito máis capaz e formado intelectualmente. Cando un marcha, pois marcha, e Beiras quixo deixar un monicreque. Iso non limpa os pésimos comportamentos, por suposto, da UPG, con Beiras.


    30

    Nilo

    Esa xente que escribe o comentario que lle peta sen ler nin o que pon a nova, só pensando en como soña que é o mundo, ..., esa xente.

    5 respostas
    1

    Por Nilo: O da separación con CxG respetando os tempos das asambleas comarcais é a mostra obxectiva e clamorosa de que están a traballar dende a base.

    2

    Por Nilo: E o Beiras solucionase repasando a definición de democracia na enciclopedia. Se Beiras é ou non candidato será se as cidadás e os cidadáns galegos así o queren, nin máis, nin menos, é bastante sinxeliño.

    3

    Por pinchorla: O de Beiras elexido "candidato" pola cidadanía o dirás polos militantes-simpatizantes-asambleas doNPC EI ou o que seña o conglomerado non polo pobo.Vamos que é o mesmo os de abaixo elixen aos de arriba,,,,como no BNG.Os argumentos son contradictorios e mesmo de presionar ao Beiras para cabeza de lista...non hai outro candidato..as cousas son así. O debate ideolóxico tampouco ten moito que ver entre EI+GC.G...etc.ë moita mistura...dificil converxer.

    4

    Por Nilo: É o conxunto da cidadanía quen refrenda os candidatos, e unha militancia aberta á sociedade reacciona ante a opinión da rúa.Se hai xente que se sinte máis desfogada chamándolle mesías e desnortado é libre de facelo, faltaría máis, pero non deixa de ser un autoengano. Se Beiras está onde está e se é ou non candidato é porque hai un conxunto amplo de cidadáns que así o queren, e que non lle guste que o roa. A nosa sociedade terá moitos defectos pero o feudalismo xa quedou atrás.

    5

    Por pinchorla: Perdoa pero acidadanía non elixe os candidatos-cartel dos grupos políticos, elixen aos candidatos previamente postos polos afiliad@s.En primeiro lugar sempre é o grupo político o que coloca á xente nas candidaturas...ou?.


    29

    Paulo Tomas

    O de Beiras é patético. Camiño dos 80 anos e ainda se cre indispensábel. Patético. E non son do Bloque! Pero iso de "Non teño na cabeza ser candidato, pero non pecho ningunha porta" é unha chorrada. Que me lo pidan las bases implora o divino Beiras. Un desastre. En todo caso parabéns ao BNG porque grazas aos delirios mesiñánicos de Beiras teñen garantido a súa vitoria sobre os que sairon do BNG.

    2 respostas
    1

    Por Luís Mariano: A vitoria do BNG-UPG verémola nas vindeiras eleccións autonómicas. Por que pensades que deixa a Secretaría Xeral da UPG Paquito el Chocolatero? Pois para fuxir da queima

    2

    Por Nilo: Partamos da base de que a este BNG Old School non os vai a votar ninguén que non votara xa antes BNG. Co cal o espectro de posibles votantes xa é reducido de carallo. Con tal de manterse xa sería un exitazo, e sinceramente, dubídoo moito.


    28

    Emigrante

    Dáme noxo a cantidade de comentarios contra Beiras que se poden ler aquí, senón son de palanganeiros da UPG (o BNG xa non existe, só á unha marca), unha persoa que deu todo por Galiza, que o PSOE pediulle ser ministro en Madrid canda González e non quixo, que se se presentase a deputado para Madrid o BNG tería grupo parlamentario, que na miña localidade de menos de mil habitantes emocionou e encheu o local do concello, cando Paco Rodríguez deu o seu mitin eramos 5, non sei como se pode ser tan desagradecido, cos seus fallos e as súas cousas Beiras é unha das figuras máis importantes que agromou Galiza. E grazas a el mántense agora unha morea de políticos profesionais do máis mediocre como Jorquera, Lobeira, Pontón, Guillerme, etc.

    5 respostas
    1

    Por Emigrante (2): Grazas Beiras por poñer o nome de Galiza (e chegar a superar até o PSOE) ao mesmo nivel cá Catalunya e Euskal Herria. E deixémonos de intoxicar, ou parécelle a alguén críbel coidar que a UPG non sabía que Beiras ía falar con Fraga? A mágoa é que é maior, xa me gustaría ter moitos Beiras máis, e eu si entrei no BNG por Beiras (créanmo ou non!!). Pero na Galiza temos o costume de esmagar rapidamente...

    2

    Por Ex beirista: É patético que non se poidan rebater eses comentarios contra Beiras e que so poidades descalificar a quen os fai. Beiras xa foi deputado 20 anos e quere selo outros 20 e solo faltaría que estivese exento de criticas. http://www.abc.es/hemeroteca/histor...

    3

    Por Ex beirista: Desagradecido dis: Beiras estivo 20 anos grazas ao esforzo tremendo de milleiros de militantes anonimos, deberia estar el agradecido a militancia do BNG que o puxo aí e que quixo contar con el despois como cargo de relevancia. Pero preferiu intoxicar contra o BNG na prensa para vingarse de que o quitasen. Menos ego e mais humilidade.

    4

    Por Roi Xordo: Ex-beirista, mira, sexamos serios, o BNG chegou onde chegou por Beiras, e non Beiras grazas ós militantes abnegados da UPG. Outra cousa é o seu comportamento nos últimos anos, e a corte de idólatras que o acompaña ata para mexar, a fin de sosterlla e que non se manchen os seus pulcros dedos. Iso é outra tema. Pero Beiras é quen fixo ó BNG, e non a UPG (que axudou, iso si). Outra cousa é que Beiras sexa quen despois o destruíu, ou no mellor dos casos, quen ó intentar destruilo llo regalou á UPG.

    5

    Por Rayleigh: Sinceiramente Roi..Onde ex-beirista referiuse a militantes da UPG? Referiuse a militantes EN XERAL. A UPG ten 1400 militantes dos case 9000 do BNG. Se a xente coma ti, non foi capaz de quitarlle o poder o 17% dos militantes, os que "non se mancharon os seus pulcros dedos", fóstedes vos. VOSA É A CULPA. E non da UPG que facía os deberes. Beiras, chegou a onde chegou polo esforzo UNITARIO (esta palabra davos arrepíos) de TODOS os militantes. Beiras TEN A CULPA. E ti, tamén. Máis AUTOCRÍTICA.


    27

    Ricardo Reis

    Mire, Xelo, eu son un que vai para vello e que libremente escribo o que penso, nun medio que afortunadamente o permite. Sucede que era novo nun tempo no que a loita por Galicia e a libertade tiña efectos secundarios. Por eso eramos tan poucos. Se daquela estaba disposto a asumir riscos, xa pode entender o que me afectan algunhas opinións súas e de outros coma vostede, antifranquistas con Franco no burato a fin de contas. Habería que ver onde estarían se o tempo dese marcha atrás. Polo menos pregúntelle a seus pais por aquela época. Non busque loxias mafiosas detrás de min, lea a Antonio Gramsci.

    6 respostas
    1

    Por Xelo: Vaites! Saca as tuas suxas mans de Gramscie! Nin por moi subxetivo que poda ser Gramscie podes ocultar o diferente que eres de Gramscie, eu diria que eres da corda do populismo de Inerlobotomia (só hai que ver os teus comentarios sobre os operarios da mina). Deixoche unha das suas maximas que mais me gosta: afondar nos térmos do pesimismo intelixente da realidade para poñer andar o optimismo da vontade.

    2

    Por Ricardo Reis: "No sistema social democrático burgués creáronse imponentes masas de intelectuales que non se xustifican solo para a atención das necesidades da producción, senón tamén para as esixencias políticas do GRUPO BÁSICO DOMINANTE" Solo fai falta definir en cada instante o grupo básico dominante para entender todo o aparato de prensa, radio, TV... Cando o BNG foi grupo dominante e tivo poder, un constructor (non debía ser tan nociva a "burbuja inmobiliaria")financiou periódicos nos que esa masa de intelectuales cumpliu a súa misión respondendo as esixencias políticas do grupo. Multiplíquese por 100 para os outros dous. Ese é o Gramsci de hoxe, aplicar principios que en 1920 tiñan sentido, tal cual 100 anos despois é propio de estudiantes de bacharelato.

    3

    Por Xelo: O BNG é clase dominante? porque cado Gramsci falaba de poder hegemonico cultural e de medios de información, falaba de clases dominantes sobre dominadas. Mira meu, en primeiro lugar non tes comcencisa de clase, visto nos teus comentarios sobre os mineiros, en segundo lugar ignoras algo no que Gramsci fincapé, as relacións sociais entre as forzas de producción, algo que ti ignoras reiterada e totalmente cando fas responsable de todo aos políticos. Eres a antitese do fundador do partido comunista italiano. O ditio: saca as tuas suxas mans de Gramsci!

    4

    Por Xelo: O BNG é clase dominante? porque cado Gramsci falaba de poder hegemonico cultural e de medios de información, falaba de clases dominantes sobre dominadas. Mira meu, en primeiro lugar non tes comcencisa de clase, visto nos teus comentarios sobre os mineiros, en segundo lugar ignoras algo no que Gramsci fincapé, as relacións sociais entre as forzas de producción, algo que ti ignoras reiterada e totalmente cando fas responsable de todo aos políticos. Eres a antitese do fundador do partido comunista italiano. O ditio: saca as tuas suxas mans de Gramsci!

    5

    Por Ricardo Reis: Gramsci soña e apunta que TODOS temos que chegar a ser intelectuales aínda que o noso traballo sexa o máis elemental da escala social. Antonio Gramsci pretendía que o home fose un verdadeiro home. Ese era o fin das transformacións económicas e sociales: a revolución cultural. Terreo cheo de lama nos tempos que corren, cando se corre detrás dun balón e se fala de rumores de faldas e toureiros. Pero o peor de todo son os fariseos e os manipuladores de todas as cores. Cans mercenarios a sueldo do poder.

    6

    Por Ricardo Reis: "... la escuela lucha contra el folkore y contra los sedimentos de todas las tradiciones conceptuales del mundo para difundir una concepción más moderna, cuyos elementos primarios y básicos los aporta el conocimiento de las leyes de la naturaleza ..." Este o Gramsci revolucionario ,e moderno, de "Cuadernos de la cárcel". Que lle proporcionou a Togliatti o sustento ideolóxico necesario o xiro democrático do que se convertiu no partido comunista máis importante da Europa deste lado do Muro.


    26

    Proposta

    Bascuas non ha estar moi contento. Propoño a Pilar Candocia como candidata de consenso.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4