As peaxes da AP-9 subirán un 14% en nove meses

Viaxar de Ferrol a Vigo custará 18,5 euros. A Xunta afirma que o incremento decretado por Fomento "non é unha boa noticia" pero culpa ao PSOE polo "déficit herdado" do PSOE

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 

O prezo do viaxe de Fene á Coruña subirá a 4,15 euros para os coches; da Coruña a Santiago custará 5,90 euros; de Santiago a Pontevedra serán 5,05 e de Pontevedra a Vigo, 3,40. En total, viaxar de Ferrol a Vigo sairá por 18,5 euros.
 
E é que Audasa subirá un 7,5% o importe a pagar nas autoestradas da súa competencia a partir deste domingo. Unha suba que ven recomendada polo Ministerio de Fomento pero que supón, tan só, a metade do que se pagará en setembro, cando engada un 3% máis ao xa subido, e ao case 4% que xa subiu ao longo deste ano.
 
Culpas para o PSOE
 
Unha "mala noticia" para o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta, Alfonso Rueda, que aproveitou para culpar ao PSOE da situación polo  "déficit herdado" do Goberno socialista.
 
O Ministerio de Fomento comunicou este venres ás empresas concesionarias das diferentes vías a orde pola que fixa as tarifas máximas. Despois deste paso, depende da decisión de cada firma o incremento dos prezos.
 
Mellores servizos
 
Con todo, e tras a suba, Rueda apuntou que o Goberno galego "esixirá ao Ministerio de Fomento e ás concesionarias" que "extremen a calidade na prestación de servizos" para "evitar molestias polos atascos nas peaxes". Unha situación que, sen embargo, non se cumple no caso da AP-9 na que se produciron despidos nos últimos meses e tamén se reduciu orzamento en seguridade, como é o apagado do alumeado nalgunhas zonas da autopista.
 
"Non é de recibo situacións como as que se viviron nos últimos días con colas quilométricas, atrasos enormes e que, por encima, a xente teña que pagar por iso unha peaxe maior", dixo Alfonso Rueda en alusión aos atascos dos últimos días provocados pola masiva asistencia ás praias.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
4

galegoexiliado

Certo, os que non tedes coche non ides a pagar o peaxe (voso ou dos señoritos). Pero os que non tedes coche tamén pagaredes o incremento no custe das mercadurías, pois autoestrada non é un lugar de paseo senon unha ferramenta mais de producción que facilita o transporte e distrubución de mercadurias así como os desprazamentos de persoas coas suas repercusions económicas, turísticas e culturais entre zonas da Comunidade. Claro que un tal Rueda, como sempre, culpa a Zparo da desfeita e por gobernar Galiza dende o 39 e ampliar a concesión cincuenta anos mais. Pola outra banda España va bien.


3

Rayleigh

Por certo...Isto hai que agradecerllo a Feijoó que no 2004 aumentou a concesión outros 45 anos. Non pasa nada. O importante é transmitir o bo rollo que hai entre os irmandiños e demáis.


2

noute

Vaia parida quintaniña. As infraestruturas básicas rodoviárias dun país deben estar en mans da soberanía popular, non de quen ten mais que amortizado o investimento. E por certo que a construción da Ap9 tivo lugar de forma escandalosamente caciquil. O capitalismo é un timo que nos leva ao medievo cobrandonos tributo por pasar camiños e portas.


1

Quintaniña

Paréceme ben. Os que non temos coche non lles imos pagar aos señoritos. Xa está ben de vivir da subvención.

1 resposta
1

Por Cabovilaño: Aínda hai que quitar a subvención nos peaxes da Barcala-Coruña e Rande-Vigo que paga 50-50 Xunta e Goberno central