Este xoves xuntos contra o "saqueo do pobo"

Baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”, UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas. Os sindicatos logran así por fin a súa desunión fronte a crise e xa dialogan sobre unha folga xeral en setembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Diante das durísimas medidas que vén de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordaron convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas.

Todas elas discurrirán baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”. Subliñar que o acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será na Coruña.

Os sindicatos denuncias que "as medidas están dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras quen paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores".

As centrais lembran que o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como, o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción. Tamén incrementa os impostos indirectos subindo o tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao 10%. Suprime a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; reduce as empresas e fundacións públicas;  delimita a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; libera o sector servizos; privatiza os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, os sindicatos chaman a que a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, "tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de escenificados".

O 19J será pois a primeira vez que os tres grandes sindicatos que hai en Galicia colaboran nunha acción global contra os recortes. Segundo confirmaron a GC fontes de UXT e CC.OO, sobre a mesa de diálogo está a posibilidade dunha convocatoria común de folga xeral en setembro.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
4

fgzT

Non irei. Si teño gañas de protestar, sexa nunha acampada ou nunha manifa onde levemos por exemplo camisetas negras, pero non fago de mariachi dos sindicatos que nos levaron a perder mais e mais dereitos mentres eles enchían o peto.

2 respostas
1

Por EuSi: Pois eu si que ireí, aínda compartindo algunhas cousas que dís, calquera ocasión que teña de movilizarme contra o Gran Atraco hai que aproveitalo.

2

Por Gamela: trae a camiseta negra e o bidón de ghasolina se queres! https://www.facebook.com/events/268...


3

Pedriño

Pensades organizar algo para este sábado e domingo en Compostela. Sabedes que é a convención intermunicipal do PP de todo o Estado e que máis de 1000 alcaldes do Partido Podre asistirán e que mesmo se fala de que Rajoy podería esta na inauguración ou na clausura: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 resposta
1

Por Gamela: O sábado 21 todos a Santiago coas cacerolas ben afinadas! https://www.facebook.com/15MVigo/po... Boa idea!


2

Gamela

E xa que estamos tan UNIDOS ke tal se toda a maquinaria xurídica dos tres Sindicatos ponse a traballar para limpar este país dunha vez por todas? http://ir.gl/a89f73 Vémonos o 19J e tódolos 15M tamén!


1

Alabado sexa!

Unha boa nova ao fin. Isto comeza a coller o seu ser. Paciencia ten a CIG, sempre tirando das burras.

2 respostas
1

Por ssss: Seria unha nova moito mellor se TODOS se movilizaran tamen contra o PPsoe nas urnas, pero moito me temo que non sera asi, seguiremos na burra.

2

Por Antolín: Paciencia temos os afiliados da CIG para aturar á cúpula de mantidos incompetentes que temos de Executiva Nacional e de Secretariado Nacional, salvo contadas excepcións. Parece que os recortes económicos que anunciou Oubiña Parracho está facendo recapacitar aos ghichiños descerebrados


Folga do pasado 29 de marzo