Os mestres substitutos quedan sen soldo no verán

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O mércores 27 de xuño, ás 18.30 horas, os sindicatos recibían por fax unha comunicación da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se anuncia a suspensión do dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto para o persoal docente substituto que teña prestado servizos á administración durante, polo menos, cinco meses e medio durante o curso 2011-12. Esta suspensión esténdese tamén ao próximo curso 2012-13.

Para a CIG-Ensino, o sindicato maioritario no ensino público de Galicia, “é inaceptábel” que a Consellaría agarde ata unha data tan avanzada do curso académico para anunciar unha medida tan dura para o profesorado substituto. Educación acostuma a anunciar os recortes e outras medidas polémicas nos últimos suspiros do ano escolar, sabedora que a comunidade educativa ten complicado mobilizarse en vacacións.

A CIG-Ensino fai un chamamento a todo o profesorado afectado para que participe nunha concentración co obxecto de que o Conselleiro retire esta circular, que non pasou pola mesa sectorial (órgano de negociación onde deben ser tratados todo os asuntos que teñen que ver co profesorado). A concentración será na Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta  (Edificio Administrativo San Caetano sn, Santiago de Compostela) este venres 29 de xuño ás 11.30 h.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe