Tres candidatos nacionalistas nas eleccións?

O pacto de Terra Galega con Compromiso afasta a posibilidade que os escindidos do BNG se xunten finalmente. Anova, ademais, abrirá un diálogo para presentarse xunto con Esquerda Unida.

Por Galicia Confidencial | Mugardos | 09/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Anova-Irmandade Nacionalista está aberta a un diálogo para unha coalición electoral. Compromiso por Galicia, outro colectivo nacido ao fío das escisións no BNG, e Esquerda Unida-Os Verdes son os potenciais socios.

O principal referente público de Anova Xosé Manuel Beiras, nunha rolda de prensa na que reclamou sacar a planta de gas de Reganosa fóra da Ría de Ferrol, dixo hoxe que non descarta nin comezar negociacións cos comunistas de Yolanda Díaz nin retomalas con Compromiso por Galicia, unha forza máis á dereita. En Anova están militantes do altermundista Encontro Irmandiño e do comunista Frente Popular Galega.

As conversas dos irmandiños con parte de Compromiso por Galicia comezaron mesmo antes da creación desta coalición. Con todo, Anova preferiu esperar a súa asemblea constituínte antes de formalizar ningunha alianza.

TeGa

A altura de hoxe un pacto entre Anova e Compromiso está máis lonxe, sobre todo despois de que Compromiso fixe pública a súa alianza con Terra Galega. Malia que nas dúas organizacións hai militantes que apostan polo pacto, compatibilizar nun mesmo programa o discurso anticapitalista de irmandiños e FPG coa ideoloxía de centro-dereita de TeGA é moi complicado. Que baixo unhas mesmas siglas se acubille tamén Esquerda Unida semella fóra de discusión.

Polo tanto, o voto nacionalista nas próximas eleccións galegas estará moi dividido, pois ademais do BNG presentaranse probablemente dúas novas formacións galeguistas. Máis a esquerda Anova, co posíbel pacto con EU, e máis ao centro Compromiso máis TeGa, cuxos militantes poderán escoller o candidato de Compromiso nunhas primarias pero que non votarán integrar formalmente TeGA en Compromiso até despois de coñecidos os resultados electorais.

Todos estes movementos se producen co pano de fondo da redución de deputados até 61 que imporá o PPdeG. Malias protestas da oposición ante unha reforma que favorece aos conservadores, será máis caro obter un deputado no Pazo do Hórreo.

Nos últimos comicios TeGA sumou 18.000 votos, Esquerda Unida máis de 16.000 e FPG case tres mil. Para entrar no Parlamento Galego cómpre superar o cinco por cento dos sufraxios.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

134 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 37

    Bruar

    As eleccions farán o que os nacionalistas galegos non foron quen de facer. Pódese presentar quen queira pero ao fin só ficarán no Parlamentiño os que acaden representación. O PP xa o ten case resolto, voto exterior masivo e reducción a 61 deputados, o que case lle asegura a victoria. Así de sinxelo, o galeguismo-nacionalismo depurarase a si mesmo nesa áceda loita. Podemos seguir aquí escoitándonos ou insultándonos, o resultado será o mesmo, serán os votos quen determinen quen sobrevive. Triste panorama onde a popularria vontade lle dará unha vez máis o poder a este país de galiñas. Viva Baltar e o caciquismos político onde a cidadanía votará unha vez máis a quen lle pode arranxar un postiño para un familiar. Longa noite de pedra nun país esmorecente.


    36

    pinchorla

    Nacionalismo Solidario debería facer Anova,deixando de facer pactos que só semellan acadar representatividade,tamén o BNG.Facer unha Fronte Común Nacionalista cun compromiso de minimos e acadar resultados satisfactorios para o pobo.Este está canso de tanta atomización esteril cando temos diante un PP que está arrasando, tamén có nacinalismo.Máis Democrácia e menos Individualismos.

    2 respostas
    1

    Por DigoEu: Tamén é certo que se arrasa o PP non cabe dúbida de que temos un pobo de bastante baixa calidade. Non lle douremos a píldora, digamos a verdade, e do seo dese pobo saen eses políticos "nacionalistas" e "de esquerdas" que deixan tanto que desexar. De tal pao, tal estela ("astilla"), e mentres non o asumamos non melloraremos.

    2

    Por Rayleigh: Xa Pinchorla..agora a moda é pedir pactar co PCE. Un partido que ten os seus caladeiros de votos moi lonxe de Galiza. E caladoiros que entran en contradición cos intereses de Galiza. Iso por un lado. Por outro, mencionas algo tabú: a atomización e división do nacionalismo en tribos que soamentes representan os que dan as súas roldas de prensa. Sen embargo, isto non provoca escándalo. Máis ben, dende certos sectores vese como desesable e algo bó. Chamanlle "repartición". Calqueira que poña en dúbida ou critique o statu quo, é un perigoso dereitista e un bandullo agradecido. E todo visto polos pepeiros e escarallándose de risa. A ver se o nacionalismo galego entra no século XXI. Por que algúns, seguen comportándose coma se estivéramos nos anos 70.


    35

    griffon

    Adiante Compromiso, e os do Partido da Terra nom sei a que esperan a entrar na coalicion e se deixen de rollos jipies ou se xunten dunha vez cos de CXXi (jejejeje).


    34

    SomosNos

    A esquerda é moi crítica levao na súa xenética. Cansámonos de criticar (castigando nás furnas) o BNG do malparido de Quintana cando viñamos de 15 anos de Fraga... O vindeiro ano preséntase unha oportunidade de que as forzas nacionalistas volten á Xunta. Entendo a saída de +G do BNG, pero o dos Irmandiños non... Cando o denominador común non é ideoloxía senón o ampliar o campo para gañar votantes. Hai que separar o grao da palla a súa hora e intentar que as dúas partes vaian o máis limpas posibles... Mal empeza este novo proxecto, que parece ir todo a carreira.


    33

    Morrede

    Que vergonha !!! Estamos ante uns governantes que levam o pais a quebra, despossuem ao povo de todo , condenado-nos à fame e à pobreza , fam umha farssa de eleiçons , trampeando o jogo ainda máis do que o vinham fazemdo), afianzam e enduezem a politica de repressom e todos estes legitimando a condena . Sodes umha banana.


    32

    Manoel

    Isto é do que se trata. O resultado do debate e as respostas de +G, BNG, etc, xa se verá. "A situación é de emerxencia nacional. As bases da formación que lidera Xosé Manuel Beiras, Anova-Irmandade Nacionalista, debaterán como moi tarde a primeira semana de setembro unha "unidade de acción" para facer fronte á "involución democrática e ás agresións á maioría social que a conforma". Ademais, isto inclúe dar achegas sobre a posibilidade de crear unha fronte electoral ampla."

    3 respostas
    1

    Por O que faltaba: Que bases? Beiras racha ve que non ten xente detras e agora pide unir? A que xoga?

    2

    Por Roi Xordo: Machiño, a situación é tan de emerxencia nacional como era cando dá a espantada tras Amio. Agora xa é tarde. Tarde piaches Beiras.

    3

    Por Paraorei: Roi, aínda non te enteraches que foron os que se quedaron os que espantaron aos demais?. Deixadevos xa de contos que a cousa non ten volta atrás.Somos moit@s os que estamos a traballar neste proxecto con moita ilusión, e xa veremos o que da de si. O bng xa nos queda moi atrás....


    31
    30

    Rayleigh

    Anova con EU? Corrixideme se me trabuco..pero EU non nomeou a súa candidata? Unha tal Yolanda Díaz? Que van facer con ela? Ou mellor..que van facer con Beiras? E agora, chega o mellor..nas últimas eleccións, EU conseguiu 65 mil votos. E ANOVA conseguiu..esto..bueno..reuniu 300 persoas no 25 de Xullo. Seguro que Beiras non vai ter que por o q en pompa por un postiño de saída? Ahh..E para rematar. En caso de conflicto con Andalucía, por motivos navais, pesqueiros, agrícolas..de que parte vanse poñer os amigos dos altermundistas?

    1 resposta
    1

    Por Diches no clavo: Todo son problemas, Beiras tamén se escolleu xa a si mesmo candidato. Todos apelaran á xenerosidade e amplitude de miras dos demais para apoiar a candidatura de si mesmos


    29

    Patrícia

    Vejo que aos BNG-UPG fódelhes o asunto...

    8 respostas
    1

    Por Que malo é o Bloque: Mola decir BNG-UPG, é como Batasuna-ETA.

    2

    Por Rayleigh: Non vexas o que nos estamos rindo patricia!! Deixades o BNG, escapando dun partido comunista que supón un 15 % da súa militancia, e agora andades tonteando con EU que ten un grao de pureza comunista do 99%, representado polo PCE. Pois si pois si...

    3

    Por Xoelho: Ray: Débese pactar con TODOS os que queiran a unidade contra a dereita de sempre. Actitudes recalcitrantes como a túa ou a do BNG, que pensa que el é Galiza e que el é a esquerda, o único que fan é perpetuar o que temos, a mer da que temos.

    4

    Por Rayleigh: Si Xoelho si..Agora falamos mal dos nosos compañeiros, agora ímonos, agora volvemos, agora unimonos, logo nos separamos..Pero ti que te cres? Que isto é a yenka? Que isto favorece a dereita? MENUDO DESCUBRIMENTO, rapaz!! Levo escribindo sobre unidade aquí, ANOS! E incluso chegaronme a chamar dereitista por elo. Queredes unidade? Pois pedide perdón de xeonllos, renegade da m.rda que levades botando e volvede coma militantes de base e renunciando a calqueira cargo interno durante 10 anos (non presumides de que non queredes merenda? Pois que se note). Que che parece a miña oferta de unidade? Que sucede Xoelho? Que ata os do PCE pasan de vos? Manda truco!! Despotricando contra o BNG por un 15 % de militancia comunista e logo perdedes o q por outros con 99%. Que vos crérades a propaganda da dereita de que a xente se ía botar nos vosos brazos, non é meu problema.

    5

    Por Rayleigh: Levo anos lendo est.pideces do tipo de "a pluralidade do nacionalismo", "debería haber máis opcións nacionalistas", "non estamos divididos, senón repartidos"..todo isto con + de 30 partidos!! Seguidores de políticos mediocres que só aspiran a 15 minutos de fama nunha rolda de prensa que levan décadas en política. Xentiña que presume de ir a manifas de 20 persoas, e agora xente coma ti, XOELHO, que perden o q por aliarse cuns señores que XA TEÑEN CANDIDATA e que en caso de conflicto de intereses, deixarán tirados os galegos. E se me esquecía dos que presumen de non ir a votar. ILUSOS! Que credes que fai o PP? Senón votas por eles, non lles interesa que votes!! Procuran por todolos medios DESMOBILIZAR o voto contrario. E non vexades coma se prestan algúns! ENCANTADOS FANO!!

    6

    Por XanKaraLlás: Polo visto, para o Ray a única unidade posible consiste en meterse todos no BNG. ¿Que o BNG faga coalicións con outros? Por favor, iso é contaminarse. Mellor seguir perdendo eleccións e facendo o ridículo hoxe máis que onte pero menos que mañá. E outra cousa, Ray: non coñezo en galego a palabra "menudo".

    7

    Por SantiBurrínguez: Pero vamos a ver, tíos, si se fan esas coalicións y todas esas caralladas a ver que pasa con o meu posto no cocello de Vigo, que me temo que van a poñer a outro de outro partido y non vou a depender do que beban os meus compañeiros do BNG de Vigo para que me poñan a min de candidato. Eu levo moito tempo no concello de Vigo y teño experiencia para desempeñar o meu posto, ¿acaso non? Todavía sirvo para moito, y si non decirme quen organiza mellor o entroido, quen fai o mellor enterro da sardiña y queima do meco, quen trae os mellores artista flamencos para as festas de Vigo, quen pediu hai tempo unha cátedra de castrapo y outra de burroloxía para a universidade de Vigo, etc., etc., eso non o tedes en conta, claro, y despois vos queixades de que o Celta non xogue a champions.

    8

    Por Rayleigh: Non Xan. A solución é meterse todos no PCE, xurar obediencia ó Camarada Secretario Xeral Cayo Lara (Ou segue PACO Frutos? Como vos gostan os PACOS, eh pillabáns?) e cantar a Internacional. Non Xan. O problema non é ese. O PROBLEMA é que os que presumían de "pluralidade", de librepensantes e de botar m.rda sobre o BNG, agora se queixan de que o BNG non estea pola labor de unidade! E mesmo, bótanlle a culpa!! Pois non machiños. Ah..e para perder as eleccións hai que estar en disposición de gañalas. COUSA que a recua de Beiras e demáis marchosos, nin se aproximarán nin bébedos. Estádes facendo o ridículo. Como se vos tivérades algo que facer. Que cara tedes! Como estades vendo que desapareceredes o día despois das eleccións (se chegades) pois agora EXIXIDES os que insultastedes que se unan a vos? ANDA E QUE VOS DEAN! Queda claro?


    28

    aaaaaaaaaag

    Candidato nacionalista é o do BNG. Os rexional cuiñistas non se consideran nacionalistas e os marchosos de Teo, como vaian cos españoleiros de IU serán nacionalistas españois. Todo o voto Nacional concentrado no BNG

    3 respostas
    1

    Por DigoEu: Falar así é propio dun facha, de alguén que quere que gañe o PP. Co cambio da lei electoral en Galiza, pasando a 61 deputados, sen proporcionalidade dos votos cos deputados, o BNG en solitario, co voto de esquerdas e nacionalista dividido... o PP teno como quere. Ide perdille a recompensa.

    2

    Por Digo tamén: Claro DigoEu e digo eu que a maneira de tumbar ao PP non será dividir ao seu máximo inimigo como quere Beiras e Cuiña

    3

    Por Galego: Comop queren Beiras e Cuiña¡¡, A culpa de quen é dos que votan ao PP¡¡¡ E iso aderezado con "O BNG é o único partido nacionalista", ou o que é o mesmo "Somos a ostia parda e so nos somos galegos", son as mensaxes de acción dunha vella garda, dos Miluchos, Mexutos e demais políticos "profesionais" da vella garda que xa non sirven, a xente é máis intelixente do que estos energúmenos cren


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Representantes de Terra Galega e Compromiso por Galicia fan público o seu acordo