Trileiros

Os tempos mudaron. Abonda con botarlle unha ollada ás facianas dos nosos gobernantes para comprobarmos o estado de estupefacción no que se atopan, froito da arrogancia de non ser quen de ver que as receitas do pasado deixaron de funcionar e non son máis ca profesionais obsoletos perante unha nova realidade.

Por Garcilaso de la Vega | Sarria | 18/07/2012

  • versión para imprimir

 

Perante situacións de crise económica coma a que estamos a viver, os políticos, chamémoslles tradicionais,  compórtanse de xeito automático coma auténticos vendedores de fume baseándose nunha fórmula máxica que tanto vale para a esquerda coma para a dereita: as reformas estructurais. De súpeto son todos uns reformistas convencidos que van guiar á sociedade cara unha nova alborada de felicidade e progreso. Non sexamos inxenuos.
 
Facer reformas estructurais é moi custoso para os políticos tradicionais, supón mudar esquemas que veñen funcionando de lonxe e dos que se aproveitan certos grupos da sociedade. Non se trata dun xogo de suma cero radical no que uns teñan que perder todo para que outros gañen, trátase dun xogo no que algúns teñen que perder parte dos seus privilexios para que melloren as condicións dos que o status quo imperante deixa fora do sistema. Porén, o que se beneficia dun certo entorno non vai deixar así coma así que as cousas muden, vai exercer toda a presión posíbel para evitalo usando os seus lobbies para facerlle ver aos políticos a grande cantidade de votos que van perder  no caso de seguir adiante coas súas malvadas intencións, ao tempo que se adican a facer proselitismo a respeito das bondades do estado de cousas que algúns malfeitores queren tumbar. Co traballo medio feito, o gobernante cómpre que decida. Ten que facer algunha caste de mude a xeito de narcotizante para enganar aos máis desfavorecidos polo sistema, mais que non teñan fodura abondo como para que muden as condicións significativamente. Velaí temos  ó político como trileiro.
 
Ben todo isto a conto por mor da actuación que está a ter o goberno presidido polo Sr Rajoy. Seica xa fixo todo o que tiña que facer, é máis, xa no pode facer máis do que fixo e agora xa so resta agardar a que Europa o rescate. Madia leva. Fixo unha reforma laboral que non deixa de ser un simple remendo que non resolve nengún dos problemas do mal funcionamento crónico do mercado de traballo. Unha reforma do sistema financieiro que xa quedara obsoleta non mesmo intre no que o ministro De Guindos a estaba a presentar. Unha suba de impostos na procura de non tocar de xeito integral un sistema fiscal inxusto e que condiciona negativamente a actividade económica. Unha reforma da administración para darlle máis poder ás deputacións como vieiro para que non mude nada. Unha chea de reformas, en definitiva, que non merecen tal nome e que non son máis ca elementos propagandísticos que procuran enxergar un grande engano, facendo ver que existe unha actividade frenética que, unha vez que se raña un chisco, amosa unha fuxida cara adiante que non leva a ningures.
 
As manifestacións que fan os políticos de toda a vida cómpre non lelas literalmente, pasándoas pola peneira dunha boa traducción. Xa que logo, o que quere dicir o Sr. Rajoy é que xa fixo todo o que podía facer sen estragar definitivamente as súas posibilidades electorais. E pide axuda a Europa porque hai un elemento que non se está a deixar enganar: uns “malvados” mercados que están a cumprir unha laboura louvábel ao amosar as vergoñas dos nosos gobernantes, deixando ao descuberto que non son quen de abandonar as antigas artes de trileiro á procura de enganar a todo o mundo todo o tempo co único obxetivo de manter o poder. 
 
Mais, por sorte, todos sabemos que un engano masivo non se pode soster indefinidamente, e son eses mercados aos que tanto se ataca a cotío, os que nos están a deixar ver a realidade. Aproveitemos esta oportunidade en troques de tentar matar ao mensaxeiro.

Garcilaso de la Vega




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

34 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    Yma

    Gústame moito o escrito. O sr. Rajoy forma parte desa alta capa de la sociedad que fará o imposible para que as cousas non muden no que lles toca. De ahí, por exemplo, esa resistencia a eliminar as Diputacións e as suas contratas. Ten tufillo monárquico. Pero fai falta aire fresco, novas ideas políticas e económicas que encaixen no federalismo europeo. Novos xeitos serios de facer negocios sin Bribón. Os mercados, ao fin, teñen eso que os norteamericanos chaman "man invisible" e que está descubrindo as nosas vergonzas ata propiciar ESE cambio.


    12

    koi

    Menos mal que hai alguén con sentido neste país moribundo. Os do partidiño de Padín serao poucos, pero fan boa faia.


    11

    Coruñes

    Noto en falta que concretedes as vosas propostas, por exemplo se estades a favor do despido libre, se estades a favor que se paguen impostos e que tipo de impostos, cal é o papel do estado no voso proxecto político (a ver se sodes anarquistas de direitas), que papel asignades aos servicios públicos (si é que teñen que existir). Os radicalismos non me gustan nin os de direitas nin os de esquerdas nin os do suposto chamado centro. Este país precisa sentidiño, centralidade e propostas concretas.

    1 resposta
    1

    Por Xosé Lois: www.converxencia.eu Ahí tes todas as nosas propostas políticas e concretas....xa verás que o que impera é o sentidiño común e moi pouca demagoxia.


    10

    Meu Rei

    Demisión...esa é unha ver a pouco usada neste país. Apuntaba o outro día o Sr. Padín nun post que ao Sr. Feijoo habería que pagarlle, como comercial que é, en base a resultados. Coma un autónomo. E aínda que fora unha boa retranca....a verdade é que me parece perfecto. Sr. Rajoy, a que non ten 'miolos' para propoñerlle a toda a sús tropa que cobre por facer ben o servizo público para que foron elixidos...e que non o fan ben non van cobrar...xa vería con cantos se queda. Moi bo artigo Sr. de la Vega. Fala vostede claro e alto. Canta falla fai xente coma vostede.


    9

    Buscando respostas

    Alguén que milite ou simpatice con Converxencia XXI me pode responder á seguinte refexión--pregunta? Supoñemos que parte do problema que vivimos hoxendía ten que ver coa falta de regulación estatatal, primeiro das caixas de aforro e logo dos bancos. Ás primeiras dóuselles manga ancha e deixouse que se metesen en negocios inmobiliarios, cando se supón que unha caixa de aforros debía invertir os seus beneficios na obra social. ¿Como ve isto C XXI? ¿Non está a favor dunha regularización por parte do goberno? E o mesmo co tema dos bancos. A falta de "man dura" por parte do regulador fixo que se metesen en negocios especulativos que, baixo a miña opinión, deberían estaren penados con cárcere. ¿Como o ven vostedes que son "canto menos estado mellor"? E finalmente; que opinarían dun "proteccionismo suave" de cara ás empresas galegas coma maneira de incentiva-lo consumo interno de productos só galegos. Saúdos e gracias.

    9 respostas
    2

    Por xan soares: Bótalle un ollo á película "Fraude" no que che explican a crise dende un punto de vista liberal. http://carlosvpadin.blogspot.com.es... O das caixas é un claro exemplo de que unha banca en mans de políticos é a pior das bancas posibles e mira que as privadas a día de hoxe son nefastas. Unha aperta.

    3

    Por Marxista: Non sei que dirá Fernando del Rio Iglesias bó economista amigo de Padin e asinante do retraso na idade de xubilación e computo, asesor e colaborador de FEDEA. Qué é FEDEA? BBVA, Banco de Andalucia, Banesto, Banco Santander, Popular, Acciona, Ibercaja, La Caixa etc. Teoricamente se xustifica o rescate bancario polo efecto dominó e de pánico consecuente, coma cando deixaron caer Lehman Bross. Ainda que en USA deixaron caer logo outros de menos importancia. Claro que en USA non teñen porque ser entidades bancarias solventes e sen activos tóxicos os que poidan pedir cartos o BCE porque os estados non poden.

    4

    Por Marxista: Por certo, onde estaban Padin e o liberal economista Fernando del Rio cando se formaba a burbulla de crédito bancaria?. Non teño eu ningunha referencia a que comentaran entón algo sobre o tema.

    5

    Por Marxista: Por certo, onde estaban Padin e o liberal economista Fernando del Rio cando se formaba a burbulla bancaria?. Non teño eu ningunha referencia a que comentaran entón algo sobre o tema.

    6

    Por Buscando respostas: Grazas aos 3. Precisaba concrecións porque, aínda que coñezo o ideario liberal, gustaríame que explicasen o seu programa dende a realidade concreta de Galicia.

    7

    Por xan soares: pois ao respecto de Galicia, podes ler información na páxina web de converxencia.eu pero tamén niste mesmo xornal tés en "opinión" os moi interesantes artigos de Carlos Padín nos que habla de Galicia en varias ocasións. MArxista, Converxencia XXi foi o único partido que se pronunciou públicamente en contra do rescate á banca. Unha aperta!

    8

    Por marxistas: Xan, o uneco partido?????? os partidos marxistas non só opoñeronse, senon que piden nacionalizala, ou polo menos unha banca pública. Pero sempre, non agora coma certos oportunistas.

    9

    Por Buscando respostas: Estou totalmente de acordo con Coruñés, que escribe o comentario seguinte, e á vez con Marxista. Vivimos malos tempos para os ideais políticos... o PP nacionalizando bancos e subíndolle-los impostos ós autónomos? Onde se viu? Por iso é necesario un exercicio de pedagoxía e concreción por parte dos partidos, e non irse sacando a ideoloxía da manga en función do que vaia pasando. Moitas veces os artigos que se escriben son moi bos como teorías políticas ou económicas, pero, baixo o meu punto de vista, pouco aplicables á realidade galega.


    8

    Versace

    Que credibilidade pode ter un nacho que en pleno vrao viste unha coreana abrochada ate a ghorxa.

    1 resposta
    1

    Por D&G: Probábelmente a foto foi tomada en inverno.


    7

    Alfredo

    Cierto como la vida misma, PP_PSOE_BNG, el status quo de la política gallega nunca se atreverán a cojer el toro por los cuernos. Necestitamos alternativas


    6

    Derry

    Bo artigo, parabéns


    5

    lector interesado

    Ben o artigo, parabéns, hai certas cousas que matizaría mais está bastante ben. Por certo, Marxista, non poderías expresar a túa opinión sen faltarlle ao respecto ao articulista? Non creo que sexan modos.

    1 resposta
    1

    Por Marxista: Non é a miña intención faltarlle ao respeto, e se así o considera pidolle disculpas. Pero dame a sensación que toma aos lectores por parvos. Antes da reforma laboral Rosell dictaba o guión. É mais pedia recortes en funcionarios, gremio que non é da sua competencia. A troika comunitaria que non é mais banqueiros, grupos de investimento, corporacións etc a suba do IVE, recurtes de prestacións etc. e o home fala de políticos que se escusan nos mercados.


    4

    Marxista

    Vaia vendedores de crecepelo! Xa non queda honradez no liberalismo? Hai unha resposta aos males do capitalismo que se chama SOCIALISMO, E hai políticos que dan solucións. Eu son nacionalista, mais non teño problema en alabar as intervencións no congreso dun político que da solucións. O economísta Alberto Garzón. E ao liberal xunta letras que escrebe este panfleto que focaliza todolos males nos monicleques políticos dos mercados, recomendarialle que lera o gran liberal e moralista Adam Smith que sempre nos alertou contra a COLUSIÓN dos mercaderes. Que non se xuntan nin para unha partida de cartas sen pactar prezos e perxudicar a un terceiro, neste caso a maioria social.

    9 respostas
    1

    Por Marxista: Non é o mesmo liberal que neo liberal nin moito menos. O liberalismo percura ao igual que o marxismo a liberdade e progreso individual. O socialismo a liberdade individual mediante a liberdade colectiva e o liberalismo a liberdade colectiva mediante a liberdade individual. Ao neo liberalismo o colectivo non lle importa. Padin é membro e fundador do think tank liberal GALIDEM, membro do European Liberal Forum. E quén financia o European Liberal Forum?. Busca o movil i encontrarás o criminal, pois nin mais nin menos que o multimillonario ultra neo liberal e reaccionario ex candidato a casa Blanca Ross Perot.

    2

    Por mesmo eu: Marxista, ti sabes o que é o European Liberal Forum

    3

    Por mesmo eu: é unha pregunta

    4

    Por DFQG: Si, xa se veu o socialismo a onde nos levou jeje..............

    5

    Por Marxista: Tes razón DFQG grazas o glorioso alzamento e os diferentes gobernos liberais non estamos escravizados polos "roxos". Cos comunistas e socialistas non teriamos traballo nin vivenda, comeriamos na beneficencia, a sanidade i educación un desastre. Lingua e cultura galega desaparecendo, a terra e costa desfeita...

    6

    Por Marxista: O tes doado mesmo eu tes boa refencia na rede, senon sabes inglés podocho traducir. En todas verás que está ligada ao partido da Reforma de Ross Perot. AAquél sonado candidato mulmillonario que quería sacar o exercito as rúas das cibdades ianquis coa desculpa de combater a delincuencia

    7

    Por mesmo eu: Fun á páxina web do European Liberal Forum e non ten nada que ver co que dis, marxista, o ELF, polo que puiden ver é unha organización financiada polo grupo liberal do parlamento europeo, non é así?

    8

    Por Ukbu: Pois con 70 anos de políticas socialistas é a onde estamos a chegar jeje.....

    9

    Por DFQG: Se o do inglés vai por min, non fai falla que traduzas, que mentras ti, andabas a vivir do sistema capitalista ese que ti dis, e andabas a chupar becas capitalistas e vivindo das rendas capitalistas e de subsidios capitalistas dos teus papis eu xa andaba a traballar polo mundo adiante desde os 18 anos home jeje! Get a life!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Últimas de Garcilaso de la Vega

    Garcilaso de la Vega

    Nacín en Sarria (Lugo) no ano 1971. Son Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago. Teño traballado en distintos sectores, sempre no ámbito da empresa privada e en labouras relacionadas co mundo comercial, o que me levou a morar en distintas partes de Galicia. Na actualidade son executivo comercial e partillo o meu traballo co cargo de Secretario de Organización e Eventos en Converxencia XXI.