Extraordinaria remontada de Cal para a medalla de prata

O piragüista de Cangas do Morrazo remonta na proba de canoa de 1.000 metros dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. É a segunda medalla de prata para un galego.

Por Galicia Confidencial | Londres | 08/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

David Cal sumou a súa quinta medalla nus Xogos Olímpicos este mediodía. Tirando da súa capacidade de resistencia, o deportista de Cangas remontou dende a sexta posición nos últimos 250 metros da final de canoa individual 1.000 metros. Iso si, non puido co gañador, o piragüista alemán que liderou case toda a proba.

O do Morrazo gañara ouro e prata en Atenas nas distancias de 1.000 e 500 metros. Catro anos despois en Pekín logrou prata nestas dúas probas. Agora revalida a prata en 1.000, sen entrar na final de 500 na que probablemente será a súa última participación olímpica.

David Cal convértese así no deportista que compite por España con máis medallas. O trialeta galego Gómez Noya foi prata onte en Londres, co que o deporte galego obtén un gran resultado nesta cita olímpica.

Malia súa timidez ante os medios, David Cal tamén fixo carreira política. O de Cangas foi elixido concelleiro do PP nas últimas eleccións locais de Pontevedra, pero renunciou tras o fracaso de Telmo Martín de lograr o Goberno. Durante o bipartito tivo varias polémicas coa Consellería de Cultura que dirixía o BNG, mentres recibía o apoio da Deputación de Pontevedra que goberna o PP.

Aproveita a colaboración de GC con Betmedia para apostar sen risco polos equipos galegos: Celta, Deportivo, Obradoiro, Santiago Futsal, Azkar Lugo, Burela etc.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
7

Emigrante

Seica algúns aínda non recordan ao seu apoio ao manifesto de "imposición" do galego (ou a prol do español), para min como se sobe a unha montaña, un español máis, de galego NADA.

4 respostas
1

Por Spanish proud: A favor de la libertad de elección de lengua vehicular en la enseñanza; eso es lo que apoyó nuestro mejor deportista. Por supuesto que es español, todos los gallegos lo somos. Otra cosa es que haya individuos que no se sientan como tales. Tienen todo el derecho a ello y a manifestarse como quieran, pero eso no les resta un ápice de su condición de españoles. Españoles renegados y deskrriados, pero españoles al fin y al cabo. Y si aún no se han enterado, que miren su carnet de identidad.

2

Por Doutorando: Emigrante, Cal e tan galego coma ti, eu, Gomez Noya, etc. As idas políticas de cada un non ten nada que ver coa tua terra.

3

Por Antón: deixémolo en "gallego" sipaio

4

Por El PPresidente: ¡Demasiado gallego! Si al menos fuese de Vian del Bollo, podríamos decir que casi era de Castilla, pero así...


6

Spanish proud

Perdón, la segunda medalla de plata para un atleta español, que compite representando a su país y que se siente orgulloso de su nacionalidad española, amén de su orgullo por ser gallego, algo que lleva con orgullo donde quiera que vaya.


5

Ghalleghocomaotoxo

Que estará pensando agora José Ramoncito Lete, o máximo irresponsabledo deporte galego? Contan por Vigo que cando a trotona chegou á Moncloa, el xa presumía de que ía ser Secretario de Estado para o Deporte. Cuns Xogos Olímpicos no horizonte, a ocasión era caralluda para pavonearse xunto aos gañadores das medallas, ir ver de gorra a selección de baloncesto e pasar uns días en London a corpo de rei. Pero ao final o carguiño foi para o fillo do ex fascista xeral do Estado da época de José Mari, a quen o partido tantos favores lle debía. Dentro dunhas semanas Lete poderá recibir os medallistas galegos no seu despacho, pero iso queda tan descafeinado en comparación coa foto que podía facer coas medallas recén saídas do forno... Tamén contan que o homiño anda enfurruñado e moi pasota, cousa que non desagrada ao seu amigo Alberto, quen xa está pensando en darlle porta. Sabedes algo disto en GC?


4

El PPresidente

No está mal esa plata, pero demasiado gallego, ¿no? ¡Qué pena que no fuese de Navalcarnero, de Madrigal de las Altas Torres o de Quintanilla de Onésimo!


3

Saltapatrás

Carallo para a foto de máis arriba! Vais dúas patas para un banco! Entre David Cal, que como deportista me parece un verdadeiro nº 1 (o de meterse nunha lista municipal cando é incapaz de articular máis de dúas palabras con sentido, xa me parece máis discutible), e o intelectual de Louzán debeu de fluír unha conversa e un debate de ideas abraiante.


2

Bernal

Síntoo, pero non é unha alegría coma a que nos deu Gómez Noya. A maioría dos galegos non podemos alegrarnos da medalla olímpica dunha persoa capaz de comprometerse fóra do deporte, ámbito no que ninguén dubida das súas cualidades, con persoas imputadas en asuntos de corrupción, esas que pagan as touradas e afogan a nosa cultura e deixan os vellos enfermos sen asistencia.

7 respostas
1

Por Manolo2: ¿Mayoría de galegos? Que disparate ¿Cual es el partido que má votos recibe de los gallegos?. Esta es la lógica bloqueira que hace que afortunadamente cada día sean más marginales.

2

Por Hai que foderse!: "Que disparate". "¿Cual es el partido que má...". Continúan as mostras de ignorancia. Que non decaia!

3

Por Por Hai que foderse: : Teño crédito da UPG para prostituirme e facer o troll

4

Por Bernal: ManoloTroll: 1.-Nas últimas convocatorias electorais, agás a recente antes dos recortes, o voto antiPP foi maioría en número, Lei d´Hont á parte. 2.-Que a corrupción teña moitos votos non a converte en simpática.

5

Por Manolo2: BernalTroll: 1. Pues entonces el voto anti-BNG es más que abrumador con d´Hont o sin ella. Que la corrupción sea por parte de tipejos de partidos marginales - Bazarra, Sánchez Vidal, Fernando Blando - no la convierte en buena.

6

Por Hai que foderse!: "Que la corrupción sea por parte de tipejos ...". Que talento para escarallar a lingua!

7

Por El PPresidente: En cambio, si viene de parte de don Telmo y don Rafael de Pontevedra, don José Luis y su nene José Manuel, don Carlos de Castellón, don Francisco "te quiero un güevo" de Valencia, de Esperanzorra, de la CosPPeideira, del IgaPPe de mi camisetero Javi y de mi buen amigo Dorribo, bienvenida sea para las finanzas del PPartido. Para más información, pregúntese a Bárcenas o a mi PPadrino Romay Beccaría, miembro de la Obra, como Dios manda.


1

Manolo2

Un éxito más de David Cal que demuestra a donde se puede llegar con cualidades y esfuerzo. Lógico que se lleve mal con los del BNG.

5 respostas
1

Por Hai que foderse!: "... a donde se puede llegar...". Unha patada máis á gramática da lingua española. Lóxico que veña de quen vén.

2

Por Hai que foderse !: Teño crédito da UPG para prostituirme e facer o troll

3

Por manu: que forma de mesturar o touciño coa velocidade, un gran deportista o CAL, e un mal galego, nada mais ten que haber de todo

4

Por Brown: Home! Un gran deportista si que é; o de mal galego, xa me parece esaxerado. Eu diría que é un rapaz moi simplón, tirando a curtiño e que foi utilizado polo chourizo de Telmiño e demais familia.

5

Por Mojitos: Esta medalla conta para as paraolimpiadas, non?


O presidente da Deputación de Pontevedra entregalle un premio a David Cal/ deputaciondepontevedra.e

David Cal entra segundo en Londres 2012/TVE