Beiras: "O día 14 será un fito histórico"

O voceiro do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, dá a súa opinión sobre "as liñas mestras" para "a construción dunha nova alternativa" que dea respostas "á maioría social". O Encontro Irmandiño é unha das forzas que participa no diálogo para a constitución do Novo Proxecto Común, iniciativa que organiza a súa asemblea constituínte o próximo sábado en Compostela. Durante esta conversa coa canle do Youtube da súa formación política, o catedrático da USC tamén analiza a posíbel evolución da crise.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
5

Sen chapeu

Será histórico porque vas encher unha sala pequeniña e así lle dirás a Bascuas que se ten que someter ao teu chapeu. Es unha caricatura de ti mesmo Xose Manuel. Que magoa que rematases asi. Cando te estrelles electoralmente a ver se sales dando unha rolda de prensa ao dia seguinte antes de coller o avión ou lle votarás a culpa tamén ó Bloque. http://www.abc.es/hemeroteca/histor...


3

Fabeiro

Beiras,coma sempre, subindo o nivel e dando novas esperanzas ao pobo galego. E que rabeen os do club social UPG...:)


2

propio

O que di está moi ben, pero de verdade que nunha definición como a deste NPC, onde se fala de independentismo, antiimperialismo, etc se recolle unha maioría social galega que pode facer tremer aos grandes partidos? É certo que esas posicións constitúen a maioría social galega? É evidente que non. Sobre o papel o deseño do movemento era moi bo, sobre a realidade o proxecto definiuse en base a outros criterios non maioritarios na sociedade galega. Lexítimos, pero non representativos da maioría social e coido que iso é evidente

4 respostas
1

Por laia: OS QUE CONFUNDEN DESIDERATUM OU HORIZONTE IDEAL (INDEPENDENCIA) CO AQUÍ E O AGORA, E CONFUNDEN TÁTICA CON ESTRATEXIA, SON LITERALMENTE UNS 20-30. BON, E UNS 40-50 DA F. O RESTO, EMPEZANDO POR BEIRAS, TEMOS CLARO O ESCENARIO, OS CONDICIONANTES, E A "METOLODOXÍA". DIFERENCIAMOS TÁCTICA E ESTRATEXIA. CRÉDEME,ALÉN DESE RUÍDO DE ESTETICISMO IDEOLOXISTA, ESTÁ A MAIORÍA DO NPC CON EXPERIENCIA E INTELIXENCIA DABONDO COMO PARA CONFUNDIR O FIN COS MEDIOS, A SOCIEDADE REAL COA IDEALIZADA POR CADA UN.

2

Por propio: Nos textos presentados, que saíron neste xornal despois da asemblea da coordinadora en Teo, recóllense eses termos. E non o digo con ánimo de enlamar o terreo, senón porque eu cría no NPC e despois das últimas semanas deixei de facelo.

3

Por pinchorla: Eu xa estou farto, sempre a mesma cantinela, o que dí xa o sabemos de memoria e é a mesma letanía que a do BNG.Como cando nas manifas sempre hai alguén que dí somos milleiros e milleiros polos altofalantes.Si non ten máis que dicir, dame igual que seña Beiras ou outro.A realidade social está pasando por diante de todos nós e ninguén fala de parala nin artella un movemento para parar os acosos dos populares, que estes sí están aplicar "radicalmente" a súa ideoloxía.A táctica-extratexia debera estar na rúa hai tempo.

4

Por Vaisevos o leite polo lume: Vai xa un tempiño que os que si andamos saíndo á rúa estamos esperando a que deixedes de pampear.


1

Perplexa

Se él está o fito é historico, senón, non. A idade non pode co ego deste home. Grazas en nome do PP e da "Voz" do PP

5 respostas
1

Por Pacorro: Grazas a ti polo traballo

2

Por O muiñeiro da Serra: O que pasa con Beiras non pasa nen pasou con outros líderes nacionalistas doutras nacionalidades históricas con Cataluña ou o Pais Vasco. Aqui mentras en xeral Beiras é apreciado coma o mellor político galego dende Castelao no eido nacionalista, sobre todo na UPG, saltan coma feras cada vez que este home fala ou fai algunha proposta. Parecera que lle teñen pánico. Primeiro ata que se desfixeron del dentro do BNG non pararon, logo, cando tivo a valentía de irse e deixalos en pelotas, cada vez que abre a boca xa se lanzan a descualificalo porque é moi maior, ao parecer. Se as cousas seguen así vailles dar unha desagradable sorpresa na vindeiras eleccións.

3

Por Mallando a eito: Que equivocado estás, xa de afeito a non moer. Os que están até os..... das arroutadas de Beiras son sobre todo aqueles que votaron por él en Amio e que seguen no BNG,a gran maioria.Sempre me acordarei do dia despois das elecións xerais, cando armou un xou na Prensa porque o bloque continuaba no Parlamento español con dous escaños, parecíalle poucos, máis cando todos estabamos esperando que montara o mesmo xou no Consello Nacional do Venres seguinte, vai e escapa para a India, claro que pola fundación Galiza Sempre. Culto ao Ego, irresponsabilidade adolescente e idolatria quase relixiosa nos adeptos.

4

Por comento: Muiñeiro da Serra, dixéchelo muito bem.Partillo e acredito. Como os romanos de Asterix, están como cabras estes Upegallos, e teñen beiritis crónica. Alá eles.

5

Por ARTUR: TERÁ IDADE (EU ATÓPO-O MAIS NOVO E LÚCIDO QUE NUNCA) MAIS ENCANDILA OILO FALAR E MEXA POR TODOS OS TIRALEVITAS E FUTBOLEIROS ESPAÑOLISTAS DA UPG....ESTE TIPO É UN LUXO QUE NON PODEMOS DESAPROVEITAR (E QUE NON TEN PARANGÓN EN TODO O ESTADO)...O RESTO, MEDIOCRIDADE E ESTUPIDEZ NARCISISTA, É DICER: BAUTISTA, GUILLERME, JORQUERA, RODRIGUEZ...