A Xunta di que as construtoras de Ourense menten

Nunha rara crítica ao Goberno Galego, esta patronal denuncia que aínda lle deben 12 millóns dende 2011. A Xunta négao e alega que non paga sen non están completas as certificacións de obra.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/06/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A Xunta debe máis de 31 millóns de euros. Esta é a denuncia da patronal dos construtores, referíndose a débedas dende o ano 2011. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), Eligio Nieto asegura que hai 12 millóns en débedas dende 2011..

Segundo a súa versión, son as construtoras de obra pública as que teñen que financiar a permanencia en execución dos proxectos públicos. Coa banca en plena tormenta e polo tanto o crédito, a patronal demanda que se paguen as débedas para poder xerar emprego, ou cando menos non destruílo.

ACO afirma que os recortes non son a receita única para sanear a economía. Así fala dun "drástico descenso do investimento público" con efectos "tremendamente negativos" no PIB, no emprego e polo tanto ao final no propio déficit público.

A Xunta saíu inmediatamente á palestra para defenderse das graves acusacións de impago por un colectivo que habitualmente nunca se pronuncia contra a Administración.

Xunta de Galicia non ten ningunha certificación pendente de pago correspondente ao 2011, polo que non é certo de que deba ás empresas cantidades dende ese ano. "Todas as certificacións emitidas polas construtoras o pasado exercicio xa foron abonadas pola administración autonómica", di a Adeministración.

 

O Goberno galego promete que está a planificar os pagos ás empresas, que di se realizan de xeito periódico. O argumento de San Caetano é que o "importe acumulado" nestes momentos corresponde á xestión normal das certificacións de obra, posto que hai que comprobalas e tramitalas coas garantías que marca a lei. De acordo a súa versión ditas certificacións estanse a tramitar nos prazos habituais.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

...

por cousas así se entenden as últimas enquisas: http://www.galiciadiario.com/web/fr...


2

nandiño

A Xunta nunca mente: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06...

1 resposta
1

Por votante: Que disgusto. Seguro que Feijoo non sabía nada. Hernández tampouco.


1

votante

Si a Xunta di que é mentira debe ser mentira. A Xunta nunca minte cando fala. Nin das preferentes, nin dos recortes, nin das deputacións, nin dos barcos mexicanos...