Por galdo (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 30/06/2012
Quen peiteando canas, cambian o acougo da súa madurez pola prórroga do seu compromiso de mocidade, mantendo vivo o espírito combativo, e con ansias renovadas deciden seguir loitando por unha sociedade mais xusta e equilibrada. Cando menos, son seres especiais , referentes, aos que en xustiza hai que recoñecer o seu compromiso para cos demais, pola súa tenacidade, polo seu empeño en reconquistar o capital social estafado polos afíns ás siglas, por esa pestífera clase política que converteu a súa función nunha degradante farsa, cuxas referencias características son a corrupción, o engano e a mala reputación.
Eu que exerzo de disidente de inútiles, que non tolero que as institucións sexan o refuxio dos mediocres, non recoñezo autenticidade representativa a quen acceden ao poder a través de bastas manobras de engano electoral, resistíndome por tanto a mostrar conformidade coa súa representatividade, e moito menos a tragar coas súas políticas de panos quentes , coas que sen reparo, manteñen intactos os seus intereses mentres dilapidan os logros sociais que outros conquistaran.
Por iso, sen afinidade de vínculo, hei de admitir de bo grado que o retorno do "Califa", resulta un todo satisfactorio. A volta á acción política de Julio Anguita, á marxe de siglas políticas, é canto menos unha corrente de aire fresco, sendo un feito salientable o seu anuncio, brindándose coma referente dunha operación política que tenta cambiar o país. Si un compromiso destas características tivese autoría distinta, probablemente levaría sinal de oportunismo en cuberto, pero neste caso a fiabilidade é probada, por canto a honestidade e integridade do manifestante é aval suficiente para dar autenticidade e crédito pleno.
A determinación do ex - dirixente de EU rompe esquemas, pois contra a usual conduta promocional dos activistas profesionais da política, deixa dito de partida, que nesta nova andaina non será cargo público, nin terá presenza na vida institucional, circunscribindo a súa intervención á utilización da súa influencia mediática para explicar e defender o proxecto, impulsando a súa promoción até lograr a súa consolidación como alternativa estable. Desinteresada decisión que por si mesma non fai senón imprimir maior fiabilidade á iniciativa.
Por mais censuras que cultive desde as filas dos seus detractores, a decisión do coñecido noutro tempo como "el califa rojo", é encomiable, pois se corresponde coa reacción propia dunha persoa integra, coa actitude de quen por principios e consecuencia non vén disposto a tolerar a dexeneración xeneralizada das institucións do estado, onde o gremio político é con moito o maior exemplo de deterioración e insolvencia.
O contido do decálogo que Julio Anguita establece como relatorio para iniciar o debate, é un compendio equilibrado, un agrupado de contidos determinante dos grandes temas que deben dominar a dirección política do país, cando dita política escríbese con maiúsculas e está pensada en clave de cidadanía como principal destino. Sen dúbida, no seu implícito percíbese de forma dominante a ética e coherencia dunha persoa con claridade de ideas, de arraigamento de valores e coa bagaxe que achega o seu recoñecido compromiso social e os seus dilatados anos de experiencia.
Na situación de orfandade dirixente que vive o país, onde o predominio da nimiedade prodiga un pesadelo permanente pola frivolidade de comportamento duns políticos con adicción enfermiza polo dereito dos mercados, o paso adiante de Anguita é unha noticia cando menos satisfactoria, pois ademais da súa probada cualificación intelectual, quen ten renunciado á súa pensión de xubilación como ex deputado para conformarse exclusivamente coa pensión de mestre de escola, por exercicio de decencia e honradez , acompáñalle forza moral sobrada para reivindicar unha rexeneración integral da estrutura do Estado.
Con todo, o retorno do "Califa" e a presentación da súa Fronte Cívica, non en todos os ámbitos terá compracente acollida, pois a súa entrada en escena ten a analoxía dunha acción de insurrección, dun acto de rebeldía que ameaza os privilexios dunha atenuada clase política, pondo freo á súa vergoñenta alianza cos mercados.
A situación demanda con urxencia restituír á política o prestixio perdido, e por iso esta iniciativa, é unha decisión xenial
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Me llena de entusiasmo el ofrecimiento de Julio Anguita para orientar un FRENTE CÍVICO amplio que abra batalla a la situación que vivimos por culpa de la CORRUPCIÓN ORGANIZADA, la degeneración política y la indecencia. Me uno al apoyo que expresas, GALDO – FONTE, no solo por el brillante alegato que haces sino también, y sobre todo, por la vehemencia que se escapa de tus palabras. Seguramente, no será todo rosas, como adelantas, y también lo hace Anguita. Habrá detractores que se levanten para no dejar prosperar el FRENTE CÍVICO. No es de extrañar: a los que se están aprovechando de la situación, les hace mucho daño; intentarán echar por tierra cualquier plan de cambio.
Por Braulio: Tengo una duda: Me gustaría integrarme en algún grupo de trabajo en mi pueblo, en mi barrio, en mi calle. No se me ocurre cómo contactar… ¿Pueden facilitar alguna sugerencia en este sentido? Tal vez hay muchas personas interesadas, como es mi caso, que no sepan dar el primer paso. Estaremos muy agradecidos.
Lin todos os comentarios. Resentidos e vellos. Pensades que facendo frases con sorna dicides algo. Non sabedes nada do mundo da actualidade, nin tampouco do que está a pasar. Tampouco importa, tedes a andorga chea e vivides coma dios, así que: ¡que vos aproveite. Mais logo estamos os cidadáns que padecemos hoxe o imperialismo neoliberal, e fomos derrotados en unha e mil loitas; estamos, sabemos, estudamos, aprendemos e buscamos as formas de conseguir hoxe en día o cambio da sociedade pasando do capitalismo a un socialismo marxista, leninista e que non implique a toma do poder violentamente, se non por marchar todos xuntos a pola conquista da nosa liberdade. Anguita, sen dúbida xa entendeu este espírito novo de loita que nace do 15M e a súa revolución. Eu agradézolle que de a cara, pois coma vos podía vivir coma dios
Por Xan ate as bolas: Ogalla teñas razón e podase acadar un sistema de xustiza social por medios pacificos, nada é descartable. Pero a realidade é a realidade e o mais que probable por non decir case seguro é que quenes detentan o poder non van deixalo asi polas boas.
Por Vira Voltas: Diante o manifestado so compre engadir, que hai veces que un ten a oportunidade de estar calado, e cando eso acontece, non é bo desaproveitar a ocasión de acollerse á discreción
Eu que son escéptico convencido por materialista, ainda que non nihilista fuxo dos salvapatrias. En primeiro lugar é podo matizalo, a proposta é populista e inviable no marco capitalista actual. Só apostando por outro sistema político ten cabida. Así que eso de transversalismo apolítico de nin dereitas nin esquerdas, soame a falanxismo joseantoniano, perroflauta e oportunista de última hora tipo NPC.
Por Xan ate as bolas: O propio Anguita foi tildado de falanxista convencido, por Carrillo nas suas memorias, por unhas declaracións no congreso do partido en que talmente así se declaraba (quén non o crea ten divulgación abondo na rede). Non creo que teña ren de revolucionario un nacho de declarou que ser revolucionario era cumplir a constitución española. A mesma constitución borbonica-franquista que consagra por lei o capitalismo e a sumisión dunhas clases a outras, e nega o dereito a decidir o seu futuro as nacións sen estado. O mesmo populista Anguita moi revolucionario, pero que o seu fillo morreu sendo mercenario do imperialismo en Irak.
Por Xan ate as bolas: Por certo Anguita segue no aparato de partido de IU, pero en segunda liña como aseguara él mesmo. Se cadra é unha autopromoción.
Tes razón Pailaroco, pero para completar o támdem o procedente sería contar igualmente con Bautista Álvarez do BNG. Iso si, coa condición de que o fixese traendo consigo o "pote de unto", pois abofé que fai moita falta. E para o acto constituínte nada mellor que contar co ex presidente Albor, por aquilo de non seguer perderndo o "sentidiño"
É unha mágoa que Anguita no canto de nacer en Fuengirola non nacese nos Ancares, pois así con identidade netamente galega, podería montar un tándem con Beiras e mesturar a súa Fronte Cívica co Novo Proxecto Común, e seguro que lograban unha partitura mais popular que a Rianxeira. Polo camiño que imos, en nada, haberá que pechar todos os centros da terceira idade, pois polo visto, os usuarios decidiron montar unha fronte popular, Foder que nivelazo!
Por eusi: O teu nome fala por ti... Coitado!
Coño, entonces Anguita se divorció de IU?..Pues si que anda revuelto el gallinero de la izquierda. Pero era lógico. Quien entre afines y contrarios tuvo conquistado el reconocimiento de persona integra, es normal que a estas alturas, cuando sus ex camaradas Cayo Lara y Diego Valderas, como dirigentes, se entregan a la ambición del poder coaligándose en Andalucía con la degradada y corrupta prole socialista, tan solo queda el desembarco para salvarse de la zozobra. Pero ojo al dato, pues la salida De Anguita a escena puede tener una relevancia imprevisible, considerando, que los indignados han encontrado la llave que nunca
Por Ruano: tuvieron,UN LIDER..!
Ao meu ver, queda dito todo.Coido que non hai mais que engadir. Avalo integramente o seu contido.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting