Os soldos dos concelleiros en tempos de crise

A concelleira do CDL en Gondomar rebaixa por segunda vez o seu salario coa oposición dos seus compañeiros de corporación, do PPdeG.

Por Galicia Confidencial | Porriño | 06/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
A Concelleira de Facenda e Emprego do Centro Democrático Liberal en Gondomar (Pontevedra), Natalia Salgueiro, volveu rebaixarse o soldo por segunda vez no que vai de lexislatura.
 
Salgueiro xa rebaixara o seu soldo cando entrou no consistorio municipal, pasando de cobrar 42.000 a 35.000 por unha adicación exclusvia. Desta volta e, segundo explica o CDL, "ante a degradación da saude económica dos seus veciños e do entorno en xeral",  Natalia Salgueiro volveu a autorebaixarse o seu soldo ata 31.500 euros ao ano.
 
Negativa
 
Nesta ocasión o grupo do CDL conta ca oposición frontal dos membros do seu socio de Goberno, o Partido Popular, que xa anunciaron unha negativa a calquer axuste nos seus soldos.
 
O CDL solicitou tamén ao PP de Nigrán e ao BNG en Tomiño rebaixas neste senso. "Pero ámbolos partidos nen sequera se dignaron a debatir esta cuestión nos seus respectivos plenos", di este partido. 
 
Láncara e O Incio
 
Os centristas liberais lembran que os seu concelleiro en Láncara (Lugo) dispon dunha dedicación mileurista e en O Incio, tamén en Lugo, o CDL apoiou a alcaldesa Laura Celeiro do PSOE, entre outras cuestións, "coa condición de rebaixas sustanciais nas pecunias que co PP ascendían a cifras de escándalo". 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

22 comentarios
7

Gamela

Vexo que cando falamos de PASTA todo quisque bótase atrás... por que será? http://youtu.be/nyOtjisVFT0 Críticas facilonas pero de responsabilidade e honestidade moi pouco se escoita nestes tempos escuros! Coma sempre algúns viven de "matar ao mensaxeiro" Nonsí?


6

Ruano

Claro, si todos los vecinos somos sus jefes cada uno le adjudicaríamos una nómina distinta.// Yo por ejemplo creo que la prestación debiera ser en razón a la capacidad del ejerciente, y para el acceso al cargo, nada de elecciones, sobran urnas para que un mediocre se cuele tras unas siglas políticas y llegue a ser alcalde. // Lo que debe imponerse son oposicíón demostrativa de valía acompañado de concurso de méritos.//No podemos admitir que ejercerza de concejal alguien que confunde un aluvión con un montón de alubias // Ah, se me olvidaba, y antes de nada, sometimiento a detector de pedigrí de honradez y el que no lo supere el índice, acceso denegado.//En resumen disolución de partidos políticos//Fijación salarial//Prueba de hondez, y oposiciones. Ni asesores, ni liberados, ni ostias// De ese modo la cosa funcionaría acorde a marco debido.

6 respostas
1

Por Un vello galeguista: Ruano, non te molestarás se che digo que me pareces un auténtico dictador, verdade? Para ti toda a loita de séculos para que os cidadáns tiveran capacidade de elixir aos seus representantes pásala polo...(xa me entendes). gustaria que nos dixeras a que te dedicas e que proba de capacidade che fixeron, se pasaches o detector de capacidade e todas esas probas que ti esixes para os demais. Ruano, Franco, Lenin, Hitler e compinches xa non están; lévalle flores ao cemiterio se tanto che doe a súa ausencia da vida política e social. E da miña parte dilles que descansen en paz, que guerra xa deron de abondo. Non te esquenzas, por favor.

2

Por Hei Ruano!: Te esqueciches dos fornos crematorios e de tomar a mediciña. Hai por ai algún desequilibrado.

3

Por Ruano: Parece que ustedes están en el país porque tiene que haber de todo./// O resulta, que las orejeras de su maximalismo , no les dejan percibir que en el más reciente Barómetro de Opinión del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), la clase política y los partidos, con un 20,7, vienen ocupando el tercer lugar como problema de España, cifra que ha ido creciendo y sigue con tendencia ascendente.///El actual modelo político y su soporte militante son los únicos responsables del desastre en el que está sumido el país, y no se busquen justificaciones donde no existen..coño..! ./// Por tanto, no tengan ustedes la absurda pretensión de intentar desbaratar esa realidad, con gracias de mal gusto. como insinuar mi afinidad por el totalitarismo de unos sanguinarios dictadores/// Quienes tomamos implicación en alcanzar un régimen de libertades, tenemos autoridad moral suficiente para frenar esta demente deriva. No creen?

4

Por Heil Ruano!: A min o que diga o manipulado CIS e os aborregados consultados traeme ao pairo. Agora vasme ti a decir iluminado reaccionario, que todalas culpas do sistema, da acumulación e tasa de gañancias e plúsvalias, capitalistas son por culpa da clase política, por culpa algunha que teña. Tampouco é raro que en medio de crises agromen os facheiros por todolos eidos. Anfda vai invadir Polonia. illuminatti.

5

Por Xavi: Pero ti que crees que manda Rajoy?. Fai o que lle mandan e se negase poñen a un de Goldman Sachs no seu sitio, coma en Italia. Non sei Ruano, os coñecementos que tes ti de economía ou socioloxia, pero esos análises simplistas son de nivel primate.

6

Por Zascandil: Non desquicies Heil Ruano. En política, unha de duas,ouexerces o poder que che outorga o Estado de Deeito, ou fas de sancristan dos mercados, as dua cousas á vez mais ben non encaixan,e se te decantas pola segunda non lle cargues ao capitalismo as tolerancias políticas. Hay botalos pero botalos a patadas, e a ti que debes ser da corda hai que darche con xenio


5

Neria

E aínda agardará que lle aplaudamos? Cantos traballadores hai que cobren máis de 2000 euros ao mes?? E para dar máis exemplo debería rachar o pacto de goberno co PP por negarse a rebaixa-los seus soldos tamén. Digo máis, os veciños de Gondomar e os de tódolos concellos galegos deberíamos exixirlle aos nosos representantes que cobren ata unha cantidade determinada. SON OS NOSOS ASALARIADOS!!!


4

galdo

Á Concelleira alomenos, hai de recoñecerlle que tira polo mais perxudicial para ela, Toda una mostra de sesatez. No meu concello o dueto da esquerda chegou ter tres liberados,outros tantos asesores e mais un secreterio político para o Alcalde. Non no pensedes nunha gran vila, e un cooncello do lote......!


3

Xandokas

Hai que baixarlle os soldos a estos "chourisos"!!!!..... hai que dar exemplo!!!


2

Feixón

Iso quer dicir que non traballa e non fai nada e por iso baixase o soldo que solidaridade tu, e que bonito queda pedir que os outros se rebaixen o soldo cando non sabe nen o que cobran, claro que GC sabemos ao que está; e despois presumimos de imparcialidade??? ide rañala GC.

1 resposta
1

Por Guillermo Rodríguez Fdez.: Descoñezo se esa concelleira traballa moito ou pouco; iso terá que decidilo o equipo de goberno que lle atribuiu as comptencias que deba ter. O que non ten dúbida é que lanzou unha luva diante dos demáis políticos, non só de Gondomar, que me gustaria fora recollida por todos. Cando ata os pensionistas de 600 ou 700 euros teñen que pagar parte dos seus medicamentos non é de recibo que teñamos cargos políticos en concellos pequenos e medianos con soldos que superan, na súa maioria, os 2.000 euros. Iso é unha ofensa á dignidade dos que traballaron toda a súa vida laboral ao sol e á chuvia. Grazas, concelleira; espero que o teu xesto de valentia non caia en saco roto.


1

rosaleiro

Pois que curioso, ademais do PP, que evindentemente están polo negocio, os do BNG tampouco queren que lles toquen o peto! Nos feitos é onde se olla a diferenza, que doado é falar pero á hora da verdade...

8 respostas
1

Por aaaaaaaaaag: E os marchosos de Teo e Maceda? Traballan de balde? E a Candocia? Non cobra?

2

Por uuuuuuuuuuuuuuuuuui: Pica, verdade? Pois a rascar!

3

Por aaaaaaaaaag: Pica? seica queres dicir, proe? Pois a estudar! marchoosso

4

Por balbino68: Picar tamén é normativo. Non te pases.

5

Por Un vello galeguista: Veño observando que moitos /as dos que aqui entran non teñen outro argumento de debate que descualificar aos demais se poñen "pica" e non "proe", se pioñen Galiza e non Galicia, etc. Que miseria mental padecemos!! Isto non é unha clase de lingúística; aquí estamos para opinar sobre os problemas serios do Pais e dos seus representantes, ainda daqueles que están no camiño de selo. Sexamos serios, por favor!!

6

Por leutore anormalisado: Hai que ter paciencia meu vello. Os palanganeiros do BNG entran para tapar (tipo aaaaaaag), disparan contra todo o que se mova para salvar a honra do chiringuito, acusan sen saber dos demais e botan foguetes ao aire para facer ruido. Así son capaces de identificar a todo crítico cos seus ex, e xa sabemos que só pode odiar quen antes amou... O que importa, o feito de baixar o salario para os da caste política, iso non interesa para os aduladores do BNG, do PP ou do PSOE. E, adiantamos, para os marchosos? Seguramente tampouco, non se pronuncian, cando tocaron poder eran como os demais e agardan pactar de novo. Pois iso, cuestión incómoda para os amamantados.

7

Por balbino68: Home, eu penso que facer unha corrección ortográfica, sempre co debido respecto, non ten por que amolar a ninguén. De todos é ben sabido que a educación que recibimos na escola no referente a nosa lingua sempre deixou moito que dexesar. A maioría dos da miña xeración ou somos autodidactas ou estamos a aprender agora. Polo tanto, e sempre que sexa con respecto, non lle miro nada malo a que me corrixan, todo o contrario, é de agradecer.

8

Por balbino68: Por outra banda, coido que Natalia está a ver unha oportunidade de ouro en Gondomar, cun PP e PSOE desfeitos e cun BNG escindido. Procura gañar adeptos. Boa e intelixente estratexia cara ás vindeiras eleccións.