Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/07/2012
Os axentes de Policía Nacional de todo o Estado seguen a aumentar a presión sobre o Goberno de España, que confía neles para encauzar a escalada de protestas na rúa contra os recortes.
Así, esta mañá o Sindicato Unificado de Policía, o principal colectivo nas comisarías, convoca concentracións en ducias de cidades. Entre elas, na capital de Galicia, onde comeza as 12.30 horas.
O sindicato o SUP asegura que "apoia a restructuración do Estado para acabar cos nidos de chupóteros profesionais" en "moitas administracións", que non identifica. A alternativa contra os recortes pasa, na súa opinión por redifinir as competencias públicas ante os "recortes e os roubos levados a cabo baixo o amparo da legalidade vixente".
O SUP reclama ademais a unificación de Garda Civil e Policía Nacional. Esta última ten unhas mellores condicións laborais e, sobre todo, non está sometida a disciplina militar. Tamén piden que a Casa Real deixe de desfrutar dos 1.000 axentes que agora ten ao seu servizo.
Este sindicato ten tamén en marcha unha campaña de "traballa según te pagan, traballa segundo te traten" porque "seguen sen devolvernos o roubo da paga extra que gañamos co traballo que nos quitan para darlle miles de millóns a banqueiros, políticos, financeiros e a quenes non traballan senón que especulan".
O SUP é un dos sindicatos convocatantes das concentracións contra os recortes hoxe pola tarde. Os seus horarios son:
- A Coruña, saída ás 19:30 horas dende a Praza de Pontevedra
- Ferrol, saída ás 20:30h dende a Praza de España
- Santiago de Compostela, saída ás 20:00 horas da Praza Roxa.
- Lugo, saída ás 20:00 horas dende o Edificio administrativo da Xunta.
- Ourense, saída ás 20:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra, saída ás 20:30 horas dende a Praza da Ferreiría.
- Vigo, saída ás 20:30 horas dende a Vía Norte.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A autonomía galega, lembremos, nunca foi unha reivindicación masiva. No referendum votóu pouquísima xente. Afianzouse un pouco coas vacas gordas dos anos pasados. Agora o pobo galego empeza a estar farto do seu goberno, cansóu de sociatas e bloqueiros que o decepcionaron, deu a maioría ao PP que tamén o decepciona. Aquí non se conseguiu a imaxe pública da Generalitat ou do goberno vasco, de xestores máis eficaces que os do estado central. O despilfarro dos anos pasados, exemplificado no Gaiás, vai levar a un ascenso importante de UP y D. E os nacionalistas-galeguistas enleados con soberanías e autodeterminacións e mixiriqueiradas alonxadas totalmente da realidade. Váisevos vir a xente enriba, meus, pedindo a recentralización, e vos no limbo.
Por Roi Xordo: Totalmente dacordo. Non é que me guste que sexa así, pero se estás na rúa de verdade, e falas ca xente, iso é o que hai. Entrementres, o necionalismo galego segue no seu mundo. Beiras contento por terlle posto a zancadilla á UPG coa escisión; e a UPG moi leda tamén porque o 25 de xullo en Compostela seica se ergueu da devandita caída. Namentres, xente absolutamente normal pensa cada vez máis en votar UPyD. Non saben o que foi o lerrousismo, nin tampouco lles importa demasiado. Non saben que Rosa Díez é unha trepa apoiada pola estrema dereita mediática, simplemente cren non forma parte do actual sistema corrupto, dentro do cal, certamente, inda que inxustamente, abranguen ó BNG e ás CCAA.
Por Ronsel: Generalitat xestor eficaz????? vaites, vaites....
Por Arenga: Como andades os nacionalistas espanhois tratando de desfazer as autonomias jejejeje. E ademais nota-se, nomeas a upd e nom a eu que seriam os que verdadeiramente recolheriam (segum enquerritos) o voto dos descontentos. Por outro lado o que pense a masa, nem tem que ser bom, nem o milhor, nem ter raçom sequera. O povo que faga o que quer, mas se a sua opçom de mudança é upd é que nom aprendeu nada e merecem-se o que têm.
Por antiespañol: A tua Expaña non é mais que unha prostituta que traballa pra un proxenteta aleman, axiña a botan da casa por pendón.
Se foran tan valentes como din por aí, seríanvos máis explicitos niso da reestructuración. Pero claro, de onde non hai non se pode sacar, e ninguén quere sair corrido a paus dunha manifa cando procura a solidariedade doutra xente para cos seus problemiñas. A que si?
Agora protestam???? Quando os demais saiam a rua estes só reprimiam impunemente e com sanha. Deviam vota-los de toda-las concentraçons que se fagam. Que vaiam pola sua conta. Nom som trabalhadores, som mercenários. Por cima falam de restruturaçom do estado, claro que sim, o primeiro que se deve fazer é eliminar as forças repressivas da populaçom
É moi importante esta postura que ás claras nos di coma está o país. Temos que saír todos ás rúas e sacarlles o poder, xulgalos e condenalos a cadea, e que nos devolvan o roubado.
Falan das deputacións, senado, casa real...? en fin, lembro unha viñeta dunha banda deseñada de Azagra na que nunha suposta manifestación de policias, os antidisturbios eran obreiros da naval, mineiros, etc.. Por outra banda, o impresentable de Arsenio fdez. de mesa, ex-delegado do goberno na Galiza con Aznar -si, delegado cando foi o do Prestige- estaba hoxe indignado pola aparición destes manifestantes da inauguración da casa-cuartel de Xinzo, orneando cousas coma que "los españoles decidieron quien ha de gobernar cada cuatro años" ou "se decide en las urnas cada cuatro años". Eis o sentido da democracia para este homiño: cada catro anos votas e dempois catro anos caladiño, que asinache un cheque en branco e non podes piar; é unha mágoa que declaracións coma estas non señan rara avis no PP
Por Cachán: Así é Cuco, pero Lobeira seguro que diría cousas similares. Por sorte non ocupa postos de mando como Cuco, que é impresentable que sexa Dir. Xeral da G. Civil.
Non so os policías. Na enquisa deste fin de semán en El País o 81% da poboación considera que as autonomías foron demasiado lonxe e hai que reorganizar o seu funcionamento e competencias.
Por xalvar: En ningún sitio do artigo fala de falen das autonomias. Para min esta claro de que falan das deputacións, da casa real e tal vez do Senado.
Por Cachán: Discrepo: "Un 81% (88% entre los votantes populares y 82% entre los socialistas) cree que la petición de ayuda financiera del Estado que, según han anunciado, van a hacer algunas Comunidades Autónomas (Cataluña, Murcia y Valencia) es una señal de que estas han ido demasiado lejos y que es preciso reorganizar su funcionamiento y sus competencias." http://blogs.elpais.com/metroscopia...
Carteis do SUP na marcha contra os recortes en Santiago o 19J de 2012/W.B,
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting