Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/08/2012
Resistência Galega, o grupo armado que parecía estar desartellado tras as detencións desta primavera, segue activo. Así o proba a colocación de dúas bombas contra antenas de radio e televisión no Monte San Paio de Vigo.
Os TEDAX da Policía Nacional desactiváronas onte tras un aviso remitido polo menos ao Galiza Livre, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e aos bombeiros. A reivindicación era a seguinte:
Pola presente se lhes comunica a reivindicaçom em nome da Resistência Galega da colocaçom de duas bombas nas instalaçons de antenas de radio e televissom analógica na localidade de Vigo, concretamente no monte de Sam Paio (ao lado do depósito de águas da empresa Seraguas). Um dos artefactos atópase situado debaixo da caseta de instalaçons de umha das antenas.
Resistência Galega proseguirá coas acçons armadas contra todas aquelas empresas, instituiçons ou pessoas que se beneficiem da expoliaçom e destruiçom da nossa Terra.
VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA!
DENANTES MORT@S QUE ESCRAV@S
VIVA A RESISTÊNCIA GALEGA
Segundo as primeiras informacións, as bombas contiñan medio quilogramo de pólvora, explosivo habitual nos atentados de Resitência Galega.
Os dous anteriores atentados deste grupo independentista foron ataques contra sedes do PP, o 8 de xuño contra a de Ribadumia e o 7 de maio contra a de Meis. Esas dúas accións non foron reivindicadas publicamente, pero a Delegación do Goberno vinculounas con RG.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Que contento ten que estar o PP tendo a Resistencia Galega traballando para eles
Por Hermerico: Se alguém nos passa pola esquerda é que deve ser da direita. Assinado BNG (porque se há bombas a gentinha alienada nom nos vota, que o PPSOE torture nom importa)
Por Hermerico: E nom emporques o nome do Foucelhas com as tuas asneiras social-democratas
Ou sexa, que non chega con modificar o número de deputados a elixir e dividir o necionalismo galego para que o PP teña maioría absoluta, por se acaso, non sexa o demo, haberá que facer unha falcatruada con bombap. Unhas hostias eu lles daba.
Por Hermerico: Se alguém nos passa pola esquerda é que deve ser da direita. Assinado BNG (porque se há bombas a gentinha nom nos vota, se o PPSOE tortura nom importa)
Por Manolo_: Non sempre coincido ao 100% contigo, Roi Xordo (só faltaría), pero os teus comentarios parécenme do máis interesante deste xornal. E este caso non é excepción.
Non se deben impoñer actos violentos ao resto dos concidadáns e tampouco una opción política concreta (socialismo). Hai unhas regras democráticas e punto. Hai certa soberbia nese proceder.
Por FRANCISCO-CAUDILLO: SABES QUEM IMPUXO ESSA TUAS REGRAS E COMO O FIXO ?
Por O Príncipe dos Mouros: Non creo que ningún deses vivise a imposición da que falas en primeira persoa. Logo, andades por aí adiante falando ben de Chávez e dos seus amigos, Cuba, Putin e Irán, rexímenes nada impositores... O voso é cuestión de manterdes a mente ocupada. O que fai o aburrimento. Deixádenos aos galegos tranquilos, ho. Xa nos defendemos soíños, que xa estamos grandiños. Non nos queirades tanto.
Por mono-artico: Gandhido , tu seguro que chegas a velho
Por O Príncipe dos Mouros: Montenegro conseguiu a independencia por referéndum e sen violencia, antes ca Euskadi ou calquera outro territorio. Escocia vai polo mesmo camiño. Se estes se aburren, que vaian xogar o parchís...
Por Koroshiya Itchy: Montenegro e Escócia faziam ou fazem parte, respetivamente, de países "euro-céticos". Quer dizer, países orgulhosos da sua independência face ao IV Reich instaurado polo capitalismo alemão sob a forma de "União Europeia". Por isso o IV Reich financiou e promoveu a guerra na Jugoslávia (divide e vencerás). Se não eram quem de submeter a Jugoslávia inteira, fragmentariam-a e reinariam sobre os anacos. A Escócia promete ser mais submissa perante interesses do Reich do que é o Reino Unido, para além de que a independência da primeira debilitaria consideravelmente as posições deste último. Por isso o indepententismo escocês "mola" em Berlim. O catalão e o basco, não, porque o Reino da Espanha já não poderia ser possivelmente mais submisso perante os interesses do Reich e, então, dividi-lo seria contraproducente.
Por Koroshiya Itchy: Claro que se um dia a Espanha deixasse de fazer exatamente o que lhe manda o Führer-mercado... ai até a Galiza teria uma oportunidade.
Por O Príncipe dos Mouros: Oh, a perspectiva dun emigrante anti-occidental que non soamente rexeita a lingua da súa terra, senón que ten confesado que non ten nin o máis mínimo interese en voltar a ela, porque a odia. Tereime que posicionar logo a carón do IV Reich, o novo principal responsable da balcanización de Iugoslavia segundo os revolusssionarios.
Por Documentese Majestá: Su Majestá, con toda humildad adjunto link en el que contrastado periodista con 30 años de carrera --mucho-muchos de ellos como periodista de internacional-- explica el caso de la Guerra de los Balcanes... Vale que non é tan-tan com Perez-Reverte pero polo menos nunca pagou a xente para que "fixeran coma quen que combatían". é un pouco longo,l ruego me disculpe su majestá, pero DOCUMENTARSE É IMPORTANTE ANTES DE FALAR. E tamén antes de insultar a alguén, claro. http://im-pulso.blogspot.com.es/200...
Por Lusistas ao inferno: Si, isto é coma o conto de que as potencias occidentais sempre apoian os ditadores e os rexímenes teocráticos de Oriente Medio, presuntamente por intereses petroleiros. Dentro de 5 anos, cando Libia precise doutra intervención por culpa da teocracia que se prepara na rexión, botaranlle a culpa a Obama, e non ao tirano que había antes. A guerra civil de Siria tamén é culpa das potencias occidentais. A masacre de musulmáns en Birmania (réxime comunista), segundo Hamás, é tamén culpa das potencias occidentais (?). O golpe de estado do Paraguai é culpa das potencias occidentais. E por suposto, agora a balcanización de Iugoslavia tamén foi culpa das potencias occidentais. Non será TODO culpa vosa, aqueles de vós que padecedes dun auto-odio anti-occidental de manual de psiquiatría, e da xente coma vós que carece de calquera atisbo de sentidiño?
Por No Céu cos Galegos: Cómo? Hohoho! Yo estuve en Vietnam! Chahlis, charlis, esto es un infierno!!!!
Por Psiquiatra para lusólatras: Quedaches sen argumentos? Que rápido se che acaba a batería, home. Pensaba que había algo máis metido nesa cabeza de chorlito. Perante semellante análise xeopolítico que fixeches, esperaba algo máis. Como non se me ocorreu antes?
Por Koroshiya Itchy: http://www.chomsky.info/interviews/...
Por No inferno já estamos: Há outras cousas que se podem ler para além do Marca...
Por Inferninho ferrolano: Ondiá!! O monte de estrume do xenófobo antilusista eran "argumentos"...seica aogora os venden ao peso!! Hahahaha. Non meu rei no, se queres que falen contigo, primeiro non aldraxes e segundo non digas parvadas.
Por Lusistas ao inferno: http://www.johncoxart.com/adolf.jpg
Por Hermerico: Atila, as tuas regras democráticas dim que a unidade de espanha está garantida pola violência e que é um delito convocar um referendum de autodeterminaçom. Essa é a tua legalidade, a tua democracia e o teu pacifismo.
Sen dúbida equivocados, pois empregando a violencia o Estado é moito máis forte que ninguén e para iso ten o "monopolio da violencia" por lei. Mais este "compromiso" coa RESISTENCIA deberase reconducir cara outras estratexias e movementos cidadás moito máis eficaces na loita pola liberación dun pobo. Pódese ir ao cárcere exactamente igual empregando métodos de Resistencia PACÍFICA ou encabezando protestas de resistencia NON-VIOLENTA que fan mellor servizo á cidadanía. Hoxe mesmo algúns sindicalistas en Andalucía gañaron o salario "expropiando" carros con alimentos para aliviar a situación que están a vivir moitos concidadáns... Velaí un camiño moito máis EFICAZ que andar a estourar petardos nos montes galegos! O 25S é outra convocatoria democrática para apostar pola Desobediencia Civil.
Por Gamela: Ultima información sobre OCUPA EL CONGRESO 25S http://www.xn--asamblealogroo-2nb.c... Supoño que non iremos todas a Madrid, así pois en Galicia temos un Parlamento que podemos Okupar, máxime agora que están a remodelar a cafetería e podemos xantar polo módico prezo de 6,50 €uros! Saúde e RESISTENCIA!
Por Mosque: Bon, non estando en desacordo co que comentas dicir que creo que se queremos un movemento amplo debe dárselle a cada un a liberdae que o estado das cousas nos arrebata aos poucos --inluso a non-violencia, irónicamente--e que o teu discurso evita intencionadamente. Tp se poderían explicar vitorias da masa, loitas obreiras e procesos rev. que atinxiron dereitos sen moitas acción "ilegais". O teu ponto de vista evita a combatividade, fai que desconfiemos dela para abrazar outro camiño incluso aínda menos probable (pero que queda moi ben nos vídeos!). Non estamos obrigados a aplaudir pero tampouco a colocarnos á man dun estado que xa renunciou á súa vertente social a prol da policial. Non hai por qué respetar iso. saúdos.
Por Gamela: Non vexo onde "evito a combatividade"? Pasearse a peito descuberto sen dar un paso atrás, é pouco combativo? Hoxe temos un bo exemplo no alcalde de Marinaleda á fronte da "expropiación de alimentos" que de seguro rematará cos "combatentes" no cárcere! Pódese seguir unha liña NON-VIOLENTA-ACTIVA e chegar moito máis lonxe que colocando petardos no monte! Se estamos dispostos a ir ao cárcere por defender a liberdade e os dereitos de todos, por que non facelo dun xeito máis intelixente? Ocupando as "nosas" institucións (pagadas por todos nós) "Okupando o que é noso". En calquera caso a policía está constituida por "funcionarios" e debaixo do traxe tamén son Cidadáns que vén suprimida a súa paga de Nadal e posiblemente reciban ordes cada día máis noxentas! Claro que tirarnos ao monte pode resultar sempre máis "romántico" pero nestes tempos tecnolóxicos paréceme unha batalla perdida! Saúde.
Un comentario foi eliminado por conter un insulto. Grazas aos que opinades con sentidiño e respectando ao resto.
Podem facilitar-me os opinologos um protector gastrico ?? Eu podo facilitar-lhes viaghra
Boa chea de alcumes ten o madero ! ;) Non lle chegou coa nota de prensa que reproducides: "o grupo armado que parecía estar desartellado tras as detencións desta primavera"... Quen participa nunha montaxe policial non se pode chamar a si mesmo xornalista.
Patetico, "olas a presión para nosa liberación" .Tamén podedes dedicar o tempo a darlle patadas no cu ao tren que resulta ser un gran divertimento.
Ataque de Resistencia Galega contra as obras do AVE
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting