Dicía este home sabio, que “o home xa non goberna hoxe, senón que hoxe goberna o que desatou o home”. Efectivamente, nunha sociedade na que os valores e a ética desapareceron, as políticas foxen do seu cometido de axudar ás persoas, e instálanse no despropósito de servir aos mercados. Unha sociedade disposta a ser submisa co capitalismo máis rancio e perigoso, que vende a súa alma ao diaño e compite entre ela por instalar casinos en zonas áridas, que pervertan as formas de vida máis susceptibles de cometer determinados erros vitais. A presidenta da comunidade madrileña, Esperanza Aguirre, azoute de infieis non neoliberais, e garante da desaparición do Estado das Autonomías, móstrase disposta incluso a eliminar leis de protección da saúde, como a chamada “lei antitabaco”, con tal de asegurar unha vil inversión, que non fai máis que abrir as portas do averno. É curioso que dende os mesmos sectores que se defende a suposta liberdade co tabaquismo, ao mesmo tempo se defenda o dereito á vida…
Claro que, se damos a impresión de que todo vale, entón a lóxica política sabe que o cidadán está disposto a tragar con calquera cuestión por bastarda que sexa, e actúa sen contemplacións dende os altares da suposta democracia prostituídos para a ocasión. Neste país é posible dicir durante unha campaña electoral que se está “radicalmente contra o copago sanitario”, e despois calar mentres o aplican de xeito vergonzante; neste país é posible negar subidas do IVE, e posteriormente estudar a súa subida co conseguinte prexuízo para as clases máis favorecidas, por non falar do incremento exponencial das tarifas da luz, ou a carga sobre os traballadores públicos e os seus salarios de xeito reiterado, como se a crise non fose culpa dos mesmos que llos quitan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Cuiña está a ser un peso en todo o que di...e fai. Non anda con coñas...Observo por aquí que a moitos os pon nervosos!!! Hhahaha
Teño unha curiosidade, nin sana nin malsana, pero si algo morbosa, no que atinxe ás vindeiras eleccións nacionais de Galiza: ¿cántos votos apañará Cuiña para CxG no Deza en xeral e en Lalín en particular? Ogallá moitos, conste. E en detrimento do PP sobor de todo.
Como morden a este rapaz os cáns de palleiro...qué mediño teñen a que se lle acabe o cocido, ánimo Cuiña.
E xa metidos, pode resultar curioso, pero a finca veciña é a de Crespo,alcalde e amigo deste rapaz,mais modesta so ten 3 Has e 400 m de planta http://subir.cc/images/fincacresp.j... o curioso é que a este páxaro non se lle coñecen empresas
e agora fala do loitador Mujica d Uruguai que vive nunha "chacra" humilde compartindo viveda coa xente pobre para que traballe as terras,igual que o asinante do artigo que vive nesta "humilde chacra" feita nos 90 http://subir.cc/images/fincasuia.jp... sacada do Sigpac con 4 Has e pico, mansión de planta de mais de 500m ,pisciña,lago artificial, etc...pois si, cuspidiño a Mújica,e veña que algúns tragan. Teño familia de Lalín (marchei dalí asqueado)son de esquerdas, moitos anos sofrindo a Cuiñas e Crespos para que agora nos queiran meter isto, veña home veña! Enlace de Google maps: https://maps.google.es/maps?q=lalin...,-8.128585&spn=0.004061,0.009613&hnear=Lal%C3%ADn,+Pontevedra,+Galicia&t=h&z=17
Por Carla Marín: Esto es precisamente lo que hace que sea necesaria una alternativa. Este enlace demuestra que gente como preguiceiro es pura basura que hace daño. Cuiña está poniendo nervioso a lo más granado de la extrema derecha pepera y a los bloqueiros "triunfadores" que edrán acabando con lo que un día fue el BNG. Preguiceiro eres el reflejo de lo asqueroso que ves en tu espejo.
Por joshin: Polo que se ve, o que se está poñendo moi nervioso, insultando a todo o mundo amentando o lobo feroz é o propio Cuiña
Por Jishin: Moito tempo libre ten preguiceiro para ir buscar semellante cousa. Jajajaja, canto troll desocupado.
cuiña, non fagas caso a os malos comentarios. Tes a moita xente dacordo .O meu voto tèdelo, e agardo que veñades canto antes pola zona da mariña occidental,para poder unirme ò voso proxecto, co cal concordo . Un saùdo e animo .
jAJAJA.O fillo dun cacique, que seu patrimonio deriva do que deriva, da leccions de esquerda? cando saía nas fotiños peperas presumindo da sua fidelidade ao franquista de manuel fraga ¿pero de que vades? a quen queredes enganar? Catro que se toman por nacion, un ecoloxismo capitalista, un centrodereita que xa abrangue o bloque. Se o linaxe ourensan de boinas e birretes vai salvalo país,imos aviados ¿PROXECTO QUE TEÑEN POR FAVOR? Ao marxe de chorar polo que fan os que son seus amigos? iniciativas reais dos comprometidos?ah,so o enunciativo... "librepensadores" DE RISA...
Por Melidao: Pobriños como quedastes en bragas todos os que rajabades del cando estaban no PP e diciades que non ia ter valentía para rachar co partido. Andades doentes. E se o camiño do país non é recuperar a forza de tantos galegos de ben que votan agora mesmo ao PP xa me dirás ti cal é. Facer un partido super comunista e patriótica con 400 militantes? XDDDD
Por Demasiado evidente: Pero que valentía oh! Que curioso tambalease a absoluta do PP e aparece este señor co obxetivo de formar unha "alterantiva ó BNG" para rabuñarlle un deputadiño ó BNG para que Feijóo poida seguir reformando.
Por Brandon: E por se acaso segue nas páxinas web do PP, non sexa que haxa que volver ao curral de papá. Aí está http://libertadpp.blogspot.com.es/
Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín.
Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro
Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting