Blanco, a piques de loitar por ser o rival de Feijóo

O ex-ministro de Fomento suma os apoios de Bugallo e Rego para enfrontarse a Pachi Vázquez por ser cabeza de cartel do PSdeG nunhas autonómicas que poderían non estar tan próximas. Con todo, dous factores reteñen a súa presentación as primarias de Outono.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Primeiro foi Xosé Sánchez Bugallo, líder do PSdeG en Santiago, e onte foi Ismael Rego, ex-voceiro parlamentario e deputado do PSdeG por Lugo. Cada día son máis os persoeiros socialistas que se atreven a animar a Pepe Blanco a que compita con Pachi Vázquez polo cartel á Xunta de Galicia.

Rego foi moi claro. "Sería unha boa noticia para os militantes que figuras tan emblemáticas, con un liderazgo tan claro e tan capacitado como Blanco mostrara a súa disposición a presentarse ás primarias", dixo o político lugués.

Todo un desafío ao actual líder dos socialistas galegos, o único que até hoxe anunciou que se ía presentar as primarias.

Malia o evidente desexo dalgúns mandatarios, o ex-ministro de Fomento non dá o paso, polo menos polo de agora, por dous motivos. A primeira causa é da propia 'cociña' do partido. Malia que Blanco mantén unha boa relación co seu ex-compañeiro de gabinete Pérez Rubalcaba, cómpre lembrar que Pachi Vázquez apoiou a Rubalcaba na súa loita con Chacón por liderar o PSOE. Nese sentido, non é factíbel que Blanco desafíe a Vázquez sen antes obter luz verde dende Madrid, ou polo menos a promesa de neutralidade.

O segundo factor que retén a Blanco é a súa imputación na Operación Campeón. Os seus partidarios agardan que o Supremo desestime pronto as acusacións de Jorge Dorribo, como fixo xa a Xustiza coas acusacións contra o alcalde de Lugo. Con todo, os indicios coñecidos contra Blanco son máis concretos dos que había contra Orozco. Polo tanto, non é previsíbel que Blanco poida aparecer como libre de culpa ante a opinión pública cando menos até finais do verán.

Precisamente é nesas datas cando o PSdeG ten previsto lanzar o proceso de primarias. Se Blanco non está 'desimputado' entón, carece de opcións. Por iso no aparato do PSdeG tentase acelerar ao máximo o proceso das primarias, mesmo malia os rumores cada vez máis frecuentes de que Feijóo, até o rebumbio que están a crear os recortes de Feijóo e previsíbel intervención de España, esgotará a lexislatura até a próxima primavera.

Se a 'desimputación'' de Blanco non chega a tempo ou non chega en absoluto, daquela é cando os críticos con Vázquez mirarían a Francisco Caamaño, o representante máis claro do 'chaconismo' en Galicia.

 

 

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

24 comentarios
8

ESQUERDOSO

Como ese espaÑolero sexa o candidato do PSdeG, eu VOTAREI por OUTROS...

4 respostas
1

Por XanKaraLlás: ¿Españoleiro Blanco? ¿Pero ti pensas que o PSOE é un partido nacionalista ou que? Polo menos el non fala o galego tan mal como o Pachi. E de paso dígoche que non se debe votar nin polo PP nin polo PSOE. Do que se trata é precisamente de acabarmos con ese bipartidismo capitalista.

2

Por ESQUERDOSO: Si, tan espaÑolero como os teus signos de ¿. igualiño ;-)

3

Por Papoula: XanKaraLlás, pois hai de todo e precisamente Blanco é xustamente o que dí Esquerdoso e por certo Pachi polo menos fálao, Blanco xamais (ben, onte empezou no CNG. Por certo, falar de bipartidismo cando aquí gobernaron coalición es cando menos curioso...ou de letras.

4

Por XanKaraLlás: Non, Papoula. Eu teño oído falar a Blanco en galego, o que pasa é que non vai facelo como ministro en Madrid. E non concordo con que Pachi fala galego. Pachi cando pretende falar galego en realidade fala un esperpento híbrido de galego e castelán que está máis preto do castelán que do galego, o cal ten como efecto o deterioro cada vez maior do galego, ata a súa definitiva desaparición se non cambian as cousas. Decididamente, gustaríame (relativamente, porque nunca votarei PSOE) que Blanco fose o candidato. Sería a primeira vez que o PSOE galego pensa coa cabeza.


7

eusi

Outro Fraga que tem de vir de Madri para abraiar-nos a todos os galeginhos que nom saimos do terrunho...


6

Emigrante

Este era o que falou no Barco de Valdeorras con Torito de "imposición lingüística", para iso prefiro a Pachi, e a ver se o soberanismo galego dá a sorpresa xa. Nin gaivotas nin rosas ,urchas!!!

4 respostas
1

Por Xoelho: Blanco, malia que non fale ben o galego, como pasa con case todos os políticos do país, fálao bastante melhor que o Pachi, que resulta lamentable. Blanco creo que é o melhor que pode presentar o PSOE.

2

Por Bastante melhor si: Pachi Vázquez fala un galego real e fálao que é o mais importante. Blanco é neofalante -non e culpa del- e nin o fala. "Miúdo" analista estas feito.

3

Por Xoelho: Non. Pachi Vázquez confunde o galego con falar mal o castelán. Non é galego "real", é seguir a corrente da progresiva castelanización do galego, que consiste en non distinguir entre castelán e galego, como se fosen un_a mesma lingua, é dicir, fai o necesario para que o galego chegue a desaparecer por completo, cada día un pouco máis castelanizado. Iso si, trata de pórlhe moito acento galego, para parecer máis natural. Un político comprometido coa lingua ten a obriga de non falar un galego vulgar, e menos aínda tan vulgar como o de Pachi Vázquez. En vez de dar exemplo, o que fai é contribuír á analfabetización no galego. Falar galego non é falar mal, iso é o que queren os inimigos da nosa lingua, queren que a menosprecemos e a falemos mal, como se falar galego fose falar castelán dun xeito pailán ou paduano.

4

Por Xoelho: Non sei que será peor, falar un pésimo e "populacheiro" galego, como o Pachi, ou non falalo. Eu prefiro que para falalo así non o fale. E ti, como se ve, es cómplice destas cousas. A ver se o PP cho paga.


5

Poncio Pilatos

Rego y Bugallo, el primero ha desertado de currar en la Alumina hace muchos años y se acostumbró a la buena vida que ahora se le acaba y el segundo que en la vida civil es de profesión camarero......Tal vez si Pepiño construye un chalet en Foz los lleve a una de chofer y al otro de mayordomo. Tranquilo Pachi, que con esos apoyos te lo ponen fácil.

3 respostas
1

Por O muiñeiro da Serra: Cando utilizas as profesións ou empregos para descualificar ás persoas xa non fai falla que nos digas "de quen veis sendo". O teu é de "ordeo e mando"; dixo xa tivemos bastante; as persoas valen polo que fixeron, fagan e poidamos pensar son que de seguir facendo. Os títulos deixaos para a nobleza que esa traballa para todos, non sí?

2

Por Poncio Pilatos: Querido Muiñeiro, iste fato de lambos e o que nos levou a esta situación; os Regos e os Bugallos de turno que levan case tantos anos coma Franco vivindo da política. Istes son unhos vividores e non saben facer outra cousa. Todo o demais son lerias.

3

Por Salvador: Non é médico o Bugallo?


4

Xoelho

Eu coido que Blanco, si, Pepe ou Pepinho Blanco, é o melhor candidato que posiblemente pode pór o PSOE para enfrentarse ao PP nas autonómicas. Porque é o Alfonso Guerra galego, porque é punzante e ten a frescura que non tenhen outros. Eu, por suposto, non votaría por el porque non voto polo PSOE nin polo PP xamais, pero paréceme que é un candidato bastante melhor e con máis posibilidades que os que o PSOE tivo ata o momento, incluíndo este último do "Patxi" Vázquez, o Tourinho anterior presidente da Xunta e outras calamidades anteriores como, por exemplo, ese que foi alcalde de Betanzos e do que non lembro agora o nome.

2 respostas
1

Por Negro: De Blanco aínda lembro cando dixo que non se podía facer o da dación da vivenda para cancelar a hipoteca porque "afectaria a los balances de las entidades bancarias", parecíalle unha imposición inxusta aos pobres bancos igual que o do galego.

2

Por Papoula: estou dacordo, é o mellor candidato para obter pores sesultados electorais que cando se presentou Caballero.


3

Gamela

Don José Blanco, é deses políticos que VIVIRON sempre do Partido (dende as xuventudes ate o ministerio) representa xustamente á Casta que nos levou ata onde estamos, e os raposos non mudan o carácter por moito que pasen os anos! Se alguén quere salvar Galicia entregándolla a este persoaxe gris, flaco favor fará! Él mesmo "se retrata" no seu último post sobre o fraude do PP, as etiquetas OCULTACIÓN e ENGANO poderíanse aplicar puntualmente á súa xestión política á sombra do Bamby Zapatero [ http://www.pepeblanco.es/escano-con... ] Ou rematamos coa lacra do bipartidismo ou o futuro pinta ben negro! "Hasta las pelotas de rosas y gaviotas". Saúde.


2

Gamela

En clave electoral :: ante a desfeita que se está a producir no nacionalismo coa multiplicación de siglas ate a náusea, poderíamos ter un escenario electoral no que o chamado "voto útil" caera nas mans deste gran embaucador chamado familiarmente Pepe Blanco, mellor fora refefirnos a il coma Don José http://www.pepeblanco.es/bio/ Non é só o caso Dorribo o que ten no seu DEBE o ex-ministro de Fomento senon a declaración do Estado de Alarma (por primeira vez en democracia) en relación a un oscuro NEGOCIO na privatización de AENA (que aínda está pendente nos tribunais) http://gamela00.blogspot.com.es/201... Bataría con ver quen está a traballar a prol da candidatura de Pepiño para botarse a tremer, refírome ao alcalde de Vigo, Caín Caballero. Deus os dá, e eles se xuntan...?

2 respostas
1

Por Un vello galeguista defraudado: Gamela, está claro que a túa única opción é que o BNG se presente en solitario ás eleccións autonómicas. Non che vale ningún; nen socialista nen nacionalista (agás Jorquera). O teu é de diván, non cres?

2

Por Gamela: O diván sempre tivo para mín algo interesante (a máis de cómodo) pódese escoitar o eco dos erros cometidos ao longo da túa vida e quén sabe se así evitaríamos volver tropezar na mesma pedra! Polo resto ou non me explico ou non me entendes en absoluto! Jorquera non é máis co títere de Paco Rodríguez (xustamente os causantes do desastre nas filas nacionalistas) Sentíndoo moito, prefiro seguir no DIVÁN! Amén.


1

Me voy a reir

Seguro que lleva a Dorribo en el equipo como encargado del área económica.

1 resposta
1

Por El PPresidente: Y un güevo! Está con Nosotros.


Pachi Vázquez e Pepe Blanco en 2011