O loro de Feijóo

En moitos países de Hispanoamérica, as familias de ben adoitaban posuír un loro como animal de distracción. Xa for polo gusto do loro ou polo do propietario, era común deixar nas gaiolas os refugallos do chocolate que degustaban na casa. Como é sabido, unha vez que moitas desas familias entraron en deleiba financeira, decidiron eliminar a ración de chocolate do loro.

Por Marcelino Fdez. Mallo | A Coruña | 25/07/2012

  • versión para imprimir

Descoñécese se tal determinación foi causa de liortas no seo do fogar inda que eu aposto pola existencia de intensas rifas e discusións. Poderían esquecer deste xeito as penurias económicas e demorar as decisións de maior envergadura. Para min que Feijóo imaxina o Parlamento coma unha gaiola xigante e identifica, teno doado, algúns deputados con aquelas aves psitaciformes. 

El sabe (todos sabemos) que pasar de 75 a 60 representantes na Cámara tería sobre as contas públicas galegas un efecto minúsculo. Pero tamén sabe que gañou unhas eleccións cun par de fotografías e unhas maledicencias sobre coches oficiais e cadeiras invisibles. Pouco máis lle fixo falta. Se con isto da redución de parlamentarios consegue facer ruído dabondo, quizais lle abonde para confrontar o seu propósito de austeridade coa ansia de dilapidación da oposición. 
 
A oposición (a de dentro e a de fóra do Parlamento) non debería caer no tirapuxa que pretende o PP galego. De feito, habería presentar a súa contraproposta. Aceptar a redución de deputados sempre e cando se inclúa nun Plan de racionalización completo que contemple a eliminación das deputacións provinciais e a contracción dos concellos ata un número razoable de 40-50. Tería tanto sentido a decisión que ata o loro ficaría de acordo. Feijóo?

Marcelino Fdez. Mallo




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
2

Marcelino

Estou de acordo co Sr. Mallo. A dereira galega do Sr. Feijóoe unha pandilla de gansters metidos a política para o seu beneficio persoal. Os demais, os do BNG ( e os seus restos ) e os de PSOE son persoas honradas e traballadoras.Persoas que ganan eleccións decindo verdades e cumprindo extrictamente e seo programa electoral. Así que o que hay que facer e volver a votalos para que teñan outra vez o poder na Xunta. E a ver si desta vez os lembrades de mín, que teño o carnet fai 20 anos e sou experto no que sea necesario para o ben de Galicia. Igual que moitos conselleiros da etapa anterior. De paso, a ver si lle dades o Sr. Fernández Mallo algún posto ben remunerado e de pouco traballo que o home ben o ten merecido pola sua loita progresista e democrática, aunque só sexa uns poucos anos.


1

NonMeCreoNada

Perdoe vostede, Feijoo non gañou polo que di, senón porque a xente estaba até o gorro do repartito. Nunha época de vacas gordas non fixeran nada (ou non souberon vendelo). Eran tempos nos que medraban as listas de espera e se vendía como un logro insuperable para a cidadanía cambiar o nome do hospital Juan Canalejo por Chuac; eran tempos nos que avanzaba o medo, o ambiente de opresión e de imposicións diversas. Eran tempos nos que un asesor nacionalista do concello da Coruña foi denunciado por un veciño do Ventorrillo por berrar de beirarúa a beirarúa: FASCISTA, IMOS POR TI. TEN COIDADO, CAN. Agora voltará a gañar porque as alternativas a Feijoo tampouco son moi seria, e mais porque a oposición tería que facer un goberno conxunto, e se voltaría ás imposicións, a reducir os espazos de liberdade, etcétera, e a xente non quere eso. Poderemos ser pobres, pero cando menos, libres.

3 respostas
1

Por serxio: Podemos sor probes pero cando menos libres?. Soberana parvada, non podes ser ceibe se non tes uns mínimos de vida decente. Consideras libres o 30% mais de cibdadans que teñen a obriga de dedicarse a prostitución pra vivir?. Consideras libre as persoas maiores que teñen que decidir entre comer ou tomar as necesarias mediciñas?. Adicome nos ratos libres altruistamente a traballar cooperando en orgaizacións sociais que atenden aos mais necesitados coma dependentes e o teu comentario semellame mais que cruel psicópata, porque hai moito drama, moita indecencia nas actuais políticas sociais. Namentras o bipartito facia residencias pra dependentes e discapacitados, estes non lles recoñecen a discapacidade ate dous anos e medio sen efecto retroactivo, sacaronlles a seguridade social a familiares que os atende amais de rebaixarlles o soldo. Cobranlles moitas mediciññas imprescindibles pra vivir, quitaronlles todo tipo de axudas..

2

Por NonMeCreoNada: Non me fagas rir. O bipartito segundo é sabido non inaugurou ningún comedor social ou residencia de transeúntes. Será que estes teñen necesidades vitais perentorias e non estan para ir votar, polo tanto para que atendelos... Eu penso que no nacionalismo pode haber algo de ideoloxía, pero predomina sobre todo o clientelismo, e ai tes a famosa figura dos "mantidos".

3

Por alexandre dadas: 3600 millons de Euros aumentou a debeda dende que esta o noso alberto.O paro xa nin falamos.O fortisimo sistema financieiro galego unificado a piques de ser rescatado.A industria eolica paralizada.Estes son feitos do desgoberno Feijoo e algun que me deixo.Non esquezamos que este individuo gasta 2,8 millons de Euros en asesores postos a dedo.Hai que asegurar as mamandurrias


Marcelino Fernández Mallo

Economista coruñés con ampla traxectoria no sector financeiro galego e no mundo Internet. Colaborou con medios de distinta liña entre os que cabe salientar Vieiros, a Radio Galega e Xornal de Galicia. É autor das novelas Pallarega, A trenza ou Klásicos. Mantén o blog Atrenza.
@pallarego