"La Puebla" tamén é oficial

Gloria Lago, presidenta de GB fala da utilización de topónimo como "Puebla del Caramiñal" e critica a socialistas e nacionalistas polas súas acusacións contra a revista 'Vosotros'. Asegura que a publicidade da Pobra e de Ribeira que alí aparece foi pagada polos acaldes do seu peto.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 02/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Hai unhas semanas, GC publicaba que os concellos da Pobra e de Ribeira estaban a pagar publicidade na revista 'Vosotros', impulsada por Galicia Bilingüe. Pouco despois recibimos unha misiva de Gloria Lago para puntualizar algunhas das cuestións que se tiñan publicado. Precisamente, sobre esta polémica, a presidente de Galicia Bilingüe falou para a canle Rías Baixas e dixo o seguinte: 

 
Logo destas declaracións, GC aproveitou para preguntarlle sobre esta polémica e sobre outras cuestións.
 
Por que a decisión de sacar unha revista cultural bilingüe?
Trátase dunha publicación pensada para ser difundida tanto en Galicia como no resto do país e no extranxeiro, parécenos o máis lóxico que existan versións en galego e español.
 
- Hai quen asegura que o nome non é baladí e que ten reminiscencias coa revista Nós. É iso certo?
Buscabamos un nome que suxirise xenerosidade e apertura e xurdiu "Vosotros". Se ese concepto é oposto en certa medida a Nós, será porque as concepcións de ambas as dúas revistas parten de supostos moi diferentes. Nós podemos explicar por que eliximos "Vosotros", xa é tarde para preguntar por que no seu día outras persoas elixiron Nós.
 
- Como se financia esta revista?
Todo o que se fai dende Galicia Bilingüe págase cos ingresos obtidos das aportacións dos nosos socios e colaboradores. Temos poucos gastos porque todo se fai de xeito altruista. A revista non supón un custe elevado, os nosos colaboradores non perciben ningunha remuneración; tan só tivemos uns pequenos gastos de maquetación e de presentación do primeiro exemplar, e os derivados da impresión da tirada inaugural.
 
Reportaxe "agarimosa"
 
- Por que aparecen inseridos anuncios dos concellos de Ribeira e A Pobra?
Porque aos alcaldes gustoulles que se incluíse unha reportaxe tan completa e agarimosa das súas localidades, que se promocionasen con tanto esmero.
 
- Vostede mesma dixo que esta publicidade custara 100 euros e que a pagaran os propios rexedores. Está a favor de que os alcaldes poidan pagar publicidades institucionais e utilicen aos seus concellos en iniciativas privadas?
O que non  entendo é que a alguén poida parecerlle mal que un político saque a carteira para pagar algo bo para o seu pobo, e promocionar o seus magníficos enclaves turísticos e a súa cultura cunha fotografía moi coidada é algo positivo.
 
- E como interpreta as denuncias do BNG e do PSdeG ao respecto?
Falamos co PSdG da zona, e a súa  postura, unha vez coñecidos os datos, xa non é a mesma ca do BNG. O BNG, tradicionalmente, dende o comezo da democracia, tense oposto a moitas iniciativas que a maioría consideraba positivas para Galicia, fixeron do NON o seu lema. No caso dunha revista que quere abrir á cultura gallega, aos creadores en ambas as dúas linguas de Galicia, era de agardar que non lles gustase. Ás veces, ademais, protestan e realizan acusacións de xeito irreflexivo sen terse informado antes; neste caso foi así. Imaxino que estarán un tanto avergoñados. Falar nun medio de comunicación de diñeiro do Concello, cando diso non había absolutamente nada, e ter que ver despois como nós explicabamos no mesmo medio como fora en realidade, debe ser un pouco embarazoso.
 
Correcto, "La Puebla"
 
- Outra das cuestións que se critica é a deturpación dos topónimos. Asegura que utilizan A Pobra na versión en galego e La Puebla na versión en castelán, pero topónimo só hai un por lei. Non cre que utilizando "La Puebla del Caramiñal" está inclumplindo a lei?
Consideramos unha parvada afirmar que existen topónimos ilegais. En todo caso, poderase diferenciar entre topónimos oficiais e topónimos non oficiais; pero dicir que un particular, e no ámbito privado, está incumprindo a lei por usar un ou outro topónimo, é simplemente ridículo: cada quen, no ámbito privado emprega os topónimos que libremente decide usar.
 
Indo xa ao ámbito da oficialidade dos topónimos, consideramos que é un disparate que non se recoñeza como oficial nun territorio un topónimo nunha lingua que é oficial nese territorio. Iso non acontece en país civilizado algún. Cando unha lingua é oficial nun territorio, todos os topínimos nesa lingua son oficiais nese territorio. Ningún poder público está lexitimado para eliminar palabras dun idioma, atentando contra o sentido común e a filoloxía. Así de claro, contundente e sen complexos. Iso non quere dicir que non poida haber casos nos que os topónimos en español coincidan cos topónimos en galego, porque non se trata de traducir automática e sistematicamente topónimos en galego ao español e viceversa, senón que en moitos casos trátase de meras adaptacións fonéticas e que obedecen a motivos históricos, como, por certo, acontece con topónimos extranjeros. Insisto, o que GB defende é o que se aplica en todos os países civilizados, mentres que o que está a acontecer en España, non acontece en ningún país civilizado do mundo. Non hai exemplos en contra do que defende GB.  En España xa se chega a aberración filolóxica e, peor aínda, xurídica, de que os únicos topónimos oficiais nun territorio o son nunha lingua que non é oficial nese territorio, caso de A Coruña ou Girona en Albacete, por poñer un exemplo. Se non fose pola incidencia que ten nos dereitos dos que prefiren empregar o español, e pola burla que supón á capacidade intelectual dos cidadans, sería para tomalo a chiste. 
 
- Que opinión ten do novo secretario xeral de Política Lingüística?, e que opinión ten do seu antecesor?.
Valentín García paréceme unha persoa coa a que se pode falar e que, polo menos, non é unha pedra ante un problema humano derivado dunha discriminación lingüística que se lle poda formular. Outra cousa é que a última palabra nestes asuntos a teña o Presidente da Xunta. E no que se refire ao anterior Secretario, Galicia Bilingüe criticou o seu nomeamento  porque coñeciamos os seus traballos como sociolingüísta; sabiamos que era partidario de facer enxeñería social mesmo cos nenos para forzar a xeración de novos falantes. Agora, ben sexa polo disgusto que xerou o seu nomeamento, ou porque se considerou ao actual Secretario máis axeitado para o cargo, aquel foi transferido a outro posto e xa está.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

119 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 36

    Maeloc

    Imos ver, non decimos nós, Cidade Real, Castela e León, Nova Iorque, Rio de Xaneiro...? e ninguén se alporiza por elo. Os cataláns escriben "La Corunya" (ver wikipedia en catalán) e a ninguén lle parece mal. Cada lingua é soberana para chamarlle a calquera cousa como lle pete, topónimos incluídos. Ou é que nós lle imos decir ás academias das linguas do mundo como lle teñen que chamar ás nosas vilas e cidades. NON, do mesmo xeito que ninguén nos di a nós comoo lle temos que chamar aos topónimos dos demáis. Ou é que os nosos topónimos son sagrados ou algo así? Outra cousa é a forma oficial, que non ten por que coincidir coa forma usada en todas as linguas do mundo.


    35

    Coromines

    Como vai ser oficial "La Puebla", borrega! Daquela seria "La Puebla del Cambronal" ou "La Puebla del Urzal". Podem perguntar aos vizinhos ..! : http://sinalizagz.blogspot.com.es/2...

    2 respostas
    1

    Por Coromines: E ainda mais claro, repara no nome do país que acompanha o nome da Póvoa, borrega! : http://sinalizagz.blogspot.com.es/2...

    2

    Por O Príncipe dos Mouros: Cantas veces haberá que repetirvos que os topónimos de lingua a lingua se adaptan, a maioría das veces só consisten en adaptacións fonéticas; non se "traducen" profesionalmente. Home, vindo o comentario de quen vén, da escola de Harry Potter, pois aínda é entendible.


    34

    Neria

    ¿E despois queixádesvos dos políticos que temos? Os políticos saen da nosa sociedade. Se o feito de decidirmos entre Pobra e Puebla non nos pon de acordo, como se van por de acordo os políticos que teñen que gobernarnos? No canto de pelexar, mellor sería unirnos e tirar xuntos do país. Que cada quen fale como queira, con respeto cara a quen decida libremente non facelo así. Mais, na miña opinión, coido que, como dixo alguén, o galego debería ser protexido pois corre máis risco de desaparición có castelán. E unha maneira de protección sería a oficialidade única dos topónimos, pois son producto de anos de evolución da lingua. Pero como digo, que cada un fale o que considere oportuno, sen por iso ser tachado de "facha ou españolista" ( o apelativo xa aburre) nin "lusista ou reintegracionista"·

    1 resposta
    1

    Por Maeloc: Xa é así, como ti dis. A forma galega é a única oficial, pero eso non quere decir que se teña que decir dese xeito en todas al linguas do mundo. Cada lingua adapta os topónimos alleos a súa fonética e ortografía, e non nos pode parecer mal. Nós facemos o mesmo cos topónimos dos demáis. No caso particular da Pobra, sempre se dixo A Puebla. A Pobra é unha invención recente. Aínda recordo os debates que provocou entre os pobrenses e o rechazo que a nova forma recababa, moito mais favorables a manter "Puebla" ou adoptar "Poboa" ou "Povoa", que era como se decía Puebla en galego entón. Dende logo PObra, obtiña un rotundo rechazo, aínda que ao final foi a quedou.


    33

    comento

    ei,reparade que esa xente con problemas psiquiátricos de cuestionable intelixencia, aparecen outravolta en momentos previos ás eleccións naacionais, que é probable estean ao cair. E se non lles facemos caso? non hai mellor resposta que a indiferencia e o desprezo cara este tipo de seres inhumanos que padecen tal trastorno. En serio, non lles damos cancha e pasamos deles, dela sobre todo???


    32

    O Príncipe dos Mouros

    Se o galego tampouco adaptase a toponimia, non diriamos Bruxelas, Xerusalén, Londres, Edimburgo, Bos Aires, A Havana, Nova York, Os Ánxeles, Burdeos, Xenevra, Moscova e un longuísimo etcétera. Iso é un fenómeno universal. Eu non adoito estar moi de acordo cos postulados de GB porque penso que nun sitio onde unha lingua é oficial, o seu coñecemento para a residencia e traballo neste sitio é obrigatorio; pero neste caso sempre estiven de acordo con eles. Os topónimos adaptados (que non "traducidos") ao castelán son os únicos correctos en castelán.

    4 respostas
    1

    Por O principe das moscas: Supoño que tamén dis Mastrique por Maastrich. Non das unha.

    2

    Por anonimo: la ley del embudo, no podemos decir la coruña pero ellos dicen xetafe, ja ja ja es que si son más ridículos.....

    3

    Por O Príncipe dos Mouros: Home, si digo Múnich por München. Realmente München non é moi cómodo de pronunciar para min. Eu non sei alemán. Para Maastricht digo Máastricht, si. O exónimo tradicional xa non se usa. Isto o establecen os usos dos propios falantes. Non é matemático, pero explicarche a ti estas cousiñas é coma pretender facer falar a un can... Ao que non lle dá non lle dá. Descansa, que che vexo canso.

    4

    Por Pseudónimo: Se fosen máis ridículos, e ademais algo atrasadiños, serían membros dese chiringo dos bífidos.


    31

    LemavoGZ

    Iso que dí Gloria Lago de "Iso non acontece en país civilizado algún" é totalmente certo, máis non polos motivos que ela cre. Analicemos algúns casos de países "incivilizados": Irlanda: O gaélico irlandés esta recoñecida como primeira lingua de Irlanda e lingua obrigada da administración a pesares de ser a lingua materna dunha porcentaxe pequena de poboación. Finlandia: O sueco é lingua oficial en todo o estado e de obrigado aprendizaxe na escola a pesares de que a poboación suecoparlante representa un 5,6% da Finlandia continental. Suiza: As catro linguas de suiza son oficiais en todo o estado e nas escolas os alumnos teñen a obriga de coñecer unha das outras linguas do estado ademáis da do seu cantón.

    5 respostas
    1

    Por LemavoGZ: Como se pode ver, nos países "incivilizados" teñen maior vontade por conservar as súas liguas inda que sexan minoritarias e malia os defectos que poidan ter, teñen maior respeto polas distintas realidades culturais.

    2

    Por anonimo: No hay ningún país civilizado en donde los topónimos no estén en todos sus lenguas oficiales, ni se les ocurre la gente no se lo consentiría, no esta aborregada. te recomiendo el libre o de jesus lainz desde santurce a bizancio a ver si aprendes algo y no hablas sin saber.

    3

    Por pastor de borregos: Yo te diré uno: EEUU.República federal y multicultural donde las haya. A ver si te suenan... San Francisco, Las Vegas, Cabo cañaveral, Colorado, Florida, Boca Ratón, Palo Alto,Los Álamos, Arizona, San Diego, Sacramento, San Pedro, Toledo...EEUU sólo tiene 300 años. Galicia mil por lo menos. A ver si respetamos nuestra toponímia sólo en galego, aunque sólo sea por cultura general y respeto a la identidad de nuestro pueblo. Te lo recuerdo en castellano...por amabilidad también..ehh!

    4

    Por LemavoGZ: Eu recomendariáche que non foses tan pretencioso e que se queres recomendar libros ao menos que sexa de especialistas en materia linguística e non intelectualiños coma Laínz que escriben libros de materias que non son da súa competencia (Laínz é abogado e empresario, non filólogo nin historiador). Se os teus coñecementos proveñen de autoriños así, mellor non lle deas leccións a ninguén anda.

    5

    Por alejandro dadas: Que razon tes según o video http://www.youtube.com/watch?v=dcXV... é bastante afeccionado a misturar allos con Bugallos.O seu discurso basease en tres ideas forza: - A teoría da arbore e as noces. - O nacionalismo español coma "natural" polo tanto o non-nacionalismo. - Todo é totalitarismo antiespañol e Franco era bo tipo.


    30

    Fóra "Vosotros"

    "A nós encantaríanos que o galego se conservase pero a verdade é que pensamos que con xente como os do Bloque,vamos, estanlle a facer un dano enorme á conservación da lingua". Antes de comezar as entrevistas non viña mal facerlle a proba de alcoholemia ós entrevistados...

    4 respostas
    1

    Por anonimo: Los mayores enemigos do galego son os nacionalistas polla súa culpa moitos nenos téñenle manía e ademáis estanno a estropear con nato lusismo e tanto viento.

    2

    Por lisca gloria: Coido que anonimo é Gloria Lago, Gloria, porque non liscas para a meseta?, alí seguro que cos señoritos do teu nivel enténdeste mellor.

    3

    Por anonimo: Hai moitas personas de GB que falamos galego, ainda que non o fagamos coa familia porque son castelán falantes, pero non queremos deixar a ningún neno sen aprender en galego no colexio, vós queredes quitarlles o dereito aos nosos fillos a estudar na súa lingua nai, que é o español. Sodes malos e cutres.

    4

    Por Un de Esgos: A lengua nai de todo galego so pode ser o galego. Outra cousa é a cooficialidade co castelán, que como toda persoa medianamente instruida sabe, non se inventou aquí.


    29

    comento

    menudos son os nacionalistas españois: excluintes, fechados, idea e pensamento único...e cando se xunta coa inestabilidade mental.....Bufff. Bendita Gloria Caghada Outravolta

    3 respostas
    1

    Por anonimo: Si fechados sodes vós, que queredes unha Galicia monolingüe, o bilingüismo davos medo, porque é aberto, o contrario do que sodes vós.

    2

    Por Xoelho: Non hai lugar para o bilingüismo a longo prazo, porque iso vai contra a inexorable lei da economía da linguaxe. Téndese a simplificar e non a complicar as cousas, e esa é un_a tendencia natural. Un_a cousa é conhecer ben dúas linguas e outra é o bilingüismo, ter como propias as dúas linguas no mesmo país. O castelán vén desprazando, e ademais aceleradamente, ao galego, porque o castelán é a lingua dominante, a lingua de prestixio, a que a xente sente como imprescindible para desenvolverse na vida, mentres considera ao galego un_a lingua "inferior". Eu coido que a única posibilidade de salvar o galego sería facer que fose a única lingua oficial en Galiza, cousa que non é en absoluto imposible. Fai falta vontade política para facelo. E ademais considero que o portugués pode ser un punto de apoio moi importante para a supervivencia do galego.

    3

    Por anonimo: sueña, que es gratis. pero tienes razón el bilingüismo en galicia lleva a la desaparición del gallego porque por economía cuando te puedes comunicar en una lengua con todos los hablantes, no tiene sentido que aprendas otra. es lo que hay, da pena pero lo otro que propones es d e chalados y ademas no os van a dejar. deberíais dedicar ese tiempo del activismo a otras cosas con mas futuro. ciao pescao


    28

    SantiBurrínguez

    Pues eu vou a invitar a Gloria Lago PA-RA que de unha conferencia en o concello sobre un bilingüismo armónico que non sexa incompatible coa normalización do castrapo y, bueno, así demostrar que todavía quedan mil primaveras PA-RA o galego. Oe, Rayciño, non te preocupes, que eu podo garantizarche que Gloria y os seus amigos de Galicia Bilingüe non son tan malos, sólo son o producto de ter recibido clases de galego por parte deste servidor, jajajaja. Veña, Ray, te invito a una festa rociera, que teño ganas de marcha.


    27

    mozo

    Que vaia ás viaxes do inserso, se non esta na idade pouco lle falta.

    1 resposta
    1

    Por APRENDE A ARGUMENTAR: ¿Quedaches a gusto despois dun argumento coma ese?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4