Á venda o DVD en directo de Heredeiros da Crus

O disco 'Heredeiros da Crus - 20 aniversario' recupera o memorable concerto que ofreceu a banda de Ribeira o pasado 3 de marzo en Ordes.Inclúe case dúas horas de concerto e material extra para os fans.

Por Paco Gallego | Galicia | 11/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A do 3 de marzo de 2012 foi unha noite inesquecible para moitos galegos. Unha das bandas máis emblemáticas e influíntes da cultura galega contemporánea volvía aos escenarios para celebrar o seu vixésimo aniversario e compracer os fans que viñan reclamando nas redes sociais o "rejreso dos máis jrandes". Os Heredeiros da Crus, o grupo que revolucionou o rock en galego nos anos 90, ofreceron aquela noite o seu primeiro concerto despois de oito anos separados. Preto de 3.000 persoas esgotaron as entradas en case 48 horas para encher a discoteca LP-45, en Ordes (A Coruña), o lugar escollido para o esperado regreso. O resultado foi unha actuación realmente memorable. Tanto, que merecía algo máis: un DVD en directo que xa está á venda.

A semana pasada comezou a distribución do DVD 'Heredeiros da Crus - 20 aniversario', un disco que inclúe boa parte do concerto de Ordes (case dúas horas de gravación, 25 cancións en total), ademais de material extra como os vídeos da campaña viral 'Volven os máis jrandes' previa ao concerto, unha galería de fotos do público asistente ao concerto ou un vídeo resumo do regreso. O DVD custa 15 euros e xa se pode conseguir nas principais tendas e librarías de Galicia, incluídas El Corte Inglés e a FNAC (relación completa de puntos de venda indicada ao final da nota).

Realizado por Gerardo Rodríguez e con Javier Abreu como posprodutor de audio, con fotografías de Marcos Martínez e unha orixinal presentación en forma de digipack en cruz, o DVD tamén se pode adquirir por internet a través da tenda online de Airapro: http://tenda.airapro.com. O DVD Heredeiros da Crus - 20 aniversario, editado pola produtora carralesa Airapro e distribuído por Inquedanzas Sonoras, é o noveno traballo discográfico editado pola banda do Barbanza despois de A Cuadrilla de Pepa a Loba (Xurelo Roxo, 1994), Está que te cajas (Xurelo Roxo, 1996), Criatura (Forza discos, 1997), Des Minutos (BOA, 1997), Erecsiones Munisipales (Grupo Salvaje, 1999), Recambios Tucho (autoeditado, 2001), All Right Chicago (BOA, 2000), Chicarrón (Phonos, 2004).

Tráiler do DVD (botón dereito>gardar destino/enlace como)1024x576:

http://www.heredeirosdacrus.com/trailer-dvd-heredeiros.mov

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe