A música galega impregna o Celtic Fringe Festival

Músicos da Escola Livre da MPG participaron no II Celtic Fringe Festival en Grange, no condado irlandés de Sligo, onde se presentou o documental 'Cuéllar: a nova viaxe', dirixido por David Ramos coa colaboración d'aCentral Folque.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A música galega estivo moi presente no II Celtic Fringe Festival en Grange (Co. Sligo, Irlanda). Músicos da Escola Livre da MPG participaron neste emerxente encontro de música celta aderezado pola gastronomía local (crustáceos e cervexa), rutas de sendeirismo, teatro e un simposio internacional sobre a Armada Española, cuxa historia nas costas norirlandesas inspira este evento.

Nesta segunda edición, aCentral Folque de Santiago participou con tres músicos da Escola Livre da MPG. Os intérpretes galegos tomaron parte en numerosas das actividades programadas no festival: jam sessions, pasarrúas, concertos, misa de San Xoán, lamento coa gaita na praia en honor aos máis de mil mortos nos naufraxios, entrevistas en radio e televisión...

O Celtic Fringe Festival creouse en recordo dos acontecementos que tiveron lugar en Sligo no ano 1588, cando tres barcos da Armada Invencíbel española varaban nas costas deste condado no noroeste de Irlanda, cando os irlandeses estaban loitando pola súa independencia contra a invansión inglesa. Alí aínda se atopan os restos destes barcos. Un dos supervivintes, o capitán Francisco de Cuéllar, permaneceu varios meses acollido polos chieftains O'Rourke e McClancy. O capitán español converteuse nun heroe local en Sligo e foille adicada o ano pasado unha suite orquestral composta por Michael Rooney, que estreou ante máis de 800 persoas e foi interpretada por 50 músicos e bailaríns, entre os que se atopan 15 membros d'aCentral Folque. Esta peza mistura a música irlandesa e galega con instrumentación clásica, e foi o xerme para o Celtic Fringe Festival, que este ano presentou a publicación da partitura da 'The De Cuéllar Suite' e o documental dirixido por David Ramos coa colaboración d'aCentral Folque co título 'Cuéllar: a nova viaxe'.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe