Dignidade baixo terra

Hoxe cúmprense 30 días dende que sete mineiros da comarca leonesa do Bierzo decidiron encerrarse a 3.000 metros de profundidade para defender o seu traballo e a súa dignidade e a das súas familias. GC é un dos poucos medios que baixou ao pozo Santa Cruz, no Páramo do Sil. O fotógrafo Miguel Núñez retratou a loita destes homes baixo terra.

Por Galicia Confidencial | Páramo do Sil (O Bierzo) | 20/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

grafica GC

Estamos no pozo Santa Cruz, na localidade leonesa de Páramo do Sil, na comarca do Bierzo. Na bocamina atopamos un debuxo infantil. Asínao Noelia, de 4 anos. É unha mensaxe de ánimo e amor aos homes e mulleres que manteñen a comarca en pé co seu traballo nas minas e unha dedicatoria especial a quen se manteñen firmes baixo terra. Trátase dun dos moitos agasallos e alentos que os nenos dos colexios desta zona enviaron aos sete mineiros que se atopan encerrados na mina, a 3.000 metros de profundidade. Alí abaixo, máis debuxos decoran o angosto e lóbrego espazo que ocupan dende hai 30 días para reivindicar o seu traballo e a dignidade dos mineiros e das súas familias, e protestar polos duros recortes do Goberno central ao sector do carbón.

grafica GC 

Baixamos á mina e atopámosnos con sete homes que acondicionaron unha gruta para subsistir. O lugar é húmido, frío, insalubre, e está atravesado por unha luz fría azul metálico. Os mineiros botan de menos a luz natural do Sol e o ceo aberto sobre as súas cabezas. Esa monocromática experiencia baixo terra desoriéntaos; nunca é día ou noite. 

grafica GC

Teñen unha mesa, lanternas, colchóns inchables, sacos de durmir, luz, ducha e un teléfono a unha distancia duns 600 metros, o cal ten unha explicación: os mineiros obríganse así a camiñar e facer exércicio, ao tempo que procuran tamén certa intimidade.

grafica GC

Cada día un retén baixa con provisións e cada dous días reciben a visita dun médico. O tempo pásano xogando ás cartas, lendo prensa que lles baixan cada día, falando por teléfono con familiares e amigos, meditando, ou mesmo xogando cunha pelota de fútbol asinada polos xogadores da Deportiva. Neste espazo, varias bandeiras tanto da Ponferradina como do Bierzo danlle vida exterior a esta cova, xunto con mensaxes de apoio de mineiros doutros países de Europa, recortes de prensa, debuxos dos nenos... que decoran o lugar. E xunto cos mineiros hai outra vida máis baixo terra: un paxaro canario encerrado nuha gaiola ao que bautizaron con nome de "O Engano", unha clara metáfora da situación que están a padecer. 

grafica GC

Como na Gran Bretaña dos anos oitenta das duras medidas neoliberais do thatcherismo, cando os mineiros españois expresaron o seu apoio aos compañeiros anglosaxóns, agora chégalles a eles o mesmo respecto dende as illas británicas. E mesmo recibiron o apoio do director de cine social e realista Ken Loach. As súas mensaxes de alento chegaron directamente a esta mina. Un bo exemplo de que a minería é un sentimiento que transcende fronteiras e que pasa de xeración en xeración. 

grafica GC

A súa patroa, Santa Bárbara Bendita, preside esta escea, ocupando un lugar central, flanqueada por dous cirios bordeados por anacos de papel nos que os mineiros deixaron dúas peticións escritas: pola súa saúde e por unha solución ao seu problema.

A mina sempre foi un lugar ruidoso, máis agora está case en silencio. E esa atmósfera de absoluta quietude e silencio resúltalles estraña e case perturbadora aos mineiros de Santa Cruz. 

grafica GC

Nunha táboa van marcando con riscos os días que pasan. Alí, a 30 días e 3.000 metros de distancia dos seus seres queridos, saben que non están sós e que a xente que está fóra é o seu cordón umbilical. Milleiros de compañeiros, familiares, amigos e veciños están aí arriba para defender a súa dignidade e o seu futuro. Pero tamén son conscientes de que simbolizan un dos últimos redutos da loita de clases. Nin o obvian nin o esquecen.

grafica GC

Din que non se irán até que non acabe o conflito cunha solución para as comarcas mineiras.

A loita pola dignidade continúa 30 días despois a 3.000 metros baixo terra.

grafica GC

GC quere agradecerlle especialmente ao fotógrafo Miguel Núñez o seu traballo e fai un chamamento aos usuarios a que colaboren economicamente con nós e contribúan a que este tipo de traballos xornalísticos podan seguir vendo a luz. Se queres que un medio independente como GC siga informando sobre a verdade e publicando reportaxes coma esta, doa para que os nosos reporteiros podan seguir traballando.

Esta é unha reportaxe froito do traballo do fotógrafo Miguel Núñez e dos redactores Rosalía R. Méndez e Alberto Quian.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

29 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 11

    anonimo

    Moito lles arrepia ós pequenos burgueses todo o que cheire a ttaballo, a mans con callos, a sudor na testa, a mans cheas de carbón...naceron para señoristos pero o sistema deixounos en simples parias.


    10

    Vilarinho

    Muita força para os mineiros Galegos do berzo e as suas familias que fago estensível a os Leoneses,Asturianos e Aragoneses... A vossa luita é ejemplar...


    9

    Roberto Tojeiro

    E os "mineiros" das Pontes non dín nada? E a solidariedade obreira que foi dela? E a Federación de Químicas da CIG que dí? E o Nandi, deputado do BNGuai e membro do Comité Central da Secta, non presenta unha moción no Parlamento Galego?


    8

    Xoan T.

    Por que dignidade? Eu traballo no textil e tamén queremos o diñeiro do estado. E somos moitos máis que os mineiros. Hai moita demagoxia a conta da "épica" mineira

    2 respostas
    1

    Por Koroshiya Itchy: O que se passa é que os mineiros lutam enquanto os galegos emigram e votam no PP... Eis a diferença.

    2

    Por Vilarinho: Pois se queres os cartos do estado tes que ganhalos... o que passa e que é melhor beber umha birra e ver a eurocopa que erguer-se ás 5 da manhá a cortar auto-estradas e continuar todo o dia de luita cotra a guarda-civil co risco que te detenham ou malhem num... Som ejemplo de unidade e dinidade e por suposto de luita nos que muitos temos que aprender....


    7

    murguío

    O naval de Ferrol tamén se foi a pique e ninguén moveu un dedo por nós. E as explotacións mineiras de As Pontes ou Meirama. E o sector lácteo. E a pesca caeu a mínimos en moitos portos do país. O sector mineiro astur-leonés é ineficiente e carísimo. A solución é clara: reconversión. E o próximo, en Andalucía. Non só imos pagar os galegos.

    2 respostas
    1

    Por Koroshiya Itchy: O que se passa é que os mineiros lutam enquanto os galegos emigram e votam no PP... Eis a diferença.

    2

    Por Vitolo Cabarcos Teruel: MURGUÍO: Os das explotacións "mineiras" de Meirama e As Pontes con 50 anos foron para a casa con máis de 2500 euros ao mes e os hai que cobran máis de 3500 euros. Eu quero ir a pique como os "mineiros" de Meirama e As Pontes


    6

    Xan Antón

    3000 metros. Falades do Bierzo ou de Sudáfrica? Revisade eses datos

    3 respostas
    1

    Por Do Bierzo: 3.000 metros de profundidade, 3.000 metros baixo pedras e terra http://leonoticias.com/frontend/leo... http://www.elnortedecastilla.es/201...

    2

    Por Xan Antón: Os xornalistas non teñen nin idea. A esa profundidade vai xa calor. En toda España non hai pozos mineiros con máis profundidade de 1100 metros. O máis profundo é o San Vicente, pechado hai moitos anos http://www.ideal.es/jaen/prensa/200...

    3

    Por Ferbierzo: Son 800 metros de profundidade e 3.000 metros de distancia a bocamina.


    5

    Ricardo Reis

    O deconocemento do problema mineiro é visible: 1. Europa pechará todas as explotacións deficitarias antes de outubro de 2014. 2. Zapatero declara "estratéxico" o carbón nacional e aproba o plan 2006-20012 para baixar de 8.300 a 5.300 o número de mineiros. Para elo a edade de xubilación baixa ata os 42 anos reales (que equivalen a 52 anos doutro traballador), a produccion baixa de 12 millóns de toneladas a 9 millóns e as subvencións de 371 millóns de euros anuales a 324 millóns(39.000 euros POR MINEIRO Ó ANO). O salario mínimo é de 9.000 euros ó ano.

    8 respostas
    1

    Por Ricardo Reis: 3. A primeira consecuencia para Galicia e o posible peche das Pontes e Meirama que queiman carbón importado. A loita dos alcalde (sobre todo o das Pontes) co apoio da maior parte da sociedade galega foi alentador. Non falarei do apoio recibido polo alcalde socialista do concello no que sale a chimenea da maior térmica de España, por parte dos seus compañeiros de partido. Ler http://www.elmundo.es/elmundo/2010/...

    2

    Por Ricardo Reis: 4. Ademáis de HUNOSA que é pública e está controlada por CCOO/UGT, co que pagamos demáis no recibo da luz subvencionamos á patronal (privada) CARBOUNIÓN, que non se distingue por usar como é debido os nosos cartos: http://elpais.com/diario/2010/03/22... , http://www.elcomercio.es/v/20100211.... Podemos analizar axudas ás empresas públicas (desde logo non de máis de catro veces o salario mínimo por traballador), pero ¿por que encher os bolsillos dos que aparecen nos enlaces?

    3

    Por Ricardo Reis: 5. Ver na TV como se lle disparan cohetes ós helicópteros da Guardia Civil, se lle tiran ovos ós alcaldes elexidos democráticamente, se colocan troncos nas vías do tren que provocan accidentes..., e que o fan personas ás que lle pagamos 39.000 euros/ano cando hai máis de cinco millóns de parados e centos de miles de familias nas que non entra un xornal... paréceme obsceno. A pregunta é a pregunta: ¿onde se coloca unha persoa de esquerdas á marxe dos partidos e dos sindicatos? Eu estou con ese pai de 53 anos que, cos tres fillos na casa, se queda no paro sin prexubilación nin periodos transitorios ata a xubilación ós 42 anos. Alá cada un e a súa conciencia.

    4

    Por Ricardo Reis: Se eu estivese na pel dun amigo que leva dous anos no paro cos fillos a medio criar, e vise ó meu partido invitando ás mulleres dos mineiros para que montasen bronca no Senado, algún berro que outro botaría. Pero a decencia e o principio de igualdade de dereitos fai moito tempo que os levou o vento.

    5

    Por Ricardo Reis: Remate: aconsello ler sobre os mineiros galeses e os enfrentamento Thatcher - Trade Unions (Arthur Scargill). Un dos sindicatos que eu admiraba quedou ferido de morte cando a sociedade británica empezou a entender que Scargill defendía uns privilexios que a maior parte da clase obreira británica (unha nai de familia que traballaba no comercio, por exemplo) non tiña. Con máis de cinco millóns de parados, o de estes días e moito máis sangrante. Por outra parte, a sociedade española ten pouco que ver coa británica.

    6

    Por ufff: O final van ter a culpa os mineiros, parece que estes a defender ó estado, estas a dar o discurso de que en comparación con outros son uns favorecidos. A xente que curramos pra vivir, non soemos facer reflexións moi profundas, entre outras cousas, porque nin dios se entera das multiples mafiadas que acontecen polas nosas alturas, pero si todos os desahuciados do traballo, plantexasen a loita que esta a dar esta xente, outra realidade teríamos.

    7

    Por Puagg: Tes toda a razón ufff este Ricardiññp non é mais que outro facheiro que se agacha tras a demagoxia. Esta xente loita pola supervivencia, e a sua loita é a da clase traballadora.

    8

    Por Pastelao: Moi ben falado, Ricardo.


    4

    Pastelao

    De loita nada. Uns caraduras que levam décadas vivendo da subvención. Xa está ben do conto, a currar como todo mariasantisma.

    2 respostas
    1

    Por anonimo: Baixa tí a traballar baixo terra, campión.

    2

    Por Pastelao: Non ten por que baixar ninguén. O carbón é deficitário e manté-la indústria mineira apenas serve para manter a costa de todos os que pagamos impostos a uns privilexiados. Cumpre informar-se um pouco antes de falar. Xa sei que a alguns de por aqui excítalles moito ver o torso espido dos aguerridos mineiros e alimentar a lenda da luta do proletariado disparando foguetes contra helicópteros e comboios. Son os nostálxicos das matanzas da ETA. Non é tan de extrañar.


    3

    Comunista

    Cando o Confidencial pon o buzo de operario gaña en calidade. Poden estar a escuras pero sua loita é luz que ilumina o camiño. Forza compañeiros


    2

    xornalista

    Os meus parabéns a Miguel e Rosalía por este fantástico traballo e noraboa a GC por permitir este xornalismo que moi poucas veces se pode disfrutar neste país.

    1 resposta
    1

    Por Jorge M. de la Calle: E a Alberto Quián, non? ;)


  • Páxinas
  • 1
  • 2