A UPG rende homenaxe a Reboiras esta fin de semana

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Con motivo de cumprirse 37 anos da morte de Xosé Ramón Reboiras Noia o 12 de agosto do ano 1975 a mans da policía franquista no portal número 27 da rúa da Terra en Ferrol, a Unión do Povo Galego, o partido comunista máis forte dos integradso na fronte  Bloque Nacionalista Galego), organización da que Reboiras era dirixente, desenvolverá un acto público conmemorativo na súa lembranza-
 
 Será o domingo 12 de agosto. En Ferrol, as 19.00 horas, haberá unha concentración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello) e partirase cara ao portal da rúa da Terra onde foi abatido Reboiras, facendo unha ofrenda floral e cantando a Internacional. Ao remate, a organización irá até o Cantón onde se desenvolverá o acto político central (19.30 horas) coas intervencións de: Iván Ribas Rico (portavoz do Grupo municipal do BNG en Ferrol) e de Néstor Rego Candamil (Secretario Xeral da UPG e membro do Consello Nacional do BNG). 
 
O día previo, o sábado 11, pola tarde, unha representación da dirección da UPG fará unha ofrenda floral no cemiterio da parroquia da San Xoán de Laíño, no Concello de Dodro, onde repousan os seus restos.
 
 A Unión do Povo Galego organiza todos os anos esta homenaxe desde o cabodano da sú amorte, en 1976. Cada ano, nas intervencións políticas, os oradores fan unha análise da situación política actual e dos retos que o nacionalismo terá por diante para o próximo curso.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
8

Vaamonde

Que teñan claro que se eles non respetan nosos mortos, nós non imos respetar os seus. A tua sangue é semente...

2 respostas
1

Por Pepo Guit: Semente de cuatro colgados en peligro de extinción

2

Por pacorra: colgadillos mais ben


7

Independencia e socialismo.

Pasarás a historia coma insigne fundador do exercito popular galego.


6

galego

A foto que usades é da placa colocada por NÓS-UP em Ferrol, da qual recortastes a parte inferior onde se via o logo da organizaçom independentista, que novamente fai homenagem a Moncho Reboiras, dia 12 às 13 horas, na rua da Terra de Ferrol. Está mui feio isso que figestes...


5

Roi

Qué imagen tan casposa la del Moncho. Quien a hierro mata a hierro muere

2 respostas
1

Por Hermerico: Isso é para os assassinos de Moncho, os autores materiais, intelectuais (é umha maneira de falar), cúmplices, apologetas, e fascistas espanholistas em geral

2

Por anonimo: Este é un héroe que non chorou coma un neno e defecouse por si as portas da morte coma un tal mercenario M. A. Blanco.


4

Alexandre Bóveda

A xenreira é mala compaña,remata por volverse conta ún,destrúe a quen se apreixa a ela.A UPG,o BNG e moitas individualidades que loitaron contra o "franquismo" e arrouparon o rexurdimento moderno da nosa cultura,teñen o seu mérito... Eu fun "condeado ao ostracismo" polo talante estalinista do bloque pero non consegiu paralizarme, e sigo sendo de esquerda, galeguismo,repúblicán,federal... Reboiras é un referente porque foi unha vítima da represión franquista,dunha dictadura criminal. Como dicía Castelao, a obra non está rematada, súmate... Se houbo mil primaveras máis para Galiza na cultura, ten que haber mil rueiros máis de conciencia nacional e progresista para vencer ao fascismo activo de Rajoy e Feijó. Non trabedes coma eles no pouco que temos, dividido ou non, é o que temos para sobrevivir con dignidade. Viva a IIIª República,democrática,federal e laica. Por algo se empeza para vencer ao inimigo da liberdade e do pobo.

1 resposta
1

Por Patriota galego: Hai que ser ben rastreiro para diante da memoria dun patriota sacar as tuas míserias persoais.


2

Hermerico

Há outras homenagens. Existe vida além do autonomismo, ainda que em GC nom se queram aperceber (mais que para criminalizar)


1

xose de compostela

Nunca tan poucos fixeron tanto dano a Galicia ...


Homenaxe a Moncho Reboiras/galiza.indymedia.org