Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/06/2012
Por exemplo, implicará que os redactores das delegacións da Radio Galega terán que traballar en réxime de autocontrol, dado que os técnicos de son que obtiveron recentemente a súa praza téñena en Santiago.
En opinión do Colexio, a CRTVG ten incorrido no pasado en numerosas irregularidades na súa política de contratación, o que conduciu á presentación de centos de denuncias de traballadores, que na súa maioría ganaron o xuízo.
Unha situación complexa que o recente proceso selectivo dificilmente podía solventar de maneira satisfactoria. O Colexio agarda que rematen na CRTVG as "arbitrariedades e as chapuzas en materia laboral e recorda que a contratación en precario afecta directamente á calidade do traballo xornalístico e ameaza a independencia coa que todos os medios, e especialmente os públicos, deben desenvolver o seu labor".
O Colexio quere lembrar que desde o inicio das súas emisións, en 1985, a Televisión de Galicia e a Radio Galega cumpren unha importante función social. Convertéronse nun dos principais axentes normalizadores da nosa lingua e en importantes difusores da cultura propia e "contribuíron a garantir o dereito dos cidadáns a recibiren unha información plural, veraz e independente".
Por outra parte, a CUT, sindicato máis representado no Comité da CRTVG fixo público o seguinte comunicado:
Malia que algúns hoxe parecían estar moi sorprendidos e indignados, despois de meses sen mover un dedo para loitar contra o que se nos viña encima, hoxe a Crtvg anunciou formalmente ante a representación sindical o cese dos 93 compañeiros/as con código Ope que non conseguiron praza nesta farsa-oposición.
Todos eles serán liquidados con data 30 de xuño, incluin...do lóxicamente as vacacións non disfrutadas. Con data 1 de xullo se formalizan os contratos dos 193 traballadores que obtiveron praza, e que deberán asinalo entre os luns e o mércores en Recursos Humanos. A empresa comprometeuse a fixar tamén algún horario de tarde para facelo. Os 33 compañeiros das delegacións que obtiveron praza serán adscritos provisionalmente aos postos que ocupan actualmente nas súas cidades, se ben a Empresa xa anunciou que precisará dous ou tres redactores e outros tantos reporteiro gráficos para San Marcos. A voluntariedade e a puntuación obtida por cada un serán os criterios que siga a empresa para determinar quen terá que quedarse en san marcos. Cando asinen contrato deberán presentar un escrito para solicitar a adscripción provisional a súa delegación. Esa adscripción durará ata que se convoque un concuso de traslados ás delegacións, algo que a empresa prevé tramitar en breve.
Para todos aqueles que estén de vacacións poderán solicitar unha prórroga do prazo para asina-lo contrato, dacordo co formulario publicado pola empresa na web. É decir, como norma xeral vanse respetar as vacacións, contrariamente ao que hoxe circulaba polos pasillos.
O QUE MÁIS NOS PREOCUPA
Por desgraza chega o momento dos ceses, e 93 traballadores están xa a recibir as comunicacións correspondentes.
Qué vai pasar a partir dagora? As previsións non son nada positivas, e, dende logo, mais dun vai levar unha sorpresa cando vexa que non se cumpren as "promesas" de "recolocación". O director de recursos humanos anunciou hoxe que só vai haber algunhas contratacións para cubrir as vacacións. Falou da posible cobertura, nunha data futura, de entre 25 e 35 reservas de praza que xenerarían contratos de longa duración, pero moitas desas prazas, dixo, están en categorías que non se van cubrir. En resume: moi poucos destes 93 cesados van ser contratados en breve, e, en todo caso, será para contratos de curta duración. Carlos Paz dixo literalmente que non hai cartos e que vai contratar o menos posible. Pechou ademais totalmente a porta á posibilidade de facer novos contratos de obra.
Mañá hai convocada unha comisión para pechar os criterios pola que rexerán as listas de contratación, que hoxe entraron formalmente en vigor e que se corresponden coas do proceso selectivo. Tamén haberá un comité Interempresas extraordinario para analizar a situación. Unha situación dramática para moitos compañeiros aos que queremos transmitir o noso total apoio e a nosa solidaridade.
Chegados a este punto cada sección sindical terá que facer unha reflexión sobre o que fixo ou deixou de facer nos últimos tempos para loitar contra este sinsentido. Na CUT dende logo temos a conciencia tranquila, ainda sabendo que todo esforzo nunca é suficiente, sobre todo se non tes o apoio dos que te rodean.
A loita continúa, e por desgraza serán de novo os xulgados os que teñan moito que decir. Mentres tanto seguiremos traballando para que TODOS os compañeiros que hoxe pasan por un mal trago podan ter futuro dentro da Empresa. Ábrese unha nova etapa, e dende logo imos estar mais activos ca nunca. Goste ou non goste.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Digo eu que esto pasa no resto de oposicións do mundo, non van quedar os que conseguiron praza e os que estaban contratados. Ademáis: 193 prazas fixas - 93 despedidos = 100
Por depena: O resto de oposicións do mundo, non che son todas tan escandalosas coma estas. Se a xente aprobase por méritos (e non falo de antigüidade e anos traballados), ninguén discutiría este proceso. E vanse á rúa máis de 93 persoas, porque hai xente que habitualmente traballaba todo o ano facendo subtitucións e agora vai a tomar polo c... Se antes facía falta esa xente, agora que? Algúns ben que se merecen ir fóra, pero outros desde logo non.
Unha reportaxe moi completa sobre os "chanchullos" nas oposicións da CRTVG. Apaixonante!!!: http://galiciaconfidencial.com/nova...
un aplauso para os comentaristas,pa vos que a xente quede sentraballo por culpa dunha panda de politicos miserentos é unha alegria,eso si o que teña enchufe e a chupe ben a ese un soldo de por vida,chiriguitos para os politicos,sodes unha panda de anormales,queren desmantelar todo o que soe en galego e vos todos contentos trolls,amargados,os que manipulan son os de arriba e vos uns papóns
Por Aldrexan: Ninguén te insultou a ti para que lle chames papón a ninguén. Coñezo de sobremaneira tódolos texes e manexes da CRTVG, que é unha auténtica seita do PP, xa que alí só entraron enchufados seus. Os que agora se van a rúa foderon a moita xente que tiña máis merecimentos. Pódoche dar nomes. Non o fago por respecto. Asimesmo, tamén che podo dar os padriños que cadaquen. O peor que se pode facer é insultar e agredir sen argumentos como estás a facer ti. No meu comentario expoño argumentos claros e concisos e se queres saber máis, fala conmigo. Póñoche se queres a disposión túa un correo electrónico meu. A pesar da túa nula educación, envíoche o máis cordial dos meus saúdos.
Por xOsse: aos que botan contrataranos precisamente por iso, por mamóns e papóns
Unha parte importante dos periodistas son os cortesanos encargados do aparato de propaganda dos políticos que teñen o poder. O contrato ideolóxico non hai quen o negue. Sobran o 50% dos uns e dos outros. Compren médicos (os MIR galegos non teñen traballo despois de 12 anos de estudio), maestros (os vellos interinos non cobrarán o verán), personal dedicado ós servicios sociales, axentes do orden público... Aparato de propaganda temos dabondo. Escasean o leite os bistés para moitos nenos.
Por P. Garcia: Que fácil é falar!
Por fai un sol de carallo: Tamén sobran médicos, ong's, policías, gardas civís... Para o que fan a maioría deles. Son cortesanos do poder económico, pois só están pola pasta e os privilexios.
Por fai un sol de carallo: Tamén sobran médicos, ong's, policías, gardas civís... Para o que fan a maioría deles. Son cortesanos do poder económico, pois só están pola pasta e os privilexios.
Por certo, porque o CXPG non ollou con lupa o caso do sr. Fontenla Rodríguez?. É unha manobra de tamaña corrupción. Para iso queremos un Colexio de Xornalistas, para seguir mangoneando como eles queiran. E para que está o Sindicato de Xornalistas?. Para apañar subvencións. Pois imos ben
A meirande parte dos que votan, case todos eles, eran uns enchufados do PP. Hai casos tan flagrantes, nalgunha delegación, que apareceu xente sen que fixera unha soa hora de prácticas, que era o filtro teórico para acceder. Entre os que aprobaron a oposición hai un que é Licenciado en Xeografía e Historia, JESÚS FONTENLA RODRIGUEZ, coñecido activista do Opus Gai, quero decir Opus Dei, que xustifica á Igrexa Católica nun xornal compostelán. Os sindicatos son todos unha secta de manipulación e mentiras. Neles están coñecidos persoeiros que nunca deron un pau a auga.
Por Roberto Cid: Aldeán entérate antes de hablar que las drogas nunca fueron buenas.. Desde cuando JF no es licenciado en Periodismo? Buff cuanto baturro. Acuérdate que una de las normas básicas de periodismo es consultar "varias" fuentes. Me parto.
Por aldrexan: Sr. Cid: eu a vostede non o insultei. O meu apelido e Aldrexán e son da aldea, algo do que estou moi orgulloso, e son educado, algo do que vostede carece. Estou seguro do que digo e pártase do que queira. Pódolle dar nomes e certificar que este sr. non é xornalista. Baste con dicirlle que JF foi becario do Colexio Maior Arosa. Non pasou por ningunha aula de xornalismo na súa vida. A máis é un nefasto profesional e UNHA MALA PERSOA. Se foi vostede o xefe de informativos, porque pode ser outra persoa, tamén aproveito para dicirlle que era vostede odioso e tamén mala persoa. Ademáis non ten media hostia de altura. Se lle dou un soplo barroio do mundo.
A rtvg nunca foi o que pon nese cartaz: unha televisión pública ao servizo de galicia. Sempre ao servizo do poder (no sentido máis extenso do concepto, pois poder tamén son a oposición e os sindicatos). A min non me apena nada a situación destes traballadores como eles xamais se preocuparon pola situación de miles e miles de galegos enganados e manipulados continuamente polas súas noticias. Que lles dean! E ben! E aos que quedan... máis!
Por knight: E a tí tamén...mamarracho
Hai que contar un despedido máis, Luis Rial. Non puido o bipartito e tivo que chegar o PP para botalo.
Por Riauriau: A Rial botárom-no do programa, mas nom foi despedido.
Por angelito: Rial está de vacacións en xullo e xa ten a xubilación asinada. Así que marcha da RG. E a xubilación, RiauRiau, non vaias pensar que asinou voluntariamente despois de ter gañado unha sentenza para que non o xubilasen. Botárono finamente, pero botárono.
Se hai para a Coz, non pode haber para a Telegaita. Son tantos amigantes a pedir...
Por daltón1234: non sei quen eres ,o que si sei e que es un porco miserable,ti es un noxento ,vailla comer a feijoo,que che aproveite.
Por Walton: Paso. Non vaia ser que me atope coa túa nai polo medio. Que noxo!
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting