Outros dous contratos a dedo para a firma na que é directiva a irmá de Feijóo

Son máis 79.000 euros axudicados a EULEN polo procedemento negociado sen publicidade para o mantemento de xardíns e a vixilancia dun centro ocupacional en Vigo.

Por Walter Burns | Santiago | 08/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A oposición carga duramente contra a adxudicación a dedo de dous contratos a EULEN, empresa na que é apoderada a irmá de Alberto Nuñez Feijóo. O deputado do PSdeG Juan Carlos Francisco Rivera denunciou onte que o Instituto Galego de  Consumo fraccionou de xeito "fraudulento" un servizo para poder darllo a EULEN sen publicidade.

Esta contrata a dedo xa se coñecía dende a pasada semana, denunciada pola CIG. Como explicou GC, a Xunta dividiu o servizo de atención telefónica aos afectados polas preferentes por provincias, para así poder adxudicalo sen ter que sacar un concurso no DOG.

O certo é que estas non son as primeiras adxudicacións da Xunta mediante o procedemento negociado sen publicidade a EULEN. O 10 de xuño a Consellería de Traballo e Benestar dáballe tamén a dedo a esta empresa o contrato para "o mantemento de xardíns na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo e na Residencia de Maiores Asistida de Vigo". Son 44.500 euros máis IVE.  O 18 de xuño outorgáballe tamén a dedo a vixilancia do Centro Ocupacional de Coia tamén a dedo, por 24.600 euros.

O método destas catro adxudicacións é legal. As administracións poden contratar sen publicidade pequenos servizos, pero están obrigadas a pedir ofertas polo menos a tres empresas do sector. Nin no expediente público dos contratos das preferentes, nin no expediente do contrato dos xardíns de Vigo, nin no expediente público da contrata da vixianza do centro ocupacional figura que a Xunta pedise máis ofertas que a de EULEN.

Ademais, dúas contratas son en realidade polo mesmo servizo, o de atención telefónica polas preferentes. Dividir servizos en diferentes contratos é unha práctica que todos os anos critica o Consello de Contas e común nos casos de corrupción política.

Cuestionado pola prensa, o conselleiro de Presidencia onte declarou que EULEN ten máis de 80.000 traballadores, desvinculando as adxudicacións das responsabilidades como directiva de Micaela Nuñez Feijóo.

Alfonso Rueda tamén asegura que o "único" contrato vixente entre EULEN é o Instituto Galego de Comercio é unha herdanza do bipartito. Na súa versión, o Goberno do PP limitouse a renovar a adxudicación.

Na plataforma de contratos da Xunta GC foi incapaz de atopar rexistro algún do contrato esgrimido por Rueda. É certo que EULEN gañou nestes anos contratos doutras administracións (Consellería de Educación, Concello de Fene, etc.) pero só dende Traballo está a recibir contratas a dedo. En concreto, catro durante este verán.

 

 

 

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

19 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Breoghain

    Há muito medo a denunciar ante a justiça. A que sim? Verídico. Muito medo. Não for que depois vaia necessitar deles para o ponto de luz, o permisso no Concelho, asfaltar o caminho, ou apenas por poder te-los de mão na aldeia. Ou não denúncio por se afinal remata sendo denunciado o denunciante. O mesmo com PsoE, etc.. Ou estou errada?


    11

    Breoghain

    Que fiz o bipartido para foder a máfia popularra? Nadinha. Mesmo contratou a Portomenhe de assessor. Devia ser muito galeguista o gajo!

    1 resposta
    1

    Por Saltapatrás: Por non facer, nin derrubou o enxendro do Gaiás. Lembras a Pérez Torito e aquilo de que os inimigos dese absurdo comecartos o ían ter a el en fronte? E mira que só o efecto simbólico de ver como a herdanza do vello fascista se viña abaixo xa sería suficiente para proxectar unha imaxe de cambio. Pero non, Quintana e Touriño non se atreveron. Así lles foi.


    10

    D. Quixote de Terra Chá

    A Cova de Alí Babá e os 40 ladróns era unha fábula, non? pero isto é unha realidade, ou non? Como utiliza a dereita franquista o Poder xa o sabiamos todos. Quen os vota para que teñan maioría? Tamén son corruptos? Todos? Quen participa dunha acción punible é reo de culpa por colaboración ou por elemento necesario para a acción. Eu nunca votei PP, así que a min podedes cachearme, pero...a ti tamén?


    9

    OutroMais

    No Centro Ocupacional de Coia non só se otorga a dedo a vixilancia,tamén se fan a dedo as compras, e escollense da mesma maneira os docentes dos concursos. É unha auténtica vergoña...


    8

    Rígida moral Opus Dei

    Esas fotos..., el non serán incestuosas?


    7

    As Foxas

    Quen resultou agraciada para xestionar en Ferrol os Centros Culturais, o Jofre e o Auditorio ( ainda sen inaugurar): Pois tamén Eulen . En Ferrol o PP ten maioría absoluta. A que lle adxudicaron en Fene o mantemento das instalacións deportivas : Pois a Eulen

    3 respostas
    1

    Por Puntal de Abaixo: En Fene? Pero seguro que fixeron eso en Fene, pero quen é o Presidente da Mesa de Contratación? Ou adxudicáronllo a dedo? No creo queo Alcalde do PP en minoria perdese a imparcialidad coa irma do Presidente, de acontecer a oposición e obrigada a plantear una mocion de censura de camiño ou suposto contrario irse do Concello.

    2

    Por El PPresidente: Divide y vencerás. Divide y la empresa de tu hermana será adjudicataria de contratos públicos. Así de simple.

    3

    Por esquío branco: ¿en Fene? 20 anos de goberno de BNG... convertíronno en calquera dos outros pobos horteras que gobernan o PP ou o PSOE. O Bloque tivo eiquí a posibilidade de manter un concello espectacular... durante anos houbo moitos cartos, despois menos. Pero nunca se preocuparon do medio ambente ni dunha construcción que amosara as diferencias... unha verdadeira cidade do que podería enorgullecerse a Galiza de Castelao ... Pero non... adicaronse ao ladrillo e á desfeita... ¡¡¡maldito país... malditos todos e todas os traidores a nosa herdanza...!!! había que poñervos a todos máis aló do Padornelo... o problema era que entón apenas quedaríamos dous ou tres centos de miles de verdadeiros galegos e galegas vivindo libres e con respeto aos seres humáns e á natureza...


    6

    Bandeira

    Esa mesma empresa tamén foi beneficiada pola Deputación de A Coruña (Teatro Colón) e polo Concello de Ferrol (Teatro Jofre).

    2 respostas
    1

    Por La Hermanísima: Tacita a tacita...

    2

    Por galegoexiliado: Con tanto contrato non me estrana que teña mais de oitenta mil traballadores. Un PPartido moi familiar. Xa se sabe: la familia que trabaja unida....


    5

    Ghalleghocomaotoxo

    Mal deben de andar as cousas en San Caetano cando para a parentela só hai 79.000 euros. Na época de Manolito Fraga esas cantidades eran para o curmán da veciña do sogro da cuñada do lambecús do director do último chiringuito que se acabase de crear.


    4

    Pablo Iglesias

    Uns o levan vía concurso e outros sen concursar,non sei si Pepiño Blanco apañaría algo na gasolinera, a boca quedoulle doce, por eso como a política e unha cova de ladróns non quere desconectar da primeira liña e nada mellor que postularse coma candidato ´a presidencioa da Xunta. Hei ter que volver a poñer orde pois esto de desmadra.


    3

    Tino

    La familia es lo primero...... Decia alcapone

    1 resposta
    1

    Por Familias varias: La familia Aznar&Botella, la familia Fabra, la familia Fraga, la familia Frijoles...


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Micaela Nuñez Feijóo felicita ao seu irmao tras gañar as eleccións á Xunta