O BNG da Coruña critica a ausencia do galego nun libro das festas

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O libro informativo editado polo Concello das festas de María Pita da Coruña non está no idioma galego, denuncia o grupo municipal do Bloque. O municipio si publicou o programa na lingua propia, como se pode comprobar na web municipal.

A forza nacionalista tamén asegura que o Concello utiliza cada vez máis La Coruña, malia que o topónimo galego é o único oficial segundo a Lei.

Os conservadores prometeron abordar a oficialización de La Coruña se gobernaban.

O novo alcalde Carlos Negreira non tomou ningún paso para cumplir esta promesa, malia que a Xunta, tamén en mans do PP dende as últimas eleccións, anunciou que estudará oficializar os topónimos que pidan os propios concellos.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
5

Euloxio

La, la, la... O PP e o PSOE-"La", que segue vivo ao marxe da marcha de Vázquez, teñen moitos aliados nunha cidade na que o franquismo cultivou con éxito o nacionalismo español.

1 resposta
1

Por bichero: Que penosos son os políticos coruñeses. Que señoritos renegados! e como xa denunciaba Castelao, que republicanos de salón! os que o foron. A Coruña tiña que ser faro de galeguismo moderno e integrador. De verdadeiro galeguismo.


4

Dios

http://photos1.blogger.com/x/blogge...

1 resposta
1

Por xan soares: ja ja, xenial!


3

xan soares

a verdade é que Negreira con isa foto faille un gran favor aos que pensamos que rexeitar o galego é cousa de cosmopailáns. Compite con Paco Vázquez polo número 1. Tamén é de agradecer que os dous partidos amosen as claras a súa actitude colonialista en Galicia.

4 respostas
1

Por Brown: Pois a min a imaxede Negreira dáme motivos para a esperanza. De tanta enchente, cada día está máis inflado o paspán. A ver se segue así e rebenta dunha bendita vez.

2

Por Saltapatrás: Tenche unha pinta de porquiño cebado que faría as ledicias de calquera charcuteiro.

3

Por Walton: Que va, ho! Seguro que os alimentos que birlou Sánchez Gordillo en varios hipermercados eran para lle levar ao Negreira, que aínda non se vé ben cheo, ben mantido.

4

Por Abreuse a veda: Home si, birlar é cando lles birlan aos burgueses, cando os burgueses birlan aos demais danlles medalas, Sánchez Gordillo dixit. Viva a propiedade privada...a de eles, a nosa, sanidade, educación, vivenda, traballo está aberta ao saqueo, non é privado é colectivo.


2

Shin Chan

Pois xa sabedes, BNG-UPG, si queredes que estas cousas non pasen hai que deseñar unha estratexia que permita ao nacionalismo galego ter maioría na sociedade. Máis patriotismo real e menos esquerdismo de cartón.

3 respostas
1

Por Sin un Can: Si ho, unindose aos españolistas coma vós. Que preferides? unirnos a EU ou PPSOE directamente?

2

Por DANTON: SIN CHAN, NIN CAN, NIN CASA NIN AMIGOS: NON TE DEIXES LEVAR POLO RESENTIMENTO. O BNG ÁMACHE.

3

Por DANTON: SIN CHAN, NIN CAN, NIN CASA, NIN AMIGOS: NON TE DEIXES LEVAR POLO RESENTIMENTO. O BNG ÁMACHE.


1

alfaetomega

Este é o conto preferido do nacionalismo: A Coruña é o inimigo e nunca hai que perder ocasión para demonizala. Uns non usan o galego en todo-todiño-todo, e outros retiraban a cruz que está sobre o escudo do concello, por exemplo nos folletos e cartelería que publicaba o centro municipal de información xuvenil.


Presentación da campaña de Carlos Negreira/ PPdeG

Cartel bilingüe das festas de María Pita