O Compromiso por Galicia dun Novo Proxecto Común

A actuación política consiste en realizar esforzos individuais e colectivos para que se produza un resultado político desexado, que non se orixinaría doutro xeito. A actuación avalíase comparando o resultado obtido cos custos e outras condicións adversas, medidos en termos de eficacia (incremento da probabilidade de que ocorra algo) e de eficiencia (relación entre ese incremento e o seu custo).

Por Óscar Lomba | Vigo | 11/07/2012

  • versión para imprimir
A indignación do 15 M expresada nas prazas e rúas de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra ou Vigo non é un simple furor de moita mozas e mozos galegos perante a situación de inxustiza, senón entusiasmo, ímpeto, paixón constituínte, e vai en sentido contrario á segmentación e atomización que nos impón o neoliberalismo.
 
Non hai pois que facer unha lectura despolitizada do movemento 15 M e das loitas contemporáneas que quede só nunha dimensión moral da indignación. Esta dá lugar a unha rebelión política. É unha indignación favorable á xustiza social, a un cambio social nun sentido igualitario e democratizador.
Non é unha indignación desesperada. Non é un golpe de ira frustrada sen perspectiva de saída. Ao contrario, é unha indignación esperanzada que empuxa á mobilización e xera moitas ganas de vencer. É unha indignación que se basea na confianza colectiva nun nós disposto a construír outro futuro.
 
Como defenden os intelectuais -ao meu xuízo máis lúcidos- G. Arrighí, R. Brenner ou David Harvy o obxectivo dos sectores dominantes é modificar o equilibrio político e a relación de forzas existentes no conxunto da economía-mundo capitalista recorrendo para iso a todo o arsenal da violencia económica, estatal e militar. As relacións sociais están gobernadas pola violencia de clase e pola certeza de que para obter a vitoria en tal contorna complexa, as clases dominantes teñen que artellar unha formulación que poida asegurar un impacto como para modificar as relacións sociais vixentes. Lonxe de debilitar o Estado, a estratexia neoliberal supón, pois, unha reinvención da súa violencia estrutural para modificar en beneficio das clases dominantes os parámetros de convivencia social e de dominación política. Porén esa violencia estrutural esta xerando unha reacción espontánea na sociedade civil que ve ameazadas moitas das conquistas sociais que tanto esforzo e sacrificio custaron. É previsible que xurdan novas explosións espontáneas de descontento xeral que forzosamente terán a súa manifestación no espazo político.
Estimo que é necesario, máis que nunca, construír unha organización de novo tipo que naza desde abaixo e encadre no seu interior a amplos segmentos sociais.
 
Porén, como afirman Miguel A. Quintanilla e Ramón Vargas-Machuca no seu libro A Utopía Racional: “A recuperación do sentido realista para a cultura de esquerdas contribúe a que non instalemos o pensamento político nun reino ideal, nin nos sintamos confortablemente consolados cos soños da razón. Non somos individuos racionais nunha «situación orixinaria» ideal, senón que o que existen son individuos en comunidades concretas, con tradicións específicas, onde o conflito e non o consenso é o corazón da estrutura social, onde os mesmos ideais morais son utilizados para proxectos políticos rivais e incompatibles, onde a democracia non é o reino da «competencia comunicativa» universal senón o reino da transacción, do pluralismo, da incerteza nun xogo colectivo constrinxido pola existencia de relacións asimétricas de poder”
 
E refírome ás devanditas relacións asimétricas de poder e ao resto de cuestións abordadas porque nos últimos días observei que os dous proxectos que se empezaron a xestar tras a saída de Encontro Irmandiño e Mais Galiza do BNG, tras a XIII Asemblea Nacional en xaneiro de 2012, parece que están camiñando cara a posicións cada vez máis difíciles de conciliar. Opino que Mais Galiza non debeu abandonar nunca as asembleas locais e comarcais onde participaba activamente. Parece que a entrada en xogo de Acción Galega e o lanzamento de Compromiso por Galicia puideron precipitar os acontecementos. Non o sei. O que é innegable é que a confluencia orgánica é inverosímil neste momento. E iso inquiétame profundamente.
O 14 de xullo terá lugar o alumeamento dunha nova forza política que pretende romper cos moldes clásicos do que significa un partido político tradicional. E iso resulta esperanzador. Creo que a idea dun movemento social amplo, dun armazón colectivo que se organiza de xeito horizontal e pretende incidir e interactuar na esfera da sociedade política é algo orixinal e máis cando pretende recoller moitas das ideas esbozadas polo movemento indignado.
Lembro que nunha ocasión escribín sobre unha experiencia persoal baseada na observación dunha caravana de formigas que ordenadamente ía penetrando no seu formigueiro. E referinme a devandita cuestión nun artigo publicado hai tempo no xornal Galicia Hoxe e que facía mención aos enxames de insectos e outros grupos de animais, que actúan en conxunto dun xeito sorprendentemente coordinado. Forman co seu comportamento unha especie de cerebro colectivo, unha intelixencia de grupo, que é a causa de todas estas actitudes. Descubrírono científicos británicos e norteamericanos mediante modelos informáticos aplicados a diversas especies, establecendo que son leis simples as que permiten a devanditas agrupacións tomar decisións e moverse coma se formasen parte dun único organismo. Todo isto suxeriume a idea dunha conciencia colectiva. O concepto que se refire á convicción participada e ás actitudes morais que funcionan como unha forza unificadora dentro da sociedade. Esta forza atópase separada e é, xeralmente, dominante en comparación coa consciencia individual. Segundo esta teoría, unha sociedade, unha nación ou un grupo constitúen unha entidade que se comporta como un individuo global. O ser humano -como afirmaba Gardner Murphy- é "parte da inmensidade do cosmos", e esta profunda semellanza cos materiais e a estrutura cósmica constitúen a fonte potencial da realización máis profunda e rica do ser humano.
 
Cando millóns de unidades de conciencia (persoas) compartimos unha emoción semellante, ou un sentimento xeneralizado, isto ten como resultado un fenómeno enerxético, aethereo, que logra imprimirse no plano do físico. Iso é o que din as últimas pescudas que se desenvolven desde o Global Consiousness Project (Universidade de Princeton) que teñen como antecedentes algúns dos axiomas máis interesantes do pensamento humano: o concepto da Noosfera proposto por Vladimir Ivanovich Vernadsky, os campos morfoxenéticos do inglés Rupert Sheldrake e o imaxinario colectivo de Jung, entre outros.
 
Estou convencido de que calquera cambio social de envergadura terá que apoiarse na sinerxía derivada dun pensamento agrupado e unha conciencia colectiva. Fai falta un cerebro global que impulse o organismo planetario a ese cambio histórico. O cerebro global, como afirma o Dr. Francis Heylighenes, é unha metáfora para esta rede emerxente e colectivamente intelixente que está formada polas persoas deste planeta xunto coas computadoras, bases de coñecemento e enlaces de comunicación que as conectan.
 
Comparto a idea de Diamando Gritzona de que a entidade colectiva acaba por constituír un cúmulo de individualidades cuxos elementos unificadores son os principios, os intereses e os obxectivos de acción. Estes elementos actúan como unha estrutura que encadea e coordina as individualidades sen absorbelas.
 
Como defende Jean François Noubel "a aposta fundamental para a humanidade non é a fame, a pobreza, a sustentabilidade, a paz, a saúde, a educación, a economía, os recursos naturais ou unha chea doutros asuntos, senón a nosa capacidade para construír organizacións novas que sexan capaces de prover solucións. A nosa aposta fundamental é a intelixencia colectiva".
 
Débese edificar un movemento amplo e levantado desde a base, unha organización de masas e inserida no armazón social. Para conseguir artellar unha nova organización unitaria de todo o nacionalismo galego é necesario ter sempre presente o sentido prudente e pragmático sen renunciar á utopía. As diferentes culturas políticas do nacionalismo de esquerdas non debemos situar a reflexión política nun dominio idealizado e irreal. Non nos consideremos inxenuamente confortados cos espellismos fraguados pola cognición baseada en argumentos equívocos. Non somos simplemente suxeitos lóxicos e racionais nunhas condicións primixenias perfectas, senón que o que imperan son individuos en sociedades especificas, con prácticas determinadas, onde os transos sociais e non só os consensos son o miolo da estrutura xeral, onde idénticos ideais morais ou valorativos son esgrimidos para propósitos políticos antagonistas e discordantes, onde a democracia pluralista non é o campo da capacidade comunicativa global senón o feudo do arranxo, da transacción, da vacilación e indecisión nunha articulación colectiva limitada pola coexistencia de relacións asimétricas de poder.
 
Creo sinceramente que se pode construír unha organización ampla e erixida desde a base, unha estrutura colectiva horizontal e organizada en rede. De todos os xeitos entendo que o denominado Novo Proxecto Común está condenado a entenderse con Compromiso por Galicia (e algún dia, tamén, co BNG) porque se facemos o contrario estariamos sementando unha futura derrota do nacionalismo galego. 
 
* Óscar Lomba Álvarez é membro do Consello Nacional de Compromiso por Galicia e un dos 12 membros da Coordinadora Local da Asemblea Nacionalista de Vigo - Novo Proxecto Común

Óscar Lomba




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

54 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 16

    Unidade, non a calquera prezo

    Un intelectual pouco realista. Estaría de acordo si CxG fose outra cousa. Quizais habería que ter mais realismo na política (e tamén na vida). Unidade, unidade, unidade...en base a que?


    15

    Xohan

    Hai están os verdadeir@s galeg@s, dos que non se sabe si soben ou baixan, como bos cans coidando a horta, nin comen nin deixan comer,colocando paus nas asembleas das novas formacións políticas, discutindo sobre o sexo dos anxos. Si non vos interesa este proxecto deixalo correr pero non o esmaguedes coa vosa prepotente estupidez ....

    1 resposta
    1

    Por Saúde e Terra: Colocando o que? Non sexas pardal. Ninguén levou máis pedradas que o Bng nos ultimos meses e vos sode grandes culpabeis de tanta merda, unhos SINVERGONZAS de remolque das redes do PP Vos non construides nada, non sodes o catalizador de nada, nia a base de nada, so disolvente que agora sen base se evaporará como fume tóxico que sodes, tóxicos para a unidad, para a construción nacional e a defensa do pobo traballador. Non dades probeito!


    14

    antiburras

    A xente pide unidade, seriedade, loita, nación, clase, combate. Non son tempos de porches, yates e monicrecadas ególatras. HAI QUE BOTALOS. Xuntos, en bloque, podemos.

    2 respostas
    1

    Por Manuel: En bloque si.... en fin

    2

    Por En bloque, non e cen anacos: En bloque dende logo. Non en mil anacos que é a sopa de letras que sodes os güais. Nas terrazas das cafeterías co WiFi sodes a ostia. Fora de aí so uns cagados que so valen pra foufear, pra criticar o que eles nunca serían capaces de construir por ineptos. Un respeto aos maiores pardais!


    13

    antiburras

    A xente pide unidade, seriedade, loita, nación, clase, combate. Non son tempos de porches, yates e monicrecadas ególatras. HAI QUE BOTALOS. Xuntos, en bloque, podemos.

    4 respostas
    1

    Por Mendi: Como que no Bloque non hai porsches, iates e monicrecadas ególatras. Lembremos Quintana & cía...

    2

    Por Lerendi: Non oh! Quintana&CIA agora son o pouco que quedou de +Galiza(o Quinigá, como lle chamaba Beiras) agora repartidos nunha sopa de letrasNo BNG non van de la Martina Polo

    3

    Por Mendi: "Blanco y en botella". No BNG sodes mais de caso Campeón, non?

    4

    Por Lerendi: Vos sodes máis de La Martina Polo? Ou traballades para o CNI.? Para o PP dende logo e gratis. Ou non?.


    12

    Feitos de potitos Bledine FPB

    Unhas lombeiradas era o que vos facía falta . Sodes a xeración NiNi do "galeguismo indeterminado", non a indignada, a NINI


    11

    Patriota ferido

    Galiza nom tem futuro. Só há que ver os comentários que aqui aparecem. GALIZA. DEP (?-410-1846-?)


    10

    Mentiras

    Estades enfermos. En CxG ninguén fala contra o NPC e casualmente son Bascuas e Cuíña os que máis falan de unidade co NPC.

    5 respostas
    1

    Por Mendi: O insulto é o recurso da impotencia. Se en CxG, coalición con moitos (demasiados) líderes pero sen militantes de base, non se fala contra o NPC é porque agarda que as asembleas de base sexan o viveiro de militantes "pega-carteis" para os Cuíñas, Táboas e Báscuas que, créndose superiores, pasaron do asemblearismo e cociñaron o seu reparto de poder desde arriba.

    2

    Por Galego: Home hoxe por hoxe CxG ten máis militantes afiliados que o NPC, de feito temos militantes. Xa so cos que tinha Máis Galiza superamos aos do NPC. Non se trata de competir, nin de que uns peguen cartaces e outros non, haberá persoas do NPC e de CxG que debamos pegalos e outros de ámbolos dous que terán que ser os que defendan o proxecto común como candidatos. Dous tempos, dúas formas para chegar a un proxecto político amplo e plural coma o propio país

    3

    Por Galego non mintas: Se os militantes que tiña Máis Galiza ficaron case todos no Bloque Galego. Bascuas so conseguiu quedar con esas importantes siglas gracias ó desembarco de beiristas na asemblea e agora quere ser el o candidato en vez de Beiras.

    4

    Por Galego: Si si, os de +Galiza quedaron todos no BNG, por iso cando montou agora Carlinhos Aymerich Abrente non xuntou nin a 100 persoas... En fin, non se consola quen non quere e como no BNG sodes especialistas en facervos pallas mentais, pois iso a darlle.

    5

    Por Galego non mintas: Máis Galiza tiña 400 militantes, marcharon 150 con Bascuas e 250 quedaron no Bloque, moitos deles escaldados polo espectaculo vergoñento marchoso. Bascuas so gañou grazas ao desembarco beirallo que lle permitiu quedar coas siglas. Todiñas para el agora.


    9

    Xurxo

    Bo artigo. Moitos patriotas galegos estaremos con Beiras. O NPC pode ser quen de mudar a dinamica que a globalizacion capitalista esta dictando na nosa terra.


    8

    Lelé

    NPC e Compromiso por Galicia deben entenderse xa para a celebración do 25 de xullo. Outra cousa provocaría distorsión na sociedade.

    1 resposta
    1

    Por maría lois: Que pasa, a unudade é para festas ou é para facer plíticas, poderían Beiras e Cuiña aplicar as mesmas políticas?


    7

    Os de sempre

    Non falla, artigo que avoga por aunar esforzos e limar asperezas, ó que ó meu modo de ver é a única maneira de crear un "proxecto" verdadeiramente "novo e común", artigo que recibe paos. Eu aquí o que vexo é moito pepero infiltrado, que ó fin e ó cabo son os máis beneficiados desta desunión.

    2 respostas
    1

    Por Mendi: Aunar esforzos, cando abandoaron as asembleas de base para cortar o bacallau entre cúpulas? Non, grazas. Que viñeran ás asembleas en pé de igualdade e participaran como os demais: unha persoa, un voto. Que nin Cuíña, nin Báscuas, nin Táboas son máis que ninguén.

    2

    Por Infiltrado: Poñerlle "novo e común" a un proxecto que se autodescribe como Alternativa a outro xa o dice todo. Como que queira renovar o nacionalismo galego un que era do psoe


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Óscar Lomba

    Óscar Lomba Álvarez (Vigo 1966) Licenciado en Dereito-Económico pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi colaborador de Radio Piratona. Ex-vicepresidente da Cooperativa Árbore. Ten colaborado cos seguintes medios: Coiote, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, A Peneira, Kalaikia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Foro Metropolitano, Pensamiento Crítico e Tribuna Socialista. Actualmente traballa como P.S.X. na Xerencia de Atención Primaria do SERGAS en Vigo.