Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/08/2012
O PSOE está aproveitando moi pouco a caída conservadora tras os recortes. Os socialistas logran un 29,9%,1,2 puntos máis en relación aos comicios de Outono. Respeco ao mes de abril, o PP deixa 4 puntos en estimación de voto e o PSOE apenas rabuña só tres décimas.
Cómpre ter en conta que o CIS, que habitualmente produce as enquisas máis fiábeis, fixo a sondaxe entre o 2 e o 10 de xullo, días despois de que España pedise axuda á banca por un máximo 100.000 millóns de euros. A caída do PP pode ser maior, pois a enquisa non chegou a tempo da comparecencia do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, no Congreso que tivo lugar un día despois e na que o xefe do Executivo anunciou novas medidas de axuste, entre elas a supresión da extra de Nadal para os funcionarios.
Entre outras forzas, a enquisa do CIS mantén nun 8,6% o apoio que logra Esquerda Unida, a mesma porcentaxe que reflectiu o CIS en abril e que supoñía 1,7 puntos máis que o respaldo que logrou o 20 N. NA dereita, UPyD segue subindo e, segundo a sondaxe, conta cunha estimación de voto do 6,6%. Se logra unha porcentaxe similar ten moitas opcións de entrar no Parlamento nas próximas eleccións.
En Galicia, o Bloque progresa moi significativamente, gañando catro décimas dende abril. Os nacionalistas andan polo 0,7% no Estado, nivel similar ao previo aos comicios estatais no que repetiron dous representantes con 183.000 votos. Logo, a súa valoración caeu, lastrado polo anuncio das escisións de Máis Galiza e os irmandiños.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Normal que suba o BNG, co Feijoo fechando escolas e hospitais, o PSOE en caida libre o cristo dos escindidos dando espectaculo. Por certo que as enquisas do CIS son as mais fiables no caso de Galicia: http://calidonia.eu/2010/05/14/rank...
A enquisa fixoa o fillo pequeno de Baco despois de rematarlle coa colleita a seu pai. Así van os resultados, cicais algón do BNG pagolle a última ronda. O despunte electoral ten un nome, e ese é Beiras.
Coa que está caendo veremos a un BNG máis fortelecido, a xente quere traballadores en positivo!
"Precociñadas" din os Arguiñano de turno. O que pasa é que sen unto cociñase millor e sen lastre se sube ao ceo. O BNG reafirma o seu compromiso coas clases mais atacadas i eso é apreciado por todoa a maioria social. Ao fin e ao cabo, os altermundistas de esquerda abstracta, non son mais que burgueses e dereitistas concretos.
"Precociñadas" din os Arguiñano de turno. O que pasa é que sen unto cociñase millor e sen lastre se sube ao ceo. O BNG reafirma o seu compromiso coas clases mais atacadas i eso é apreciado por todoa a maioria social. Ao fin e ao cabo, os altermundistas de esquerda abstracta, non son mais que burgueses e dereitistas concretos.
Por mk__: Realmente o cres ou só é discurso para a parroquia? De todos os xeitos agardo o teu comentário o dia seguintes das elecións. (Eu gardarei este para lembrarcho).
Por Marat: Tomo o reto e quedamos emprazados. Se teño que rectificar, rectificarei que tampouco é un crime. Non teño a menor dúbida e todolos datos asi o indican.
Escindidos escindindose. Marabilloso. Como o bloque era un problema, vamos resolvelo... facendo tres problemas. Dende fora o que se ve é un guirigay lamentabel, tan lamentabel, que os escindidos facedes bon ao bloque. Por eso o BNG sube mentras os demais baixan... e namentras os escindidos "ni estan, ni se le esperan".
Aqui neste foro cando se fala dos resultados futuros dos escindidos do BNG regularmente non lle dan nin auga. Eu que vexo os touros dende a barreira, pdero que son un firme afeccionado dende sempre, pregúntome se cren os opinadores que os escindidos do BNG non van ter nova "parroquia propia"; se cren que fora do BNG non existen e xa existian máis nacionalistas? Se é así, mellor que se dediquen a outra cousa porque aqui non están dando unha. Na presentación de C X G e de Anova asistiron preto dun milleiros de persoas; nada comparable coa xente do BNG, certo, pero eu asistin a xuntanzas nalgunha comarca galega onde si se reuiniron preto dun milleiro de persoas para escoitar a Báscuas, Taboas e damáis. As contas non dan, verdade?
Por Milleiro máis ou menos: Un milleiro non, quedas curto. Asistiron varios millóns de persoas, sábeo calquera non cegado polo sectarismo.
Por Emigrante: Que cada quen siga o seu camiño, o do BNG xa se viu que é errado desde hai tempo. A enquisa non pon nada das outras forzas, pero SI dunha gran cantidade de porcentaxe de abstencionistas e dubidosos. O que algo di.
Por Emigrante: Que cada quen siga o seu camiño, o do BNG xa se viu que é errado desde hai tempo. A enquisa non pon nada das outras forzas, pero SI dunha gran cantidade de porcentaxe de abstencionistas e dubidosos. O que algo di.
Por Yahamoto: O BNG era errado con Beiras e a socialdemocracia de Bascuas...agora é o BNG dos anos 80 e o dos 90.
Normal. O espectaculo dos escindidos estes escindindose a si mesmos non pode ser mais lamentable. Eses pretenden governarnos? Menudo exemplo. Imaxinaos na Xunta repartindose consellerias. Quita, quita. Arreneghote demo.
manda carallo,chove o que chove,as enquisas din que Feijoo pode repetir e os bandulleiros da UPG contentos porque seica non rematan no paro. Felizmente estas enquisas non incluen o efecto Beiras que,espero,mandará ao paro a Feijoo,Bieiro Lobeira e Ana Pontón.
Por Miraches mal: Non debiches de ver o bandullo que votou Beiras nos 30 anos que estuvo de deputado. "Independentista" con Mario Lopez Rico e Tello, e que mais.
Por Emigrante: Pois a nómina de Jorquera, Ana Pontón, Bieito e outros chupópteros do aparello seica medrou...
Por Rayleigh: Claro, emigrante. Liches o conto da raposa e as uvas? Pois andas facendo de raposa. E mira que é vello o conto!! Pero vaivos que nin pintado. O que non vai aumentar é a nónima do Bascuas e o Beiras. E mira que lles gostaría!!
Jorquera e Vázquez en rolda de prensa
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting