Por galdo (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 04/08/2012
Á marxe da oligarquía financeira, esa poderosa elite, titular dos monopolios industriais e bancarios que dominan ao seu antollo a economía e a política, o resto dos operadores, PEMES e autónomos que a pesar da desatención institucional exercen como verdadeiros impulsores da dinámica produtiva e únicos referentes da creación de emprego. Coa posta en práctica dos novos axustes aprobados polo Executivo do PP, é evidente, que a súa debilitada vitalidade sufrirá un novo contratempo que porá en serio perigo a súa continuidade, polo incremento de vulnerabilidade que ditas medidas inducen.
Nun país onde o peso específico acumulado entre as PEMES e os autónomos supera o estándar medio dos países membros da Unión, cunha contribución ao seu tecido empresarial superior ao 99 por cento do total, e unha achega ao emprego en torno ao 80 por cento da masa laboral. Resulta irónico que no canto de recoñecerlles a función preferente que desempeñan como ferramentas propulsoras do crecemento e o desenvolvemento social, en razón inversa, a pesar de ter alcanzado os 5,7 millóns de parados cunha taxa de desemprego do 24,63%, óptese, por establecer obstáculos e barreiras que limiten a súa función dinamizadora, freando súa tendencia histórica por imperativo da arbitrariedade política.
Aspectos como o incremento de retención do IRPF nas actividades profesionais, en seis puntos, o aumento do IVE nas súas distintas modalidades coa continuidade do adiantamento de pago sen ter cobradas as facturas, sumado á ampliación da recarga de equivalencia, nun coma dous puntos, e o engadido da liberación de horarios comerciais en certas actividades Todo este cúmulo de factores negativos aplicados a estes sectores no contesto da crise económica que atravesamos, será o factor indicativo para que moitos autónomos e PEMES, perdan toda esperanza de recuperación e fuxindo de maiores prexuízos decidan pór peche á súa actividade.
A contradición está servida, e aquela aposta electoral do actual executivo polos autónomos e as PEMES como motores da economía e referentes do impulso para saír da crise, a estas alturas, agora decaídos do seu empeño, só cabe lembrarlles, que ambos os sectores, tan só poderán sacarnos da crise si se lles deixa, e paradoxalmente, cos últimos axustes de aplicación, non se fai senón prexudicar a súa estabilidade, eliminando calquera esperanza de recuperación.
Así, mentres o país segue sendo portada de actualidade informativa en razón á complexa situación económica, a Administración, mais que tomar sensibilidade da situación creando as condicións apropiadas para pór en valor os únicos activos capaces de impulsar a reactivación , non tan só decide tomar dirección contraria, senón que detén a súa expansión. O mais concreto expoñente de tal afirmación represéntao a freada do propio goberno á Lei de Emprendedores, que agora terá que esperar "sine die", despois que sete meses atrás, o Presidente Rajoy, presentásea como o proxecto estrela da dinamización empresarial.
Estamos ante unha fantasía mais, unha declaración de intencións cuxa futura tradución lexislativa , equivalerá alternativamente a un novo proxecto de lei baleiro de contidos e recortado dos apoios fiscais inicialmente previstos, ou na súa falta, reducidos á mínima expresión. É dicir, un modelo inservible, outro expoñente mais da política testemuñal á que nos ten habituado o goberno, e cuxo resultado efectivo non será outro que acentuar a escala de limitacións que impidan toda evolución.
Con todo, á vista dos feitos, o que resulta indolente é a actitude das institucións patronais, quen sorprendentemente, mais que representar aos seus asociados, promotores de actividades mercantís, os dirixentes, despuntan polo seu acatamento ás directrices cociñadas na rúa Génova.
Boa proba desta obediencia represéntao o seu implícito apoio en defensa do último plan de axuste gobernamental, cuxo respaldo en boa lóxica, non podería ser referendado por ningún empresario nos seus cabais, se este, tivera a mínima noción da relación existente entre a economía e o funcionamento empresarial, por canto, a súa incidencia xerará un quebranto irreversible que acentuará o desemprego e conducirá á destrución continuada do tecido empresarial.
Estas actitudes diverxentes por parte dos representantes da patronal converten a estas entidades de representación, en estruturas ineficaces, en correas de transmisión ao servizo do poder político, quen coa colaboración necesaria, manipula con finalidade oposta aos lexítimos intereses da súa base asociativa.
Nin que dicir ten, que o silencio cómplice por si mesmo, sempre resulta ser extraordinariamente expresivo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O contido do artigo centra nos seus xustos termos o vitalismo das pemes e autónomos que efectivamente son o único expoñente decoroso xerador de riqueza e emprego; como tamén está ben matizado que a manipulación política tenta controlar os órganos de representación favorecendo intereses persoais das súas cúpulas directivas. A verdade non debese sorprendernos ao ser practica usual do país. Os chalaneos e o nepotismo son a moeda de cambio de quen quentan escano parlamentario, todo uin expoñente de comportamentos vergoñentos. Claro que afortunadamente sempre hai excepcións. Son as menos pero habelas hainas. NON TEÑEN DESPERDICIO http://www.youtube.com/watch?v=AxzR...
Los disparatados ajustes impuestos por el gobierno, mas que soluciones reactivadoras son armas letales de destrucción masiva, que por su poder destructivo no dejarán en pie ni los vestigios de aquella estructura que anteriormente caracterizara la destacada potencialidad de la actividad empresarial. Lo que está ocurriendo no tienen justificación alguna, por cuanto su contenido es la antítesis de la racionalidad, que deja en evidencia la función de clase política, exigiendo su remplazo por personas de mayor capacidad e integridad diametralmente opuesta
Por Caride: Cando alguén expón argumento de peso, aínda que para dalos a coñecer utilice lingua vehicular allea, se a razón lle asiste hai que outorgala. Eu doucha, pois coincido contigo nesa demanda de rexeneración integral que formulas, por canto actualmente na clase política, non hai materia prima aproveitable
Por Quitate ti e poñome eu.: O mesmo rollo populista e simplista que usan nos medios burgueses do réxime, a culpa é toda dos políticos, os burgueses e un sistema no que o uneco importante é a tasa de gañancias e basease na explotación e competencia non teñen culpa de nada. Como en Interlobotomia, mira ti.
Por Caride: O deshilván mental que tes, é propio de quen se tomou un colocón de pai e moi señor meu, ti seguro vas camiño da sobredose, pois só a un chutado ocórreselle ampararse en rolos populistas da burguesía para tentar xustificar o inxustificable./// Imos ver, a tempo presente non son os axentes políticos da burguesía quen ostenta o goberno do estado?/// Aclárache..! /// Pois segundo ti, eles están lexitimados para cometer canto atropelo antólleselles ao estar revestidos de credenciais políticas./// A túa incapacidade é notaria non saber establecer distingos entre o poder de Estado e o poder de Goberno, como tampouco sabes discernir as competencias atribuíble a cada quen./// No teu caso, o seu era tirarche co teclado para que non sigas prodigando inconguencias.
Por Demagoxias non, grazas.: Bueno, pra min é un honor que un iletrado con Interné coma ti teña esa opinión de min. Supoño que en Italia que tamén está coma nós e culpa dos políticos. Ou na Gran Bretaña do que só falase das olimpiadas e levan tempo en recesión é culpa dos políticos. Ou nos mesmos Estados Unidos en recesión é culpa dos políticos. Ou a mesma Alemaña con crecemento cero este ano e recesión a próxima. Pois nada miñaxoias, votade por Rosa Diez ou Mario Conde pra cambear as cousas, porque un vai farto de aturar a demagogos do tres o cuarto.
Por Karl Marx: O estado moderno non é mais que o comité de xestión dos negocios da burguesia.
Por Roade: Exactamente Karl Marx, o que acontence é que agora os xerentes da bueguesia son os membros da familia política que paradoxalmente foron nomeados pola cidadanía. Pois mira que imos ben...!
Por anonimo: Marx non decía xerentes, decía xestores dos negocios, a xerencia a exerce a propia burguesia. Se ti crees que a cupa é toda (non digo que non teñan boa parte) dos políticos, e que sacando a estos políticos está todo arreglado, pois bem, sa sabes podes ia a esa convocatoria de asaltar o congreso. O que pasa é que non vexo ningunha alternativa por parte de vós, que fariades na actual cuiuntura se forades os políticos?
Por anonimo: Marx non decía xerentes, decía xestores dos negocios, a xerencia a exerce a propia burguesia. Se ti crees que a cupa é toda (non digo que non teñan boa parte) dos políticos, e que sacando a estos políticos está todo arreglado, pois bem, sa sabes podes ia a esa convocatoria de asaltar o congreso. O que pasa é que non vexo ningunha alternativa por parte de vós, que fariades na actual cuiuntura se forades os políticos?
Por Braulio: Fai por meditar, asume que nunha democracia a soberanía ten que radicar na decisión popular dimanante das urnas. Pois ben o politico e culpable e por conseguinte sobra de cheo cando non e capaz de impoñer o mandato da cidadanía ou o que é peor cando se somete aos mandatos dos poderes fáticos.. Esa é a estampa que proxecta a clase política española por activa ou por pasiva
De seguir esta deriva, a recesión que está a empuxar a porta do país, forzará a súa entrada para acabar por abater a escasa actividade mercantil que se mantén en pé. E mentres iso ocorre, o inquilino da Moncloa exerce o goberno aténdose ás ordes que recibe de Berlín. Na España política, a unha negación sucédelle outra. Así nos vai.
As actitudes diverxentes dos representantes de ambos os colectivos, afundirán definitivamente o consumo, provocando o peche de actividades, e en consecuencia acentuará o desemprego. Esta circunstancia, farán que en correspondencia aumente o gasto en subsidios de desemprego e que a recadación por impostos non sexa a esperada a pesar do aumento impositivo. É evidente que os representantes da patronal coas súas decisións colaboracionistas, ademais de prexudicar en primeiro termo os intereses dos seus representados , co seu apoio ás nocivas medidas do PP, están a pisar o acelerador nun percorrido de marcha atrás que conduce ao abismo.Polo visto a urxente renovación política que demada o país, ten de vir acompañada do cesamento fulminante dos executivos que actualmente moven as plataformas de representación empresarial, pois caso contrario o caos farase dono do futuro.
Sinceiramente, os artigos de galdo cada vez son millores. Mais amplos, cunha visión mais complexa, e sen a demagoxia e certo simplismo da que pecaba nos primeiros.
Por Leónidas: Adoita ocorrer, que cando a prosa do articulista difire da ideoloxía do lector, o autor, convértese no destinatario de censuras , xuízo que varia a positivo cando a expresión é acorde ao seu pensamento. Pero desde estas discrepancias ou coincidencias, é absurdo avaliar o labor do redactor, pois cando isto ocorre, toda conclusión é puro reflexo de subxectividade crítica do lector. Quen esto refire , faino con coñecemento de causa.
Favorecese aos sectores exportadores en detrimento dos sectores maioritarios que teñen a sua natureza no mercado interior. Tampouco son moi congruentes certas asociacións de autonómos que aplauden as medidas neoliberais e as reformas do mercado laboral.
O equilibrio e a estabilidade dos sectores produtivos, é factor determinante da consistencia económica do país, e así, cando a fortaleza da súa estrutura é o indicador dominante, as variables de crecemento dispáranse; do mesmo xeito que producen o efecto contrario e a entrada en receso, cando é a súa fraqueza quen marca o ritmo de funcionamento. Sen tomar asunción deste criterio e promover medidas correctoras e paliativas como balanza de compensación; a nosa economía produtiva seguirá en caída libre, derrube que se acelerará coas contraditorias medidas de axuste cuxo único efecto é o impulso da economía especulativa. Os problemas do país non se remedian sen unha aposta decidido pola economía produtiva e a clave radica na saúde de pemes e autónomos, sen eles non hai futuro.
É evidente que con esas políticas van prexudicar directamente a un colectivo moi determinante da nosa economía, o das pemes e, sobre todo, os autónomos. Paradoxalmente a severidade deste axuste afectará directamente ao que o propio Goberno proclama como motor da economía. A repercusión dos incrementos impositivos non só suporá pagar máis impostos, senón que obrigará a que un gran número dos afectados pecharán os seus negocios e alternativamente optarán pola economía mergullada. Está visto que aos membros do goberno, sóbralles obediencia aos mercados e fáltanlle polo menos dous dedos de fronte.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting