Por choromicas (http://www.apupos.wordpress.com) | GC ABERTO | 15/07/2012
Pero en realidade, foi o mércores 11 de xullo cando todo comezou a estoupar, no fondo e nas formas. No fondo, o noso desgobernante, trala retahíla dos fortes axustes que logo oficializou o venres, recoñeceu que non tiña liberdade para facer outra cousa. Grave, moi grave. E por qué grave? Resumireino en tres puntos básicos
1. Un presidente de goberno que non só non cumpre o seu programa electoral senón que fai xusto o contrario que dixo que faría, en sentido literal, e aínda por riba o recoñece, non parece moi lexitimado polas urnas, pois a xente que o votou, na maioría dos casos, votouno polo que constaba no seu programa. A maioría absoluta xa non é tal.
2. Seguindo ese discurso, se coma gobernante non fas o que dicías que ías facer e fas outras cousas presionado “polas circunstancias” descúlpate e o que fagas faino coa máxima liberdade posible coma xestor do país que aínda es (compre lembrar que España aínda non está intervida totalmente- caso de Irlanda,Portugal e Grecia, polo que un mínimo de marxe aínda ten) para que os teus cidadáns sintan que alo menos algo gobernas. Coma exemplo, servenos Mario Monti, primeiro ministro da República Italiana, un país un case tan afogado coma España, e que está a levar a cabo duros recortes, pero resístese a subilo IVE, entroutras medidas. Aí tes un exemplo de raiola de liberdade e de autonomía coma país. Aínda que esteas “presionado polas circunstancias”
3. E coma consecuencia, se non cumpres o teu programa, e nin sequera exerces unha dose de liberdade para que os cidadáns se sintan mínimamente reconfortados nesta situación crítica, e dis que actúas contra a túa vontade (ou iso semellaba o pasado mércores) para qué gobernas?, qué pintas no teu cargo? Mellor deixa a cadeira e que o pobo dicida, antes de que sexa demasiado tarde e nos impoñan á forza un feixe de tecnócratas vidos da Europa septentrional que xa che digo eu que lles importa un carallo coma lle vaia a xente daiquí con tal de que devolvan o que lles pediu España prestado ( e coma proba tes Grecia, que duplicou o paro e os prezos e reduciu a metade os soldos dende a chegada da temida “troika”)
Eu non sei se moita xente se decatou, pero nas súas declaracións, este home recoñeceu que non goberna. Literal. Polo tanto, queda craro que este país comezou a estoupar no fondo o pasado mércores 11 de xullo.
E por qué estupou nas formas?
O xa famoso día de autos (de choque), as bancadas do Partido Popular aplaudiron cada unha das reformas que anunciaba o seu xefe. Ata tal punto chegou o surrealismo da escea que case que non se lle ouvía rematar as frases, e nun primeiro intre nin nos enterabamos da totalidade das reformas! Aplaudir o qué?, se Rajoy dixo que él non quería esas medidas que están a ferir de morte a sociedade?, aplaudir a quén?, se o mesmo xefe da parroquia recoñeceu que non ten liberdade, e dicir, que non goberna?Porén, o día seguinte, a súa portavoz dicía que aplaudiron a coraxe do seu líder. De qué coraxe me falas?, se fixo xusto o contrario do que faría un estadista con coraxe, é dicir, facer todo e mais do que lle mandan dende fóra?
E no colmo do mundo ao revés, chegou o “que se jodan” dunha tal Andrea Fabra. Unha deputada do partido do goberno, que por abocetalo perfil, aínda que non sexa imprescindible, é filla dun dos piores e máis corruptos políticos que ten este país: o señor Carlos Fabra, autor do xa mundialmente coñecido coma o primeiro aeroporto para peóns.
Esta señora, por chamala dalgún xeito educado, no momento no que o seu líder explicaba os recortes na prestación do desemprego, tras aplaudir e felicitarse dunha medida tristísima para esta sociedade, dixo: “que se jodan”. Un “que se jodan” que parece dirixiu aos desempregados, aínda que 24 horas máis tarde (nese tempo ata o meu curmán pequeno pensa nunha excusa mellor) dixo que o dicía aos políticos socialistas, porque miraba para eles. Políticamente falando, se foi a uns, mal, e se foi a outros, pior. Pero vaiamos polo miúdo. Eu coido que o dixo aos parados, e dígoo por unha simple cuestión lingüística. Sintaxe pura:
Se ti miras a un grupo de xente e queres decir algo así, dis “que os jodan”, ou “os jodéis”, ou incluso “joderos”, pero ti non miras a alguen referindote a él e falas dun “se”, que fai referencia a terceiros. Facede a proba. Andreita, se querías facer crible a mentira, tiñas que empezar dicindo que non sabes falar e construir frases simples. Polo tanto, tampouco nese caso de deputada servirías.
Non sei porqué, cando vexo ao goberno e a caste de polític@s e di-putad@s que supostamente representan a este país a día de hoxe, lémbrome desa cantiga que dicía: vou ir non sei onde, a velo santo de non sei quén, a pregarlle non sei canto, pra conseguir non sei o qué.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A "partitocracia reinante" estanos a foder a todas! Os tempos son chegados para a desobediencia civil. E as débedas ilexítimas e odiosas NON temos que pagalas, e punto final. http://cabozo.com/taboext.php?grupo... Pero certamente non temos quén goberne! http://cadtm.org/Jean-Ziegler-dice-...
Varias cousas. Primeiro pós como exemplo dunha mínima independencia a Mario Monti para logo critica-los tecnócratas chegados de terras setentrionais... ¿scusi? Mario Monti non é máis ca un peón posto aí polo FMI e o BCE. Supoño que se non sube o IVE será porque entre fusionar concellos, reducirlle soldos e despedir funcionarios optou por non tomar esa medida para que a xente non o linche. Logo, non cres que deberías respeta-las regras ortográficas do idioma? Estás a escribir nun medio de comunicación e tés que seguir unhas normas non? Pois en galego os pronomes interrogativos non se acentúan; ao igual que o pronome de terceira persoa do singular masculino; EL, que tampouco. Polo demais, nada novo baixo o sol con este artigo... para faceres un corta e pega do que se leva dicindo case unha semana aforrára-lo traballo
Por POK: Querida Castreira. Por suposto que non escribo para recibir laureis senón pra dar a miña opinión. Xa sei que Mario Monti é un tecnócrata posto polos poderes fácticos europeos, pero o que está claro e que ten máis coñecementos e sensibilidade en momentos duros coma líder, imposto ou non. Dicho alguén que coñece Italia, viviu nese país e ten contactos con cidadáns italianos que están a sofrer coma nós. Respecto ao emprego dun galego correcto ou non, desculpa que non estudiara filoloxia galega e haxa cousas que se me pasen. En todo caso grazas polo consello lingüístico. Podes ler o meu blogue http://apupos.wordpress.com/ e facerme tódalas críticas que queiras, que sempre son ben recibidas. Hai un bó feixe de artigos e documentais e estou seguro que algún che parecerá interesante. Eiquí estamos pra aprender. Encantaríame que me pasaras o teu blogue e seguirmos en contacto. un saúdo
Por Castreira: Eu pasábacho de boa gana ho, pero non teño :) Perdoa se che molestou o meu comentario. Escribino posuida por un espíritu necesitado de respostas a tódalas preguntas que me invaden en días coma estes nos que a indignación precisa canalizarse e saír fóra. Quen lle vai poñe-lo cascabel ó gato e denuncia-los gastos do Senado, das Deputacións, os soldos dos alcaldes... Supoño que era o que agardaba ler de vós, os que tedes voz... *oder; precisamos artigos que encendan ó pobo para dármonos conta de que se están a rir de nós. Lerei o teu blogue cando teña unha minchiña de tempo: Un saúdo e de novo, desculpas:
Por Vaites!: xa saeu @ pix@ progre indignatti de turno focalizando todolos males nos políticos. Xa sabemos que burgueses e pequenos burgueses sodes todos uns altruistas.
Por pok: vaites! non sei se coñeces a miña historia persoal,(se fas referencia a min, infórmoche que son un autónomo ben fodido e que nin teño casa, nin bens) aínda que de tódolos xeitos non se trata diso. O tema eiquí, a a unión da xente coma nós e o que precisamos pra derrubar o estado neoliberal que vai desfacelo todo. Ti verás, é decisión túa, de que lado te pos. Velaiquí o meu blogue, se o queres ler http://apupos.wordpress.com/ Un saúdo
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting