Denuncian discriminacións na FP por ser muller

Unha muller presenta unha queixa formal ante a comisión de admisión da FP por falla de igualdade. A resposta da Xunta é que presente un "recurso de alzada".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 

Cristina Rodríguez denuncia discriminación de xénero por parte da Xunta ao denegarllle a admisión do 1º Grao Superior de Desenrolo de Aplicacións Web, a pesares de que na poboación total activa nesta área só un 25% son mulleres. A Consellería de Educación respostalle que presente un "recurso de alzada". Esta é a súa historia:
 
O meu é un caso que non sei como levar. Resumindo: Non me deixan estudiar porque son muller. Esta é a queixa formal que presentei en Rexistro Xeral na Xunta:
 
Eu, María Cristina Rodríguez Cespón,  quero poñer unha queixa formal ante a comisión de admisión da FP, por falta de Igualdade.
 
    Eu fixen petición de praza no IES “San Clemente”, para o curso de 1º de Grado Superior de Desenrolo de Aplicacións Web, de adultos, modular e presencial. Na propia páxina da www.edu.xunta.es/fp poñían criterios de desempate, que me facilitarían a entrada no caso de alcanzar a mesma puntuación que un home. Xa que se especificaba que en caso de empate, se lle daría prioridade ó sexo infrarrepensentado nesa Área Profesional. O día 18/7/2012 presenteime na consellería de Educación, para preguntar polos criterios de selección que empregaron, xa que para a miña sorpresa, no curso que escollín, hai 29 prazas adxudicadas a homes, e unha sóa para unha muller. Na área profesional da Informática, hai que ter en conta que a muller é o xénero menos representado. Estes son datos do INE de Programación, consultoría y otras actividades relacionadas con la informática 
 
Poboación Activa, ocupados, HOMES:
http://www.ine.es/GSTConsul/infDatosSeriesAction.do?codigo=EPA219487&L=0
 
Poboación Activa, ocupados, MULLERES: http://www.ine.es/GSTConsul/infDatosSeriesAction.do?codigo=EPA219489&L=0
 
Poboación Activa, activos, HOMES: 
http://www.ine.es/GSTConsul/infDatosSeriesAction.do?codigo=EPA235903&L=0
 
Poboación Activa, activos, MULLERES:
http://www.ine.es/GSTConsul/infDatosSeriesAction.do?codigo=EPA235905&L=0
 
    As conclusións son que da poboación total activa nesta área, o 25% é muller. Polo que non estou nada de acordo con sistema de selección escollido este ano, de mirar as matriculacións feitas en anos anteriores, xa que a área profesional é a poboación total da área da Informática, non uns anos nos que permitiron a matrícula de máis mulleres que de homes, que estou segura, non chegaron a ser 29 mulleres e un só home, e aínda así, este ano permitiuse todo o contrario, favorecendo ó home, nunha área, na que o 75% son homes, non só os matriculados o ano pasado ou o anterior.
 
    Este ano, por número de matrículas no meu caso concreto:
Homes     41    Adxudicados    25
Mulleres    18    Adxudicadas    1
            
Adxucación por acceso mediante proba            
            
Homes     12    Adxudicados    5
Mulleres    2    Adxudicadas    0
            
Presentados    73    Prazas totais    30
 
    Séguense presentando menos mulleres ca homes para o mesmo curso, e segue sen haber ningunha igualdade na hora da elección para as adxudicacións. Toda a información está sacada da www.edu.xunta.es/fp e as estatísticas da páxina do INE. Polo que son datos fiables e verídicos.
 
    Creo que poño unha queixa con fundamento. Polo que pido que se revisen os criterios de selección en base á representación da Área Profesional, non ás matrículas feitas en anos anteriores, xa que isto non é un dato que represente á Área Profesional.
 
    Espero que teñan en conta este escrito, e espera a súa resposta o antes posible.
 
 
E como o día 24/07/12 saíu a 2ª adxudicación, volvín comprobar que todas as prazas que quedaran libres, se lles volveu conceder a homes, menos dúas asignaturas nas que entraron 2 mulleres. Isto é unha vergoña a estas alturas.
 
Mandei este e-mail á admisión de FP:
 
A/A da Admisión a Ciclos da Formación Profesional:
 
A semana pasada puxen unha queixa no Rexistro Xeral, porque non me admitiron nun Grado Superior de Programación de Aplicacións Web. Fun á Xunta para informarme dos criterios de admisión e desempate. Básicamente me dixeron que non me admitiron por ser muller. Porque se lle dá prioridade ó sexo infrarrepresentado na ÁREA PROFESIONAL, neste caso a informática. Pois o criterio que están usando non é o máis correcto, usando o número de matrículas feitas por homes ou mulleres en anos anteriores, xa que estes datos, nos que se seguiu o mesmo criterio, polo que son datos totalmente CORRUPTOS, manipulados.
 
Tamén a miña queixa, feita o día 19/07/12, aínda non recibiu resposta. E vendo que nesta 2ª adxudicación se volveron seguir os mesmos criterios, polo que entraron case todo homes en tóda-las asignaturas, e seguir sen resposta, véxome obrigada a interpoñer un recurso de ALZADA. Xa que non é xusto para ningunha muller, que nunha ÁREA PROFESIONAL, na que só o 25% son mulleres (DATOS DO INE), nos vexamos discriminadas de esta maneira tan obvia.
 
Espero que algún dos meus correos reciba resposta, porque antes de ir polos xulgados, preferiría que se corrixiran por uns métodos máis brandos.
 
Gracias pola súa atención:
 
 
A resposta da Xunta foi:
 
Servizo de xestion de FP admision.ciclos@edu.xunta.es 
Bo día
 
Recibido o su correo electrónico. Quedamos á espera de recibir o recurso de alzada que nos indica.
 
Moitas grazas
 
 
Eu só pedín matrícula de un curso, nun só instituto, e por culpa destes criterios de desempate que non sei como os interpretaron os de Educación, quedo sen estudiar durante un ano como mínimo, que o ano que vén, a ver se non volve pasar o mesmo.
 
Grazas pola súa atención.
 
Cristina

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
5

Juanita

O peor non é o sinsentido desta rapaza, o peor é que haxa xornais que lle den difusión ás súas tonterías.


4

Prisciliano

Las tonterías que hay que leer. La rapaza debería estudiar un poco más y dejarse de argumentos estúpidos, porque por lo mismo habría que admitir a muchos más hombres en profesiones con masiva representación femenina como puede ser el caso de enfermería, donde los pacientes son la mitad hombres.

1 resposta
1

Por Cristina Rodríguez: Eu estou completamente de acordo con vostede, pero que unha cousa estea mal, non quere dicir que xustifique outra. Se nos criterios de desmepate se especifica algo, por que non se segue? Se en enfermería, por pór o mesmo exemplo, non hai representación masculina, por que os homes rexeitados non reclaman os seus dereitos? Eu, no meu caso, como vostede indica, debería estudar un pouco máis, pero que casualidade, non me deixan, pero si que podo polo menos reclamar os meus dereitos, que a estas alturas do século XXI, aínda hai moita discrimación, e eu só busco que haxa paridade. - Grazas polo seu comentario


3

leliaila

Podería Galicia Confidencial contactar con algunha persoa experta en temas xurídicos que fixese unha análise deste caso? A denuncia de discriminación por razón de xénero é moi grave.

2 respostas
1

Por No a las estupideces: Y publicar paridas sin fundamento es gravísimo.

2

Por Cristina Rodríguez: "Por No a las estupideces: Y publicar paridas sin fundamento es gravísimo." - Iso quere que non che afectan estas cousas, e que de seguro non leíches tódolos datos aportados.


2

Peitolobo

Le ben os criterio de acceso, anda, e verás que a consellaría ten toda a razón. Outra cousa é que a ti non che gusten eses criterios porque non che benefician. Por certo, as Administracións só atenden a recursos, non a protestas nin a cartas nos xornais, e por iso che indican que fagas o correspondente recurso.

1 resposta
1

Por Cristina Rodríguez: En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase tendo en conta o nome obtido por sorteo público entre os participantes do proceso de admisión. (Criterios de desempate). - Por iso se presentaron datos do INE. - Corríxeme se estou equivocada, pero como primeiro criterio de desempate emprégase o de infrarrepresentación do sexo nesa Área Profesional, se a representación da muller na Área da Informática é do 25%, a min iso paréceme infrarrepresentación da muller.


1

machela

"criterios de desempate, que me facilitarían a entrada no caso de alcanzar a mesma puntuación que un home". Esto é o que non xustifica, que alcanzara a mesma puntuación ca algún dos homes que entraron e fose discriminada. E deso de que na Xunta "Básicamente me dixeron que non me admitiron por ser muller", non me creo nada.

1 resposta
1

Por Cristina Rodríguez: O que me viñeron dicindo na Xunta foi que seguindo os criterios de desempate se lle dou preferencia ó home. Polo que como conclusión, se son muller, non podo estudar. Os eufemismos é o que teñen, que nunca son tan duros coma o que queren dicir. - E a maioría das mulleres que pedimos praza, temos a mesma puntuación que praticamente a maioría dos homes que entraron no curso. Entre os homes o criterio que se usou despois de discriminar ás mulleres, foi por sorteo. - Antes de proceder a queixas, e recursos, informeime ben dos criterios que usaron. Polo visto fiáronse das matrículas presentadas en anos anteriores. Que se empregaron estes mesmos (infrarrepresentación, sorteo, etc.) probablemente saíran maioría de matrículas de mulleres, polo que este ano, en comparación, dóuselle preferencia ó home, que non paridade. - De isto tamén fun informada na Xunta. - Grazas pola atención.