O Couto Mixto Celebra o seu día grande.

O arquetipo galego de microestado revive por un día.

Por serxiomaria@ (http://nosliterauriensis.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 28/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 Cando no ano 2000, Don Luís Manuel García Mañá publicou  “ Couto Mixto, unha república esquecida”, supuxo un renacer do espírito dos habitantes desta zoa fronteiriza co veciño país luso.

O Couto Mixto foi unha república galega encadrada nos concellos de Calvos de Randín e Baltar, os pobos que constituían dita unidade territorial foron Santiago de Rubiás, o meu pobo natal, Rubiás e Meaus.

A Capital administrativa era Santiago, onde actualmente se reproduce a susodita cerimonia histórica  na súa igrexa.Cada ano neste acto, os tres homes de acordo en representación dos tres pobos, abren a Arca dos Documentos.Nela gárdanse os papeis que se conservan, onde figuran os  recoñecementos que o Couto foi recibindo, a partir do período de reconstrucción da memoria histórica.

 

Este ano a cerimonia celébrase o día 30 na igrexa de Santiago de Rubias as 12:00 horas.

Nela os galardoados co título de “Xuizes Honorarios do Couto Mixto”,  serán o gaiteiro Carlos Núñez, e o profesor de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé A. Gómez Segade. O remate da entrega de condecoracións, os asistentes poderan desfrutar dunha comida  do país ó aire libre, coa compañía dos galardoados e os veciños do Couto.

Esperemos que esta festa cumpla a súa función cultural e sociolóxica, e continúe a medrar o número de visitantes, a estas preciosas paraxes desta república esquecida, que constitue o país dos mixtos.

 

 

 

“Hai preto de cincocentos anos que Tomás Moro descubriu unha república imaxinaria. A obra foi titulada “Utopía”. O Couto Mixto non foi unha utopía. Máis hoxe é unha república esquecida”.

                                                                        “Couto Mixto, unha república esquecida”

                                                                                                      García Mañá.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe