Feijóo de precampaña no Uruguai en xullo

O presidente viaxará ao exterior antes do outono, data probable das eleccións, onde viven 450.000 dos 1,9 millóns galegos que poden votar.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Como adiantou GC, a posibilidade de que Alberto Nuñez Feijóo adiante os comicios a outono medra día a día. O presidente da Xunta negouse hoxe a falar de "quinielas" tras ser preguntado pola súa inminente viaxe a Sudámerica, que hoxe revelan varios medios de comunicación e blogs como Libertad Digital.

O presidente do PPdeG confirmou xa que viaxará polo menos ao Uruguai en xullo para, en teoría, impulsar o negocio dalgunha empresa galega. Fontes do PP tamén apuntan a que existen a posibilidade de que visite Brasil e Arxentina para visitar á colectividade de emigrantes.

Todos os presidentes da Xunta viaxaron a Sudamérica antes duns comicios. O propio Feijóo fíxoo cando era o candidato a derrotar a Emilio Pérez Touriño.

O motivo é o gran perso do Censo de Residentes Ausentes no censo galego. En 1986 o número de inscritos galegos no CERA era de 67.474 e a 1 de xaneiro de 2010 a cifra ascendía a 348.613.

Na actualidade o número de galegos con dereito a voto nas autonómicas son máis de 150.000 na Coruña, 135.000 en Ourense, 112.000 en Pontevedra e 54.000 en Lugo. Máis de 450.000 sufraxios potenciais que poden determinar o resultado das eleccións.

Na Coruña hai 636.000 galegos con dereito a voto, en Ourense 276.000, 779.000 en Pontevedra e 226.000 en Lugo. É dicir, que no país hai aproximadamente 1,9 millóns de electores.

Cuestionado polo motivo da viaxe, o responsábel de Emigración da Xunta, Santiago Camba, inistiu no seu alto contido empresarial. Agora ben, foi incapaz de precisar a que contido empresarial se refire. No Uruguai a presenza de empresas galegas é limitada e na Arxentina as relacións coas empresas do Estado Español non son as mellores tras a nacionalización de YPF. Cambia admitiu que Feijóo tamén terá axenda "institucional" fóra da económica, o que implica visitas aos centros galegos de emigrantes.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511


Novas relacionadas


Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

Black Crow

Mientras Alberto nos allana el camino para las próximas elecciones de otoño, la progresía instalada sigue en su interminable quitate-tu-pa-ponerme-yo. En fin, fijaros y aprended, rojos, nosotros no necesitamos secuestrar a la tercera edad para sacarnos una foto con ellos.


5

Sanctius

Que pena que non quedase alá para sempre! E que me perdoen os uruguaios, que seguro que son unhas excelentes persoas.


4

galegoexiliado

De seguro que esta viaxe se paga cos impostos dos galegos residentes na América. Que felicidade poder votar e non verse afectado polas decisions do inutil que gane as eleccios. ¿E por qué os galegos residentes na España, e con propiedades e impostos na Galiza, non poden votar e si os que nin saben donde queda Galiza ou non naceron en ela? ¿Os descendentes de celtas e visigodos poderemos votar na Alemania?


3

xan soares

ben claro ten iste pillabán que ou consegue votos alá onde non o coñecen ou vai ter que negociar ata co FPG se quere seguir desgobernando. A vagaxe deste home na Xunta é tan lamentable e equiparable a de Laxe, ou Albor nos seus peores tempos. Toda unha nulidade para os galegos, para os seus amigos seguro que non.


2

Rayleigh

Esta nova é para que algúns vaian tomando nota de que están xogando en tempo de desconto e se lles vai pasar o arroz. Chega o verán e a xente na praia...Pero iso si, que sigan co bo rollo entre eles e con sesudos debates políticos.


1

Xan ate as bolas

Nin os votos dos mortos do camposanto da Chacarita, votando coma outras veces dende o mais alá, van salvar a Feijóo da desfeita.