Novos xuíces do Couto Mixto

A antropóloga e profesora da universidade de Lisboa, Paula Godinho, é a a utora dun documentadísimo estudo sobre as relacións transfronteirizas na raia seca. O libro, publicado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Ourense leva o suxerente título “Oír o galo cantar dúas veces”.Paga a pena lelo. Este traballo de investigación sobre a cultura da raia, que foi galardoado co “Premio Xesús Taboada Chivite”, descubre feitos e aconteceres de gran importancia para entender as relacións entre galegos e portugueses, ali onde a fronteira non está separada por ningún accidente xeográfico como acontece co río Miño noutro treito fronteirizo.

Por Xosé Glez. | Redondela | 26/06/2012

  • versión para imprimir
Luís M. García Mañá na súa obra “Couto Mixto, unha república esquecida”, ofrécenos información abonda para coñecermos a oríxe histórica de tan singular territorio mentres estivo vixente o seu estatus xurídico-político. As súas pescudas foron decisivas para reconstruír a súa identidade esvaída polo paso do tempo. Aqueles aconteceres históricos son hoxe rememorados pola Asociación de Amigos do Couto Mixto, que todos os anos conmemora a existencia dun territorio histórico que os Parlamentos de Europa,  Galicia e o Congreso dos Deputados  recoñeceron con diversas iniciativas parlamentarias.
 
Para perpetuar a memoria dun pobo que gozou de privilexios e de independencia respectos dos reinos de Portugual e España ata 1864, a Asociación de Amigos do Couto Mixto vén celebrando todos os anos un acto que reaviva os sentementos de irmandade das xentes dun   e doutro lado da raia. Algo que hoxe ten moito sentido se temos en conta que a Unión Europea tenta construír a chamada Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Unha proposta necesaria  para abordar o desenvolvemento soecioeconómico dun macro espazo territorial habitado por sete millóns de persoas.
 
Nese contexto a Asociación de Amigos do Couto Mixto quere afortalar o discurso europeo-transfronteirizo inzado de prexuízos histórico que veñen de vello e que tollen o proceso de reencotro de dous pobos que están chamados a  planificar conxuntamente as súas estratexias para acadar mellores cotas de riqueza e benestar social.
 
Pero para que isto aconteza cómpre contar con personalidades e institucións que aviven o discurso do reencontro transfronteirizo máis aló da raia. Por iso a Asociación de Amigos do Couto Mixto  distingue a eses animadores co nomeamento de “Xuíces Honorarios”. Un galardón que este ano recaeu no músico e gaiteiro universal Carlos Núñez; no profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé A. Gómez Segade, e nas cámaras municipais de Verín e Chaves por tomaren a decisión de crear unha eurocidade.
 
O acto terá lugar este próximo sábado, día 30, na igrexa de Santiago de Rubiás, ás 12:00 horas. Din que quen vai un ano, engaiolado pola paisaxe e a liturxia da cerimonia, volve sempre. 

Xosé Glez.




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
2

Alto do Vieiro

Parabéns à Asociación e ao senhor Xosé González, autor deste texto. Tenho escutado que no Couto escreviam a sua fala à portuguesa, ainda que também tinham alguns documentos em castelão. A maior parte da documentação perdeu-se quando a francesada, mas alguma deve de ficar posterior. Que sabemos desses documentos? Como estão escritos? Em fim, quando acordará a gente deste povo e verá que não se é menos galego por escrever à portuguesa, mas todo o contrário. Nestes últimos anos que me ficam de vida já, um velho galeguista como mim sente que lhe treme a esperança, depois de tanto Franco Franco Franco e depois tanta Ñ.

4 respostas
1

Por Alto do Vieiro: Claro que se falava (e falava) galego da raia. Hoje mesmo cruzei a raia 4 vezes, entre Lóvios e Pitões. E não se falava galego de Lisboa (nem deveria de falar-se, como todos os meus respeitos, como também nãqo deveria falar-se galego de Compostela, excepto em Compostela). Eu do que falo é da escrita. A gente dos mistos entendia que a sua fala como mais correctamente se transcrevia era a portuguesa (que não é uma escrita precisamente lisboeta). Claro, eram uma república e não dependiam (mentalmente) do castelão.

2

Por Alto do Vieiro: No da raia queria dizer "(é se fala)"

3

Por Alto do Vieiro: No da raia queria dizer "(e se fala)"

4

Por Roi Xordo: Pois eu teño entendido que na raia falábase igual a unha banda cá outra. Ou sexa, falábase o galego. Non o portugués de Lisboa. Pero o século XX trocou todo, igual que en España.


1

Roi Xordo

O do Couto Mixto é unha historia apaixoante do que puido ser e non foi. Estiven alí, e fun dar unha volta polos pobos promiscuos, fermoso nome.


Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Fundación Lois Peña Novo, secretario da Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística, da Irmandade Xurídica Galega e Asociación de Amigos do Couto Mixto.