Preestrea da longametraxe documental "Shoots from Abyssinia", do galego Ovidio Fernández

Esta longametraxe é a culminación dun traballo que se iniciou no verán de 2010 coa rodaxe no norte de Etiopía. A preestrea tivo lugar na sede da SGAE en Santiago de Compostela.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 21/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A película xurde nun principio para amosar Etiopía, un país completamente descoñecido para a gran maioría da xente que vive ó norte e de costas ó continente africano. O coñecemento da realidade etíope é cada vez máis perentorio. Baste comentar como exemplo que Galicia, na última década, incrementou a súa poboación en máis de 700 nenos adoptados por familias galegas, precisamente cando as taxas de crecemento da poboación e renovación xeracional caen en picado.

O descoñecemento da realidade do seu país de orixe fai que xurdan estereotipos, tópicos e prexuízos na convivencia con eles que sería bo desterrar por anacrónicos.

Esta proxección de preestrea faise antes de que o filme comece a súa andaina pola temporada de festivais. Cabe destacar que o 10% dos beneficios que se obteñan da comercialización da película será entregado ao Padre Olaran en Wukro (Etiopía) para axudarlle a desenvolver o seu proxecto.

Para mais información, consulta a paxina www.ovidiofernandez.com

SINOPSE

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopia, escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente, Etiopía. A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ó clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

FICHA TÉCNICA

Duración: 101 minutos. Formato: H264. HD.

Protagonizada por: Abdul Fernández Fondevila Imaxe, guión e montaxe: Ovidio Fernández Sánchez Encargouse da produción Catarina Fernández Fondevila Asistencia ó guión: Xandra Tedín Mouzo, Ana Cadenas Pérez e Eva Sandino

Contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

© 2012 Ovidio Fernández Sánchez

CURIOSIDADES DA VIAXE 

- Abdul, Catarina e Ovidio percorreron 3.800km nun 4x4.

- Iniciaron a viaxe en Addis Abeba o 27/07/2010, chegaron as fontes do Nilo o 17 de agosto e remataron a viaxe o 20/08/2010.

- A gravación fíxose especialmente dificultosa por coincidir coa época das choivas nese país.

- En Gorgora descubriron a única icona da que se teña constancia de Pedro Páez en Etiopía tras unha laboriosa busca.

- O título Shoots from Abyssinia recupera o vello nome de Etiopía, que 450 anos atrás lle puxeran os portugueses: Abissínia.

- Dada a ampla extensión do país e a riqueza e variedade cultural, deixouse o sur para unha segunda parte que xa está en proceso de edición.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Imaxe de Shoots from Abyssimia

Imaxe de Shoots from Abyssimia

Imaxe de Shoots from Abyssimia

Imaxe de Shoots from Abyssimia