Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/07/2012
Corenta dias. Ese é o prazo para visibilizar e apoiar economicamente o proxecto de comunicación e información alternativa Galiza Contrainfo na rede. Dende o pasado venres 29 de xuño está en marcha unha campaña de crownfounding na plataforma en liña Verkami.
O obxectivo é conseguir 1.000 euros que serán destinados a pagar as multas impostas pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra a catro activistas de Galiza Contrainfo cando estaban a realizar o seu labor informativo nunhas manifestacións. Os cartos tamén servirán para o mantemento da páxina web www.galizacontrainfo.org, onde se pode atopar todo o material realizado por este colectivo, ademais de videos doutros grupos afíns, videoclips, curtas e documentais.
Aquelas persoas que colaboren co proxecto recibirán 'recompensas' como libros, cd, documentarios, postais, láminas, galicola, vales en tendas ou camisolas orixinais.
Proxecto independente
Galiza Contrainfo é un grupo de persoas que traballan no campo do vídeo e foto-activismo para dar cobertura e difusión a aquelas realidades que os medios de comunicación empresariais silencian ou distorsionan. A idea é crear espazos de comunicación alternativa que acompañen aos movementos sociais do país (ecoloxismo, lingua, traballo, liberdade sexual, feminismo, migrantes, dereitos nacionais, etc.). Toda a produción audiovisual e fotográfica é difundida na rede, na páxina galizacontrainfo.org, baixo licencia copyleft que permite a re-utilización das imaxes en obras derivadas sempre que estas teñan un uso non comercial.
Financiación colectiva
Galiza Contrainfo precisa da colaboración de cidadáns e doutros colectivos para continuar co proxecto na rede e poder pagar os gastos de aloxamento da páxina e as multas que a Subdelegación do Goberno de Pontevedra puxo a catro membros de Galiza Contrainfo, o que provocou que o colectivo teña débedas importantes. Por iso, solicitan o apoio da xente que que considere a Galiza Contrainfo unha peza necesaria na construción dun espazo comunicativo galego que fuxa da información como espectáculo e do coñecemento como mercadoría.
Colaboradores
Galiza Contrainfo conta coa colaboración de colectivos sociais (Andaina, CS A Revolta, CUT, Galicola, Marcha Mundial das Mulleres), medios de comunicación (Galizalivre, Novas da Galiza) autoras/es e creadoras/es do mundo audiovisual, literario e teatral (A porta verde do sétimo andar, Alberte Momán, Andrea Núnes Brions, Begoña Caamaño, Berrobambán, Jose Manuel Nunes Vilar, Kiko Neves, Maria Lado, Mario Regueira, Marcos Nine, Rosa Enríquez, Sechu Sende, Sonia Daponte, Xosé Bocixa) e do mundo da música (Arenga, Ataque Escampe, Dandy Fever, Dakidarría, Keltoi, Kop, Marful, Nao, Propaganda pel fet, Roger de Flor, Skárnio, Zënzar), ademais de pequenos negocios de amigos (Bar Irmandinhos 13, D'Esguello, Minimarket24h, Sacauntos cooperativa gráfica).
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A verdade é que isto do microachegas esta-se a revelar como umha magnifica maneira de obter financiaçom. Eu também figem a minha achega. Parabéns a Galiza contrainfo.
si la subdelegación del gobierno les puso una multa no seré yo quien se la pague, solo faltaba colaborar con aquellos de los que tienen que defendernos las autoridades, debe se que os gusta la anarquía...
Por anonima: e de xente coma ti de quen se ten que defender o pobo, amparador da violencia policial ( física e económica ) que afoga calquer proxecto que intente visibilizar esas realidades tan dificiles de asimilar para cabezas pechadas coma a túa, que non ven mais ala do que lles permite a pantalla do televisor, e que defende prácticas autoritarias sen nengun tipo de recato. anonimo, ata onde serias quen de defendelos?
conseguiron o seu obxectivo en 54 horas e media, eu aportei agora, porque me parece importante que apoiemos aos medios alternativos, facedeo vos tamen http://www.verkami.com/projects/232...
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting